한국   대만   중국   일본 
Salceda de Caselas - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Salceda de Caselas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSalceda de Caselas
Imaxe

Localizacion
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
  42°06′08″N 8°33′28″O  /  42.102222222222, -8.5577777777778 Coordenadas : 42°06′08″N 8°33′28″O  /  42.102222222222, -8.5577777777778
Estado Espana
Comunidade autonoma Galicia
Provincia Provincia de Pontevedra Editar o valor em Wikidata
Capital A Esfarrapada Editar o valor em Wikidata
Poboacion
Poboacion 9.421 (2023) Editar o valor em Wikidata (261,69 hab./km² )
Xeografia
Parte de
Superficie 36 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude 55 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organizacion politica
• Alcalde Editar o valor em WikidataMarcos Besada Editar o valor em Wikidata
Eleccions municipais en Salceda de Caselas Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Codigo postal 36470 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Codigo INE 36049 Editar o valor em Wikidata

Paxina web salcedadecaselas.es Editar o valor em Wikidata

Salceda de Caselas e un concello da provincia de Pontevedra , pertencente a comarca de Vigo . [ 1 ] [ 2 ] A sua poboacion en 2015 era de 8873 persoas, segundo o Padron municipal de habitantes. 2007 , 7686 persoas . O xentilicio e ≪ salcedan ≫ ou ≪ caseleiro ≫. [ 3 ]

Localizacion [ editar | editar a fonte ]

O territorio organizase en torno ao rio Caselas , afluente do Mino , e esta flanqueado polas depresions dos rios Louro e Tea . A parte setentrional, na que remata a Dorsal Galega , e a de maiores alturas, cos montes de San Cibran (430 m), Chan de Mielo (402 m), O Curuncho (400 m), monte Faro (396 m). No sur atopanse socalcos aluviais , de entre as que destacan as Gandaras de Budino . Predominan as rochas metamorficas , que deron orixe a unha das principais actividades economicas, a explotacion do granito .

Goza dun clima lene con temperaturas medias de 14 °C (8° de media no inverno e 20 °C no veran). As xeadas son infrecuentes e chove bastante no inverno, se ben os verans son secos.

A excepcion dalguns soutos e carballeiras pequenas, a vexetacion primitiva desapareceu e predominan os pineiros e eucaliptos . O 30% das terras dedicanse a agricultura, que produce millo , patacas , hortalizas e uvas ; nas zonas de ribeira hai prados.

Demografia [ editar | editar a fonte ]

Censo total 9.249 (2021)
Menores de 16 anos 1.683 (18,20 %)
Entre 16 e 64 anos 6.123 (66,20 %)
Maiores de 64 anos 1.443 (15,60 %)
Evolucion da poboacion de Salceda de Caselas   Fontes: INE e IGE .
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.408 4.011 4.791 5.618 6.835 8.289 8.665 8.835 8.887 8.890 8.873 8.914 9.017 9.146 9.164 9.173 9.249
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia [ editar | editar a fonte ]

O nome de Salceda debese ao desaparecido mosteiro beneditino de Santa Maria de Saliceta, arredor do cal se creou a capital municipal actual. Este mosteiro fundouno no ano 914 a raina Aragonta Gonzalez , esposa do rei de Galiza Ordono II e parenta de San Rosendo . Era duplice, de monxes e monxas, e a el se retirou a vivir a sua creadora ao ser repudiada polo seu marido. Os terreos que circundan a igrexa do convento, reconstruida en 1769 , denominanse, precisamente, "do mosteiro" e a sua porta norte "da Raina".

O Castelo de Torona , en Entenza , xogou un papel importante nas guerras contra Portugal , ainda que del hoxe so fiquen alguns restos, pois foi derrubado no seculo XV por Isabel a Catolica .

En Salceda de Caselas naceu Santo Toribio de Torona , que chegou a ser bispo de Astorga .

Durante a Guerra de Independencia espanola , as tropas espanolas ao mando do Abade de Couto, Mauricio Troncoso de Lira , asentaronse na ermida da Ascension antes de partir do monte das Penizas , en Soutelo , baixo o mando de Felipe Concha para reconquistar Tui .

Ate 1916 recibia simplemente o nome de Salceda, pero nese ano pasou a ser chamado Salceda de Caselas para distinguilo doutros concellos de Espana (La Salceda, en Segovia, que desapareceu despois de 1960 ao integrarse en Torre Val de San Pedro). [ 4 ] .

Patrimonio natural [ editar | editar a fonte ]

No ano 2008 tina sete montes vecinais en mancomun [ 5 ] , que ocupaban unha superficie de 931,57 ha [ 6 ] .

Economia [ editar | editar a fonte ]

O concello de Salceda de Caselas e dos que non minguaron de poboacion nas ultimas decadas. A agricultura, a ganderia e a explotacion forestal, afectadas polo minifundismo , foron sendo desprazadas pola industria, centrada no poligono industrial de O Cerquido, que continua o eixo Vigo-Porrino. Moitos vecinos van traballar a Vigo ou as empresas situadas en Porrino diariamente. As industrias mais importantes estan relacionadas coa transformacion do granito , os accesorios para a industria da automocion, os plasticos, as construcions metalicas e a ceramica.

Cultura [ editar | editar a fonte ]

Pazo de Aballe.

No concello erguense numerosos pazos e casas senoriais. Destaca a casa grande da Picona , que data de 1543 ; foi propiedade dos senores de Troncoso de Lira e Soutomaior . Outros son o pazo de Pegullal , o pazo de Aballe , o pazo da Corisca , a casa da Marquesa de Atalaia e o pazo de Budino .

Podense ver tres cruceiros notabeis: o cruceiro da Esfarrapada , o do Cristo e outro en Entenza .

As Penas de San Cibran e as Gandaras de Budino son dous espazos naturais destacados.

A festa de seu que acada maior sona e a Festa dos callos .

O Concello conta cunha gran tradicion musical, que na actualidade se reflicte na Banda de Musica Cultural de Salceda de Caselas e na Escola de Musica de Salceda de Caselas .

Galeria de imaxes [ editar | editar a fonte ]

Vexa o artigo principal en: Galeria de imaxes de Salceda de Caselas

Parroquias [ editar | editar a fonte ]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Salceda de Caselas

Entenza (Santos Xusto e Pastor) | Parderrubias (San Tome) | A Picona (San Martino) | San Xurxo de Salceda (San Xurxo) | Santa Maria de Salceda (Santa Maria) | Santo Estevo de Budino (Santo Estevo) | Soutelo (San Vicente)


Lugares de Salceda de Caselas [ editar | editar a fonte ]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Salceda de Caselas vexa: Lugares de Salceda de Caselas .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Atlas comarcal Arquivado 26 de xullo de 2014 en Wayback Machine . Instituto Galego de Estatistica .
  2. Artigo "COMARCA" da Gran Enciclopedia Galega Silverio Canada .
  3. Costas Gonzalez , Xose-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF) . Vigo: Universidade de Vigo . p. 56. ISBN   978-84-8158-706-7 .  
  4. Mendez Fernandez, Luz (2016). Real Academia Galega, ed. "Galicia no Decreto de 1916". Boletin da Real Academia Galega (377): 365?383. ISSN   1576-8767 .  
  5. "Montes vecinais en mancomun." . Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019 . Consultado o 21 de outubro de 2010 .  
  6. Montes vecinais en man comun 2008 [ Ligazon morta ] . Consellaria do Medio Rural.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Mosquera , Javier; Franco , Fernando (2002). Guia cidada de Vigo y su area metropolitana (en castelan ) . Fundacion Caixa Galicia, Faro de Vigo .  

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]