한국   대만   중국   일본 
Santiago o Xusto - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Santiago o Xusto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSantiago o Xusto

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento seculo I Editar o valor em Wikidata
Nazaret Editar o valor em Wikidata
Morte 62 Editar o valor em Wikidata
Xerusalen Editar o valor em Wikidata
Causa da morte lapidacion Editar o valor em Wikidata
Bispo Judaico-Cristao de Jerusalem (pt) Traducir
62 ? Simeao de Jerusalem (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Relixion Cristianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion presbitero Editar o valor em Wikidata
Profesores Xesus de Nazaret Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Dia de festividade relixiosa 23 de outubro Editar o valor em Wikidata
Familia
Fillos Justus de Jerusalem (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pais Xose de Nazaret e Alfeu (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e  Santa Maria e Maria de Cleofas Editar o valor em Wikidata
Irmans Xesus de Nazaret Editar o valor em Wikidata

Santiago o Xusto , tamen chamado irman do Senor , a miudo identificado con Santiago o Menor ou ben Santiago Alfeo, martirizado en 62 , foi consonte a tradicion , o primeiro bispo ou patriarca de Xerusalen , e o autor da Epistola de Santiago incluida no Novo Testamento .

Hai tres personaxes neotestamentarias chamados Santiago:

Biografia [ editar | editar a fonte ]

Santiago o Xusto foi unha personalidade importante da Igrexa primitiva [ 1 ] , que dirixiu a primeira comunidade cristia de Xerusalen .

Estaba fortemente ligado ao xudaismo do seu tempo e mantinase fiel a lei de Moises , opondose aos puntos de vista de Paulo .

O Concilio de Xerusalen , que se celebrou a fins dos anos 50 , so a sua autoridade e mais a de Pedro e a de Xoan (Feitos 2, 10), admitiu o principio da non circuncision dos pagans convertidos.

Flavio Xosefo rexistra a morte dun Santiago irman de Xesus ( Antiguidades xudaicas , XX, 197-203) no ano 62 , decidida polos dirixentes relixiosos do Templo de Xerusalen ; mais Xosefo fala unha linas antes dese Xesus como un sacerdote do Templo, polo que non pode ser Xesus Cristo, pola simple razon de que os sacerdotes son da tribo de Levi e Xesus estaba censado na de Xuda .

Santiago o Xusto foi substituido no cargo de xefe da Igrexa de Xerusalen por Simeon (cfr. Eusebio de Cesarea , 3, 11, 32).

Identidade [ editar | editar a fonte ]

Paulo , en Ga 2,9, describe asi a Santiago o Xusto ≪ ... Santiago, Cefas , e Xoan, que aparecian como columnas... ≫. No Novo Testamento e citado como un irman de Xesus : " Na liturxia de Santiago, o irman de Xesus e elevado a dignidade de irman de Deus mesmo (Adelphotheos) " (Philip Schaff: History of the Christian Church, capitulo 4, seccion 29).

Santiago e citado por Mateu {Mt 13,55} ; por Marcos (Mc 6,3 e Mc 15,40) ; pola Epistola aos Galatas (Ga 1,19) ; pola Epistola de Xudas (1). Tamen e citado por Flavio Xosefo.

Velai o que dixo sobre o santoral a Conferencia de bispos de Francia : " Os esexetas distinguen varios Santiagos arredor do Senor. Santiago o Maior, fillo de Zebedeo e irman de Xoan; Santiago, fillo de Alfeo, do cal so se sabe que foi apostolo, e mais Santiago, irman do Senor, do seu parentesco e orixinario de Nazaret ". A nocion de irman debe ser comprendida no sentido amplo utilizado na epoca. Podia significar un parente moi afastado, como un curman ou primo-irman, ou ben indicar un duplo parentesco (de dous troncos).

Controversia sobre os irmans e irmas de Xesus [ editar | editar a fonte ]

O Novo Testamento, en Mc 6,3 recolle a reaccion de asombro dos habitantes de Nazaret, logo de escoitar a Xesus a ensinar na sinagoga: " Non e este o carpinteiro, o fillo de Maria, e o irman de Santiago, Xose, Xudas e Simon? E suas irmas non viven entre nos? ". Hai desacordo sobre o que se debe entender nesas palabras segundo que sexan tomadas en senso estrito como fillos dun mesmo pai e nai ou nun senso mais amplo como parentes proximos, tal e como se fai en numerosos paises orientais, onde primos e primas, que viven xuntos, son chamados 'irmans' e 'irmas'. Os versiculos de Xoan 19, 26-27 fornecen un exemplo de polivalencia do uso de titulos parentais nos textos evanxelicos: ai Xesus dille a Maria, confiandolle o apostolo Xoan: " Muller, velai teu fillo ", logo, dirixindose a Xoan: " Velai tua nai " .

Para os protestantes , Maria era virxe antes de nacer Xesus, mais despois tivo outros fillos. Consonte as tradicions cristia oriental , que segue o Protoevanxeo de Santiago , Xesus e Santiago, serian de feito medios irmans, fillos de Xose . Segundo a tradicion cristia occidental , ambos serian primos curmans (e unha mesma palabra a que designa o irman e o curman, nas linguas hebrea e aramea): dous de entre eles son, en efecto, sinalados como fillos dunha Maria, nai de Santiago e de Xose en Mc 15, 40, que debe ser identificada con Maria, muller de Cleofas , de acordo a Xn 19, 25. O terceiro, arriba citado, Xudas Tadeo e o irman de Santiago o Xusto (Xu 1) e o cuarto Simon , e claramente designado como un primo curman, fillo de Cleofas, irman do Xose , na Historia eclesiastica de Eusebio de Cesarea , quen afirma ademais que irman do Senor referido a Santiago o Xusto non e mais que un chamamento.

Culto [ editar | editar a fonte ]

Durante seculos, a Igrexa Catolica honrou a Santiago o Xusto ao tempo que o apostolo Filipe , no dia 1 de maio , data que conmemoraba o aniversario do traslado das reliquias de ambos os dous santos para a basilica dos Doce Apostolos en Roma . En 1956, o papa Pio XII desprazou a festa para o 11 de maio ; mais no novo calendario romano a festividade foi fixada no 3 de maio .

Santiago o Xusto e festexado o dia 23 de outubro pola Igrexa Ortodoxa .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Andre Lemaire, Jacques et les chretiens de Jerusalem in Les premiers temps de l'Eglise , Folio histoire, Gallimard, 2004