한국   대만   중국   일본 
Simaco, papa - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Simaco, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSimaco, papa

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento c.   460 Editar o valor em Wikidata
Sardena Editar o valor em Wikidata
Morte 19 de xullo de 514 Editar o valor em Wikidata (53/54 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Basilica de San Pedro Editar o valor em Wikidata
51º Papa
23 de novembro de 498 ? 19 de xullo de 514 (Gregoriano)
←  Anastasio II ? Hormisdas  → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Relixion Igrexa catolica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma Editar o valor em Wikidata
Ocupacion sacerdote catolico , autor Editar o valor em Wikidata
Periodo de tempo Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua latina Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Dia de festividade relixiosa 19 de xullo Editar o valor em Wikidata

Simaco , nado en Sardena cara ao ano 450 e finado en Roma o 19 de xullo de 514 , foi o 51º papa da Igrexa catolica entre 498 e 514 .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Fillo dun tal Fortunato, foi arquidiacono durante o pontificado de Anastasio II , ao que sucedeu no pontificado ao ser elixido por unha parte do clero romano.

O mesmo dia da sua eleccion, o 22 de novembro de 498, unha faccion disidente do clero romano apoiada polo emperador bizantino Anastasio I , encabezada polo senador Festo, procedeu a eleccion do arcipreste de Santa Praxedes , Lourenzo , como antipapa .

Ante a existencia de dous pontifices, o rei ostrogodo Teodorico o Grande , intentou acabar co nacente cisma apoiando a Simaco. Finalmente, este convocou un concilio o 1 de marzo de 499 , no que Lourenzo, tras aceptar a lexitimidade do seu rival como pontifice, foi nomeado bispo de Nocera . Neste sinodo decretouse que todo crego que, durante o pontificado dun papa, intrigase para elixir o seu futuro sucesor, seria excomungado.

Poren, o cisma reiniciouse en 501 , cando o senador Festo acusou a Simaco de diversos crimes e convenceu a Lourenzo para que regresase a Roma. O Papa negouse a comparecer perante o rei para responder as acusacions alegando que ningun poder temporal tina xurisdicion sobre el.

O 23 de outubro de 502 convocouse un novo sinodo , conecido como Synodus Palmaris , que decretou que ningunha corte humana podia axuizar a un papa xa que este so podia ser xulgado por Deus.

Ante isto, Teodorico instalou a Lourenzo no Palacio de Letran como papa, co que o cisma se mantivo aberto durante catro anos ata que, en 506 , o rei retirou o seu apoio a Lourenzo pola sua excesiva conivencia coa corte bizantina e, tras expulsar a todos os probizantinos, apoiou definitivamente a Simaco.

Durante o seu pontificado, Simaco apoiou economicamente os bispos de Africa que se encontraban desterrados en Sardena tralas persecucions as que os vandalos , de doutrina ariana , someteran a Igrexa do norte de Africa. Tamen concedeu a liberdade aos escravos que mantina a Igrexa, e atribueselle a construcion inicial do Palacio Vaticano.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]

Predecesor:
Anastasio II
papa

498 - 514
Sucesor:
Hormisdas

Este artigo tan só é un bosquexo
  Este artigo sobre Papas e, polo de agora, so un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuir a que a Galipedia mellore e medre .
  Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamen podes contribuir.