Salto de altura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Yelena Slesarenko campioa nos Xogos Olimpicos de 2004

O salto de altura e unha modalidade olimpica de atletismo , onde os atletas procuran superar unha barra horizontal colocada a unha determinada altura entre dous soportes verticais separados uns 4 metros . A modalidade integra o programa do decatlon e do heptatlon .

Historia [ editar | editar a fonte ]

O primeiro evento de salto de altura foi rexistrado en Escocia , no seculo XIX , coa barra colocada ate 1.68 m. A proba forma parte do programa olimpico desde os Xogos de Atenas en 1896 , onde o vencedor foi Ellery Clark dos Estados Unidos . O eventos de mulleres estrearonse nos Xogos Olimpicos de 1928 en Amsterdam . A primeira campioa olimpica foi Ethel Catherwood do Canada .

Regras [ editar | editar a fonte ]

O saltador inicia a sua competicion na altura que estime oportuna e dispon de tres intentos para superala. Unha vez superada a altura, o liston situase 5, 4 ou 3 centimetros mais arriba, dependendo da normativa da competicion que se dispute. O atleta dispon doutros tres novos intentos para superalo, podendo renunciar a esa altura e solicitar unha superior, e asi sucesivamente ate que cometa tres intentos infrutuosos de xeito consecutivo, que implican a sua eliminacion da proba.

A barra e de fibra de vidro ou aluminio , de peso determinado e con preto de catro metros de lonxitude. A seccion da barra e normalmente circular, ainda que tamen pode ser cadrada ou triangular. A barra e soportada por dous postes verticais. Por detras da barra encontrase unha zona de caida, revestida dun material que amortece a caida. O saltador pode facer unha carreira de balanceo, normalmente cerca de 20 metros, ate a barra.

O salto e declarado nulo se a barra cae. Os atletas poden, no entanto, tocar a barra nun salto valido, sempre que esta non caia do seu soporte.

Tipos de salto [ editar | editar a fonte ]

A saltadora Ethel Catherwood supera unha barra ao estilo tesoira .

Os metodos de salto de altura tenen evolucionado desde a primeira competicion oficial. A primeira tecnica conecida, o estilo tesoira , consiste en facer unha aproximacion a barra en diagonal e saltar primeiro cunha perna e despois co resto do corpo. No inicio do seculo XX xurdiu a tecnica conecida como Eastern cut-off , semellante a tesoira. A innovacion consistia nun movemento que dobra as costas sobre a barra.

O Western roll dominou os Xogos de Berlin 1936 e consiste tamen nun salto inspirado na tesoira, pero a perna exterior serve de balanceo para o paso do resto do corpo. A evolucion seguinte foi a tecnica straddle , na que o saltador supera a barra de fronte, co rostro virado para o chan.

A tecnica mais moderna e o flop ou estilo Fosbury , onde o saltador supera a barra de costas, pasando primeiro cos ombros e co rostro virado para o ceo, despois co resto do corpo. O creador dese estilo foi o estadounidense Dick Fosbury . Saltou 2,24 metros na Olimpiada de 1968 , na Cidade de Mexico , e acadou a medalla de ouro , ainda que non tena batido ningun record mundial. O estilo innovador pasou a ser desde enton a principal tecnica utilizada polos saltadores. A introducion de cada unha destas tecnicas resultou sempre en novas subidas do record mundial.

Records [ editar | editar a fonte ]

Javier Sotomayor ( Cuba ) posue o record mundial con saltos de 2.43 metros (en interior) e 2.45 metros (en exterior). Stefka Kostadinova ( Bulgaria ) posue o record mundial das mulleres de 2.09 m desde 1987 , o record mais antigo por bater no atletismo .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]