한국   대만   중국   일본 
Segunda Republica Francesa - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Segunda Republica Francesa

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Xeografía políticaSegunda Republica Francesa
Deuxieme Republique (fr) Editar o valor em Wikidata

Himno Le Chant des Girondins (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Localizacion
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
  48°49′00″N 2°29′00″L  /  48.8167, 2.4833 Coordenadas : 48°49′00″N 2°29′00″L  /  48.8167, 2.4833
Capital Paris Editar o valor em Wikidata
Poboacion
Lingua oficial lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Datos historicos
Precedido por
Creacion 24 de febreiro de 1848 Editar o valor em Wikidata
Disolucion 2 de decembro de 1852 Editar o valor em Wikidata
Sucedido por Segundo Imperio Frances Editar o valor em Wikidata
Organizacion politica
Forma de goberno presidencialismo Editar o valor em Wikidata
Moeda franco frances Editar o valor em Wikidata

A Segunda Republica Francesa foi o rexime politico republicano instaurado en Francia durante o periodo comprendido entre o 25 de febreiro de 1848 e o 2 de decembro de 1852 . A pesar da sua brevidade, producironse grandes reformas, que levarian a implantar o sufraxio universal masculino, ademais da abolicion da escravitude .

Historia [ editar | editar a fonte ]

Antecedentes [ editar | editar a fonte ]

Barricada en Paris en febreiro de 1848, por Horace Vernet

Logo da Revolucion de 1830 contra Carlos X , subiu ao trono Lois Filipe de Orleans chamado o rei burgues . Lois Filipe, estableceu a Carta Magna aplicando unhas reformas mais liberais; poren, estas so favorecian a alta burguesia, en detrimento dos traballadores, os intelectuais e a baixa burguesia. Non outorgaba o sufraxio universal, que era o que estes sectores buscaban, posto que neste momento so tinan dereito a votar a alta burguesia, os terratenentes e os que pagaban os mais altos impostos.

A partir de 1845 , Francia comezou a sufrir unha gran crise economica: pecharonse fabricas, aumentou o numero de desempregados e a fame xeneralizouse. A pequena burguesia e os estudantes unironse as protestas dos obreiros, de xeito que cando o Goberno tentou de empregar a policia e as forzas armadas, estas se negaron, obrigando ao rei a abdicar.

As duas Republicas [ editar | editar a fonte ]

A Segunda Republica desenvolvese en duas etapas claramente diferenciadas: De febreiro de 1848 ata o 23 de abril do mesmo ano, data das primeiras eleccions a Asemblea Nacional, o goberno provisional da Republica componse de republicanos moderados ( Alphonse de Lamartine , Garnier-Pages , Arago , Cremieux , Marie), de radicais ( Ledru-Rollin , Marrast, Flocon) e de socialistas ( Louis Blanc e Albert). En apenas dous meses, toman unha serie de medidas politicas e sociais sen precedentes: e a chamada ≪Republica Social e Democratica≫.

Nas eleccions xerais, as primeiras con sufraxio universal, o peso do voto campesino, tradicionalmente dominado polas clases mais conservadoras, imprime a politica nacional un franco xiro cara a dereita. Os radicais e mais os socialistas son apartados dun goberno reducido a cinco membros: Arago, Lamartine, Ledru-Rollin, Marie e Garnier-Pages. Unhas primeiras medidas impopulares adoptadas sen demora provocan manifestacions de protesta en Paris do 23 ao 26 de xuno 1848 . Rapidamente os obreiros toman as ruas e levantan barricadas. Declarase o estado de sitio e a revolta e duramente reprimida polo xeneral Cavaignac . Son conecidas como as ≪Xornadas de xuno≫, e marcan o paso sen transicion a unha republica conservadora e autoritaria.

Da Segunda Republica ao Segundo Imperio [ editar | editar a fonte ]

O 10 de decembro de 1848 , o primeiro Presidente da Republica Francesa e elixido por sufraxio universal: tratase de Luis Napoleon Bonaparte , o principe-presidente , sobrino de Napoleon Bonaparte . A Constitucion previa un mandato presidencial de catro anos sen posibilidade de reeleccion.

A partir de 1850 , Luis Napoleon Bonaparte multiplica as Xiras en provincias con vistas a unha posible reeleccion. Ante a negativa da Asemblea a modificar a Constitucion nese sentido, prepara minuciosamente un golpe de Estado que leva a cabo o 2 de decembro de 1851 , tomando militarmente os puntos estratexicos do pais. A represion e aniquilacion dos seus oponentes e fulminante. A sua toma do poder e ratificada por un referendo organizado o 21 de decembro , no que boa parte do electorado se ve privado do dereito a votar. [ 1 ] A Constitucion e modificada establecendo un mandato presidencial de 10 anos, limitando as prerrogativas da Asemblea Nacional e concentrando os poderes en mans do executivo. O 7 de novembro de 1852 , un novo referendo pon fin a Segunda Republica e instaura o Segundo Imperio . Luis Napoleon Bonaparte convertese oficialmente en ≪Napoleon Terceiro, Emperador dos franceses≫, o 2 de decembro de 1852 , data recordatoria da coroacion de Napoleon I e da batalla de Austerlitz .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Victor Hugo, Napoleon le petit , ed. Jeffs, 1862

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]