한국   대만   중국   일본 
Scrubs - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Scrubs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Scrubs
Formato Comedia e drama
Creado por Bill Lawrence
Desenvolvido por ABC Studios
Dirixido por Adam Bernstein
Marc Buckland
Matthew Diamond
Interpretes Zach Braff
Sarah Chalke
Donald Faison
Neil Flynn
Ken Jenkins
John C. McGinley
Judy Reyes
Tema de apertura "Superman" de Lazlo Bane
Pais de orixe Estados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s) Ingles
Episodios 168
Producion
Produtor(es)
executivo(s)
Bill Lawrence
Garrett Donovan
Neil Goldman
Bill Callahan
Tad Quill
Duracion 22 minutos aprox.
Emision orixinal
Canle de orixe NBC (2001-2008)
ABC (2008-Presente)
Formato de imaxe 4:3 480i ( SDTV )
16:9 720p ( HDTV ) (ABC)
Primeiro episodio 2 de outubro de 2001
Derradeiro episodio 6 de maio de 2009
Na rede
http://www.scrubs-tv.com/
IMDB: tt0285403 Filmaffinity: 459102 Allocine: 98 Rottentomatoes: tv/scrubs Allmovie: v255659 Metacritic: tv/scrubs TV.com: shows/scrubs Netlix: 70153393Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata  ]

Scrubs e unha serie de television estadounidense que comezou a emitirse o 2 de outubro de 2001 pola NBC .

Creada por Bill Lawrence . a serie centrase na vida de varios empregado do hospital docente Sacred Heart, co doutor "J.D." Dorian como o protagonista principal, un neno grande que posue a particularidade de perderse nos seus pensamentos, retransmitidos pola sua voz interior, e de imaxinarse escenas inspiradas na realidade que se representan na pantalla, por veces no medio dunha discusion cos outros personaxes, que frecuentemente son lareteiros, brincadeiros; os dialogos son de ritmo rapido e surrealista. Durante a setima tempada, NBC anunciou que non renovaria o programa pero ABC mercou os dereitos e o 6 de xaneiro de 2009 comezou a oitava tempada en ABC producida por ABC Studios .

Cada episodio estruturase arredor de historias tematicamente ligadas pola voz en off de J.D., que fai de narrador. Pese a que a serie e esencialmente comica, os episodios tenen pasaxes serias con temas como a enfermidade, a morte, o amor ou a amizade. No final da maioria dos episodios, J.D. resume a moral filosofica ou o tema do episodio.

O ultimo capitulo da oitava temporada, chamado My Finale , foi emitido o 6 de maio de 2009 pola cadea ABC , e como confirmou Zach Braff (o protagonista) no seu MySpace [ 1 ] , habera unha novena tempada, mais xa con outros actores. El participara nos primeiros episodios para enlazar a historia, a igual que Sarah Chalke, e logo deixaran paso aos novos personaxes.

Personaxes da ficcion [ editar | editar a fonte ]

Principais [ editar | editar a fonte ]

