Seleccion de futbol da Arxentina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arxentina

Actual campion da Copa do Mundo
Actual campion da Eurocopa
Actual campion da Copa de Africa
Actual campion da Copa America
Actual campion da Copa Ouro
Actual campion da Copa Asiatica
Actual campion da Copa das Nacions da OFC
Na casa
Fora
Asociacion Asociacion do Futbol Arxentino ? AFA
Confederacion CONMEBOL ( Suramerica )
Codigo FIFA ARG
Alcume La Albiceleste
Clasificacion FIFA 4 ( 31 de marzo de 2022 )
Clasificacion ConIFA {{{Ranking ConIFA}}}
Seleccionador Lionel Scaloni
Mais encontros Lionel Messi (162)
Maximo goleador Lionel Messi (86)
Estrea internacional
Uruguai Uruguai 2 ? 3 Arxentina
Montevideo , Uruguai ; 16 de maio de 1901
Maior vitoria
Arxentina 12 ? 0 Ecuador (1900-2009)  Ecuador
Montevideo , Uruguai ; 22 de xaneiro de 1942
Maior derrota
Checoslovaquia Checoslovaquia 6 ? 1 Arxentina
Helsingborg , Suecia ; 15 de xuno de 1958
Bolivia 6 ? 1 Arxentina
A Paz , Bolivia ; 1 de abril de 2009
Espana España 6 ? 1 Arxentina
Madrid , Espana ; 27 de marzo de 2018
Copa do Mundo
Participacions 17 (primeira en 1930 )
Mellor resultado Campions ( 1978 , 1986 , 2022 )
Copa America
Participacions 42 (primeira en 1916)
Mellor resultado Campions (1921, 1925, 1927, 1929, 1937, 1941, 1945, 1946, 1947, 1955, 1957, 1959, 1991, 1993, 2021)

A Seleccion de futbol da Arxentina e o equipo representativo do pais nas competicions oficiais. A sua organizacion esta a cargo da Asociacion do Futbol Arxentino (AFA), pertencente a Conmebol . Xogou o primeiro partido internacional fora da Arxentina , o 16 de maio de 1901 en Montevideo . Dende aquela a seleccion arxentina converteuse nun dos equipos mais exitosos do futbol mundial, sendo campioa en duas ocasions da Copa do Mundo de Futbol . O seu primeiro titulo mundial chegou en 1978 , no campionato celebrado no seu propio pais, onde superou aos Paises Baixos na final. En 1986 , liderada por Diego Armando Maradona , considerado como un dos mellores xogadores na historia, a seleccion arxentina repetiu coroa mundial, despois de derrotar na final a Alemana Occidental . Ademais, foi finalista noutras tres ocasions ( 1930 , 1990 e 2014 ). A Arxentina e xunto ao Uruguai , a seleccion que mais veces ganou a Copa America , lograndoo en quince ocasions. E tamen a seleccion que mais subcampionatos conseguiu na competicion, nunhas catorce oportunidades.

En 1992 , o equipo arxentino ganou a primeira edicion da Copa Confederacions da FIFA , en tanto que en 1995 como no 2005 disputou a final do torneo. Ademais, a Arxentina e a seleccion con mais titulos da Copa de Campions CONMEBOL?UEFA , que ganou en 1993 e 2022 , diante de Dinamarca e Italia respectivamente.

Nos Xogos Olimpicos a seleccion arxentina obtivo duas veces a medalla de ouro , en Atenas 2004 e Pequin 2008 . A sua vez, ganou a medalla de prata en 1928 e en 1996 . O seleccionado xuvenil Sub-20 e o maximo campion da Copa Mundial da categoria, con 6 titulos en 1979 , 1995 , 1997 , 2001 , 2005 e 2007 . Ademais foi finalista na edicion de 1983 . Arxentina e Francia son as unicas seleccions do mundo que ganaron a Copa Mundial , os Xogos Olimpicos e a Copa Confederacions .

En marzo de 2007 o combinado arxentino alcanzou por primeira vez o posto un na clasificacion da FIFA . Aquela mencion duroulle so ese mes, ainda que en outubro de 2007 volveu situarse ao tope da clasificacion ata xullo de 2008 .

Historia [ editar | editar a fonte ]

A seleccion en 1964 .

Arxentina e unha das seleccions de futbol con mais exito do mundo, vencedora da Copa do Mundo de 1978 e da Copa do Mundo de 1986 , quince Copas America , a Copa Confederacions 1992 e de duas medallas de ouro olimpicas, a primeira nas Xogos Olimpicos de 2004 e a segunda en 2008 . Sumando todolos seus titulos oficiais organizados pola CONMEBOL e pola FIFA , Arxentina e a seleccion que mais titulos ten do mundo xunto coa de Uruguai , ainda que considerando que noutras confederacions os titulos continentais xoganse en periodos moito mais amplos de tempo. Arxentina e unha das unicas seleccions do mundo en conquistar a "cuadrupla coroa", xa que ganou a Copa do Mundo , a Copa das Confederacions , a Copa America e a medalla de ouro nos Xogos Olimpicos . A outra seleccion en conseguir tal feito ao longo da historia e Francia .

