한국   대만   중국   일본 
Sancho II de Castela - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Sancho II de Castela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSancho II de Castela

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (es) Sancho II de Castilla Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento c.   1036 Editar o valor em Wikidata
Zamora Editar o valor em Wikidata
Morte 7 de outubro de 1072 Editar o valor em Wikidata (35/36 anos)
Zamora Editar o valor em Wikidata
Causa da morte homicidio Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Mosteiro de San Salvador de Ona Editar o valor em Wikidata
Monarca do Reino de Galicia
1072 ? 7 de outubro de 1072
←  Garcia II de Galicia ? Afonso VI de Leon  →
Monarca do Reino de Leon
1071 ? 7 de outubro de 1072
←  Afonso VI de Leon ? Afonso VI de Leon  →
Monarca do Reino de Castela
1065 ? 7 de outubro de 1072
←  Fernando I de Leon ? Afonso VI de Leon  → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Reino de Castela Editar o valor em Wikidata
Relixion Catolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion gobernante , guerreiro Editar o valor em Wikidata
Outro
Titulo Rei de Castela
Rei de Leon
Rei de Galicia Editar o valor em Wikidata
Familia Dinastia Ximena Editar o valor em Wikidata
Conxuxe Alberta
Pais Fernando I de Leon Editar o valor em Wikidata  e  Sancha I de Galicia Editar o valor em Wikidata
Irmans Urraca de Zamora , Elvira de Toro , Afonso VI de Leon e Garcia II de Galicia Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1528015 WikiTree: Castilla-145

Sancho II de Castela , tamen conecido como Sancho III , [ 1 ] [ a ] nado cara a 1037 e finado o 6 de outubro de 1072 en Zamora , foi o primeiro rei de Castela entre 1065 e 1072, rei de Galiza entre 1071 e 1072 e rei de Leon en 1072.

Cando herdou do seu pai Fernando I o reino de Castela, tamen herdou os problemas dos limites territoriais con Navarra , Leon e Aragon . Unha das suas primeiras medidas foi restaurar a sede episcopal de Oca e trasladar a sua capital a Burgos . Os problemas con Sancho IV de Navarra vinan polas lindes da Rioxa , mentres que con Aragon foron os intereses que se contrapunan respecto ao Reino taifa de Zaragoza .

As suas primeiras iniciativas politicas foron ao de atacar no veran do 1067 a al-Muqtadir de Zaragoza, probablemente para lle esixir o pago das parias debidas, o que o levou a enfrontarse con Sancho IV, a quen lle arrebatou Pancorbo e parte de Bureba . Outorgou mercedes aos mosteiros de Ona , Arlanza e San Millan da Cogolla . Na parte occidental do seu reino optou pola mesma politica do seu avo, que foi o de intentar a anexion de Leon como medio para evitar os enfrontamentos.

O conflito con Afonso VI esbozase no ano 1068 , con enfrontamentos illados, o que non prexudica o acordo entre os dous reis para desposuir ao seu irman Garcia do Reino de Galiza . Pero no ano 1072 o enfrontamento en Golpejera , onde Rodrigo Diaz de Vivar actuou como alferez do rei Sancho, remata co apresamento de Afonso, quen foi conducido a Burgos, mentres Sancho se dirixia a Leon onde se coroaba a si mesmo diante da negativa do bispo Pelaio de Oviedo a facelo. O interese maior de Sancho foi completar o afastamento politico dos seus dous irmans: na primavera dese ano, marchou contra Garcia, quen se refuxiara no sur do seu reino, e derrotouno en Santarem , obrigandoo a exiliarse en Sevilla . A continuacion enviou o seu irman Afonso exiliado a Toledo . Xa tina con isto todo o poder nas suas mans, pero necesitaba atraer a todas as forzas politicas do seu reino e evitar as revoltas que se puidesen producir.

Concluia o veran cando a sua irman Urraca e mais o conde Pedro Ansurez se declararon en rebeldia. Os rebeldes refuxiaronse en Zamora, a onde acudiu o rei, cercando a cidade. O sabado 6 de outubro do 1072 foi asasinado por un tal Vellido Ariulfi (Vellido Dolfos) segundo as cronicas da epoca.

As acusacions contra Urraca, por instigacion do seu irman Afonso e pola sua propia ambicion do poder, foron as que marcaron a volta de Afonso dende Toledo cara a Zamora e Leon para tomara as redeas de todo o reino, que xa estaba agora nas suas mans.

Notas [ editar | editar a fonte ]

Referencias
  1. Lopez Carreira , Anselmo (2003). Os reis de Galicia . Vigo: A Nosa Terra . p. 114. ISBN   84-96203-44-1 .  
Sancho II de Castela
Nacemento: c. 1037 Falecemento: 1072


Titulos Reais
Precedido por
Sancha I
Fernando I


Rei de Castela
(Nova demarcacion)

(1065?1072)
Sucedido  por
Afonso VI
Precedido por
Garcia II


Rei de Galiza
1071?1072
Precedido por
Afonso VI


Rei de Leon
1072