한국   대만   중국   일본 
Signo linguistico - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Signo linguistico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Signo Lingüístico
Signo Linguistico

Un signo linguistico e unha entidade formada pola union dun significado (un concepto) e dun significante (unha forma sonora ou imaxe acustica ). Por exemplo, a palabra galega arbore e un signo linguistico que asocia o concepto de arbore coa imaxe sonora /'arbore/.

Caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

O signo linguistico posibilita o intercambio de contido entre os seres humanos a pesar das diferentes experiencias de cada individuo pero estes signos linguisticos non existen de forma illada senon que forman parte dunha lingua .

A nocion de signo linguistico foi definida por Ferdinand de Saussure no seu Cours de linguistique generale ( Curso de linguistica xeral ). Saussure sulinou tres caracteristicas importantes do signo linguistico:

  1. A arbitrariedade do signo : a union entre o significante e o significado e arbitraria (e dicir inmotivada), pois un mesmo concepto pode estar asociado a imaxes acusticas diferentes segundo as linguas.
  2. O caracter lineal do significante : ≪ o significante, ao ser de natureza auditiva, desenvolvese no tempo ≫. Os elementos dos significantes presentanse obrigatoriamente uns despois dos outros, segundo unha sucesion lineal: forman unha cadea.
  3. A inmutabilidade do signo : o significante asociado a un concepto dado imponse a comunidade linguistica: un locutor non pode decidir modificalo arbitrariamente.
  4. A mutabilidade do signo : os signos linguisticos poden non obstante seren modificados polo tempo, pola evolucion ( modificacion do significante , do significado ou da sua relacion).

A ciencia que estuda os signos linguisticos e a semiotica (ou semioloxia , segundo o senso dado a este ultimo termo). A que estuda os conceptos desde un punto de vista linguistico e a semantica , mentres que a fonetica e a fonoloxia describen a imaxe sonora dos signos linguisticos.

Na actualidade [ editar | editar a fonte ]

  1. O signo e forma, non substancia.
  2. Presenta unha dobre cara: Plano da expresion e do contido.
  3. Arbitrariedade: A sua significacion (relacion entre a forma da expresion e a do contido) e arbitraria.
  4. Presenta interpretancia (Benveniste): Os signos dunha lingua definense na sua relacion cos outros. Conforman sistemas.
  5. Presenta significancia (Benveniste): O signo pode combinarse con certos signos e non con outros. Benveniste observou que a linguaxe verbal e a unica que posue estes dous ultimos aspectos simultaneamente.
  6. E secundario: A secundariedade e a caracteristica que permite que o signo desenvolva funcions como:
    1. Producir frases que rexeitan tanto a denotacion como a representacion.
    2. Os signos poden empregarse nun sentido do cal a comunidade linguistica non tenen conecemento previo.
  7. Institucionalidade: O signo e sempre institucional dentro dunha sociedade.
  8. Perceptibilidade: Un signo existe inda que non sexa percibido. A sua percepcion sera sempre posible.
  9. Variabilidade: ningun signo ten a mesma forma e o mesmo valor para todolos individuos e en todolos momentos que se emprega
  10. Mutabilidade: A pesar da sua institucionalidade o signo evoluciona fonetica e semanticamente como elemento pertencente a un sistema que e un ser vivo e encarnado nunha sociedade humana.
  11. O signo linguistico e sintoma como expresion do falante (en canto manifesta algo acerca de quen o produce) , e sinal en relacion co ointe, co receptor; e e simbolo en relacion co seu significado (en canto designa cun concepto algo pertencente a realidade) Segundo Coseriu o caracter simbolico do signo e o que diferencia a lingua articulada das linguas animais (Coseriu, Introducion... pax.23).

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]