한국   대만   중국   일본 
Russell Westbrook - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Russell Westbrook

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Russell Westbrook
Los Angeles Clippers ? No. 0
Posicion Base
Informacion persoal
Nacemento 12 de novembro de 1988 (35 anos)
Estado de California Long Beach ( California )
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,91 m (6 ft 3 in )
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Informacion da carreira
Instituto Leuzinger (Lawndale, California)
Universidade UCLA (2006?2008)
NBA Draft 2008 / Rolda: 1 / Eleccion: 4
Por Seattle SuperSonics
Carreira desde 2008
Historial de equipos
Oklahoma City Thunder (2008?2019)
Houston Rockets (2019?2020)
Washington Wizards (2020?2021)
Los Angeles Lakers (2021?2023)
Los Angeles Clippers (2023?presente)
Premios e galardons
NBA All-Star ( 2011 ? 2013 , 2015 )
MVP do NBA All-Star ( 2015 )
Segundo equipo All-NBA ( 2011 ? 2013 )
Maximo anotador da NBA ( 2015 )
Primeiro equipo All-Rookie ( 2009 )

Russell Westbrook III , nado en Long Beach ( California ) o 12 de novembro de 1988 , e un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Los Angeles Clippers da National Basketball Association (NBA). Foi seleccionado polos Seattle SuperSonics no Draft da NBA de 2008 tras formarse na Universidade de California (UCLA) .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Universidade [ editar | editar a fonte ]

Criouse na cidade de Hawthorne , no condado dos Anxeles . Tras acudir ao Instituto Leuzinger en Lawndale , no mesmo condado, Westbrook xogou duas tempadas na Universidade de California dos Anxeles . Na sua primeira campana nos Bruins, os seus minutos de xogo foron moi limitados, facendo unha discreta media de 3,4 puntos e 0,7 asistencias nunha media de 9 minutos por partido. A pesar diso, conseguiu facer dobres-figuras en tres ocasions. Na seguinte tempada, Westbrook liderou aos Bruins en asistencias (4,3 por partido) e finalizou terceiro en anotacion (12,7). Nas Finais Rexionais do Oeste do Torneo da NCAA , eliminaron a Xavier con Westbrook anotando 17 puntos. Xa na Final Four, caeron ante Memphis con outro gran partido de Westbrook (22 puntos). Westbrook foi nomeado Xogador Defensivo do Ano da Pacific Ten Conference, ademais de formar parte do terceiro mellor quinteto da conferencia e do mellor quinteto defensivo da liga.

Estatisticas [ editar | editar a fonte ]

Universidade Tempada PJ PT ROB TAP REB ASIS PTS %TC %TL %3P
UCLA 2006-07 36 1 0,4 0,02 0,8 0,7 3,4 45,7% 54,8% 40,9%
UCLA 2007-08 39 34 1,6 0,2 3,9 4,3 12,7 46,5% 71,3% 33,8%

NBA [ editar | editar a fonte ]

Tras destacar na universidade, Westbrook decide presentarse ao Draft da NBA en 2008, sendo seleccionado polos Seattle SuperSonics na cuarta posicion. Tras o traslado do equipo desde Seattle ate Oklahoma City , o 5 de xullo de 2008 asina o seu primeiro contrato cos Oklahoma City Thunder xunto con D.J. White . Westbrook foi nomeado mellor rookie da Conferencia Oeste no mes de decembro e febreiro . En decembro, Westbrook fixo unha media de 15,5 puntos, 5,1 rebotes e 5,1 asistencias por partido, mentres que en febreiro mellorou os seus numeros ate os 20,6 puntos, 6,1 rebotes e 5,9 asistencias. [ 1 ] O 1 de febreiro , o xogador anotou 34 puntos na derrota dos Thunder fronte a Sacramento Kings na prorroga.

O 2 de marzo de 2009 , Westbrook realizou a sua primeira tripla-dobre na NBA con 17 puntos, 10 rebotes e 10 asistencias, sendo o primeiro rookie en conseguilo desde Chris Paul na tempada 2005-06 , e o terceiro xogador dos Sonics/Thunder (os outros foron Art Harris e Gary Payton ). Finalizou cuarto na votacion polo Rookie do Ano da NBA e foi incluido no mellor quinteto de rookies da tempada. Tras converterse nunha das pezas mais importantes dos Thunder, na tempada 2014/15 culmina a sua mellor tempada na NBA, quedando 4º na carreira polo MVP e acabando a tempada como maximo anotador, segundo xogador con mais roubos e cuarto maximo asistente. Fixo ademais 11 triplas-dobres na campana (sendo o que mais nesa tempada) e sendo tres veces mellor xogador do mes. Ademais conseguiu a sua mellor anotacion nun partido, con 53 puntos anotados fronte a Indiana Pacers . Tamen foi elixido ao MVP do partido das estrelas (All-Star Game).

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Nets' Lopez, Thunder's Westbrook named Rookies of the Month" . NBA.com (en ingles) . 2 de marzo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2009 . Consultado o 6 de agosto de 2015 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]