Zach Braff e J.D.
Sarah Chalke fai da Dra. Elliot Reid.
Donald Faison e Turk, o mellor amigo de J.D.
  • Dr. John (J.D.) Dorian ( Zach Braff ). Medico interno do hospital do Sacred Heart . "J.D." e o narrador dos episodios da serie. Ven sendo o mellor amigo de Turk, ao cal conece dende o instituto, co que leva unha relacion bastante sincera mais pueril, polos seus xogos particulares. Ten o habito de sonar esperto, imaxinandose situacions pouco realistas e moi histrionicas. A pesar dalguns defectos e de ser moi inseguro, e un doutor bastante competente e que lle gusta o seu traballo. Ten numerosos amorios, pero o mais destacabel e o que ten coa sua companeira Elliot, coa que mantivo unha relacion amorosa con moitos altibaixos. Acaba tendo un fillo coa urologa Kim Briggs, chamado Sam, na honra de seu pai, falecido. Posua unha nula cultura deportiva, ama o seu cabelo, o seu cu e os appletinis (un trago pouco masculino).
  • Dra. Elliot Reid ( Sarah Chalke ). Medica interna do hospital especializada en endocrinoloxia . Amiga intima de J.D. co cal tivo numerosas relacions ao longo da serie. Naceu en Connecticut , onde seu padre foi un importante xefe de medicina. E unha persoa algo hiperquinetica e con defectos: ten ataques de panico, e claustrofobica , ten fobia aos xermes e fobia as fobias, ainda que tamen e unha boa doutora. Levase ben cos demais medicos e con Carla, as cales son boas amigas, ainda que ao principio a relacion era dificil.
  • Dr. Christopher "Turk" Duncan Turk ( Donald Faison ). Un dos medicos cirurxians do hospital, que na oitava temporada e ascendido a xefe de cirurxia. E o mellor amigo de "J.D." dende o instituto, levando unha relacion dunha "adorabel parella gay interracial" (un chiste da serie). De natureza competitiva, sempre se obstina en ganar. Casa con Carla, coa cal ten unha nena (Izzy) e que esperan outro (oitava temporada). E un excelente bailarin e moi deportista, sae moitas veces xogando ao baloncesto nas aforas do hospital. Padece diabetes do tipo 2 e perdeu un testiculo debido a un golpe que lle deu sua filla, o que e motivo de constante mofa de "J.D.".
  • Carla Espinosa Turk ( Judy Reyes ). Enfermeira orixinaria da Republica Dominicana. Casa con Turk, con quen tivo un longo noivado ate que acabaron casando no final da terceira tempada. E amiga de J.D., a quen protexe e defende cando o Dr. Cox o molesta sen razon ningunha, e de Elliot, a pesar que nun principio a sua relacion non era moi boa. Tende a dicirlle as persoas os seus defectos e a darlles consellos sen que llos pidan. Non acepta de bo grado que lle fagan bromas, polo que ante estas adoita reaccionar esaxeradamente.
  • Dr. Percival Ulysses "Perry" Cox ( John C. McGinley ). Xefe de persoal do hospital, logo que o Dr. Robert Kelso deixara o cargo por retiro. Foi o xefe de medicina interna do hospital, tendo a cargo aos novos internos que chegaban a este. Foi asi como "J.D." viu nel un mentor, a pesar que Cox lle mostra sempre claramente o desagrado cara a sua persoa. E un medico orgulloso e bastante directo coa xente, e moi intelixente. A pesar do seu duro caracter, trata ben aos seus pacientes, mais ten sempre discusions cos seus superiores. Esta separado de Jordan Sullivan (coa que ten dous fillos), mais coa que leva unha estrana relacion amorosa que se basea en rivalidades e burlas.
  • Dr. Robert "Bob" Kelso ( Ken Jenkins ). Foi o xefe de persoal do Sacred Heart ate que se retirou na setima temporada porque Elliot, ao intentar festexarlle o seu aniversario numero 60 desvelou a sua verdadeira idade ao consello (cousa que mantina en segredo), e foi despedido por iso. E un home cruel, que aprecia maiormente o benestar economico do hospital por riba da saude dos seus pacientes, agas en casos de xente proxima a el. Traballaba moito con Ted, o avogado do nosocomio, ao cal humillaba constante. Ganouse unha racion vitalicia de panecillos, polo que visita regularmente o comedor do hospital. Esta casado cunha muller que el mesmo describe como obesa morbida e neurotica e ten un fillo heavy gay .
  • O celador ( Neil Flynn ). E un dos conserxes do hospital, pero e o que mais aparece na serie. Debido a un incidente no primeiro dia como medico interno de J.D., ambos levan unha eterna rivalidade, onde o conserxe lle fai a vida imposibel a Dorian a base de bromas. Malia a sua mala relacion con J.D., levase moi ben con Elliot, da cal namorou durante un tempo. E un home moi raro e sabese moi pouco del: embalsama animais, fala arredor de 4 idiomas, unha vez deu a entender que actuara na pelicula "O fuxitivo" como policia. No ultimo capitulo da serie confesalle a Dorian o seu verdadeiro nome, Glenn Matthews, ainda que logo se refiren a el como "Tommy", ficando asi a incerteza de cal seria o seu nome real.

Secundarios [ editar | editar a fonte ]

Cameos [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]