A albiceleste disputou cinco finais de Copa do Mundo. Na sua primeira final, en 1930 , perderon por 4 a 2 contra Uruguai . Os arxentinos non volverian a chegar a unha final ate 1978 onde, esta vez si, conseguen o seu primeiro titulo ao vencer aos Paises Baixos por 3 a 1. A curiosidade deste mundial foi o xeito de clasificarse a rolda eliminatoria final, Arxentina tina que vencer por unha diferenza de catro goles para se clasificar, cando so metera dous ate ese partido, e acabou vencendo por 6 a 0 con merito para o pobre xogo que tivo nese partido Peru , acabando ademais coa participacion no mundial de Brasil . A seleccion arxentina tamen ganou en 1986 , nunha campana con vitorias sobre tradicionais seleccions como Uruguai (oitavos de final), Inglaterra (cuartos de final, no partido no que Maradona anotou o seu conecido gol coa man), Belxica en semifinais e Alemana Occidental (final). Volveu acadar a final catro anos despois, en 1990 , cando perdeu por 1 a 0 de novo contra Alemana Occidental . A continuacion tivo que esperar 24 anos para volver disputar unha final dun Mundial, conseguindoo no campionato celebrado en 2014 no Brasil , onde o conxunto liderado no campo por Lionel Messi , chegou ata o partido decisivo no Maracana , caendo pola minima ante Alemana.

En canto a outras competicions internacionais, a Arxentina e, xunto coa seleccion do Uruguai , a seleccion que mais veces ganou a Copas America na historia, vencendoa quince veces, alen dos campionatos Suramericanos "extras" en 1941 , 1945 e 1946 . En canto aos Xogos Olimpicos , no ano 2004 , Arxentina ganou a sua primeira medalla dourada da sua historia: venceron todolos partidos, tiveron o mellor ataque da competicion e non recibiron nin un so un gol. Alen da medalla de ouro, ainda tiveron o maximo goleador do campionato, Carlos Tevez , con nove goles. Nos Xogos Olimpicos de Pequin 2008 , a seleccion albiceleste volveu a conquistar a medalla de ouro de novo sen conecer a derrota. En cuartos de final bateu aos Paises Baixos (2 a 1), en semifinais ganou a un dos seus clasicos rivais, Brasil (3 a 0) e na final derrotou a Nixeria por 1 a 0. A seleccion arxentina ten tamen duas medallas de prata obtidas nos Xogos Olimpicos de 1928 e nos de 1996 .

Uniforme [ editar | editar a fonte ]

O uniforme oficial da seleccion axentina componse dunha camiseta de franxas brancas e celestes (de ai o alcume que recibe a seleccion: La Albiceleste ), pantalon negro raias brancas e medias brancas con raias celestes. O uniforme oficial alternativo componse de camiseta e medias azul e pantalons brancos.

Galeria de camisetas [ editar | editar a fonte ]

Resultados [ editar | editar a fonte ]

Xogadores [ editar | editar a fonte ]

Mais partidos disputados [ editar | editar a fonte ]

Actualizado a 6 de xuno de 2022.

Javier Zanetti , terceiro futbolista con mais partidos.
# Nome Periodo Partidos Goles
1 Lionel Messi 2005- 162 86
2 Javier Mascherano 1995-2007 64 35
3 Javier Zanetti 1994-2011 147 5
4 Angel Di Maria 2008- 122 25
5 Roberto Ayala 1994-2007 115 7
6 Diego Simeone 1988-2002 106 11
7 Sergio Aguero 2006-2021 101 41
8 Oscar Ruggeri 1983-1994 97 7
9 Sergio Romero 2009-2018 96 0
10 Diego Maradona 1977-1994 91 34
11 Nicolas Otamendi 2009- 91 4
12 Ariel Ortega 1993-2010 88 17
13 Gabriel Batistuta 1991-2002 78 56
14 Juan Pablo Sorin 1995-2006 75 11
15 Carlos Tevez 2004-2015 76 13

Maximos goleadores da seleccion [ editar | editar a fonte ]

Actualizado a 6 de xuno de 2022. [ 1 ]

Lionel Messi , maximo goleador da Seleccion Arxentina.
# Xogador Periodo Goles Partidos Media
1 Lionel Messi 2005- 86 162 0,52
2 Gabriel Batistuta 1991-2002 56 78 0,72
3 Sergio Aguero 2006- 42 101 0,41
4 Hernan Crespo 1995-2007 35 64 0,55
5 Diego Maradona 1977-1994 34 91 0,37
6 Gonzalo Higuain 2009-2018 31 75 0,41
7 Angel Di Maria 2008- 25 122 0,20
8 Luis Artime 1961-1967 24 64 0,38
9 Daniel Passarella 1976-1986 23 70 0,33
10 Leopoldo Luque 1975-1981 22 45 0,49
11 Herminio Masantonio 1935-1942 21 19 1,11
Jose Sanfilippo 1956-1962 21 28 0,75
13 Mario Kempes 1973-1982 20 43 0,47
Lautaro Martinez 1942-1947 20 38 0,53
15 Rene Pontoni 1942-1947 19 19 1
Norberto Mendez 1945-1956 19 31 0,61
Jose Manuel Moreno 1936-1950 19 34 0,56

Adestradores [ editar | editar a fonte ]

Jorge Sampaoli , adestrador da seleccion arxentina entre 2017 e 2018.


Palmares [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]