한국   대만   중국   일본 
Ronnie Thompkins - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Ronnie Thompkins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ronnie Thompkins
Informacion persoal
Nacemento 28 de setembro de 1967
Jackson , Estados Unidos
Falecemento 12 de setembro de 2003 (35 anos)
Nova York , Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in )
Peso oficial 102 kg (225 lb )
Posicion Pivote
Informacion da carreira
Instituto Sexton (Lansing, Michigan)
Universidade Eastern Michigan (1987?1988)
Carreira 1991?2000
Historial de equipos
Mid-Michigan Great Lakers (1991?1992)
Avignon Basket-Ball (1992)
ALM Evreux (1992?1993)
Grand Rapids Hoops (1993)
ASA Sceaux (1993?1994)
Leopardos Bucaramanga (1994)
Breogan Lugo ( ACB , 1994?1995)
Ampelokipoi (1995?1996)
Racing Paris (1996)
Panteras de Miranda (1996)
Racing Club Avellaneda (1996?1997)
Zagł?bie Sosnowiec (1997?1999)

Ronnie Lee Thompkins , nado o 28 de setembro de 1967 en Jackson ( Michigan ) e finado o 12 de setembro de 2003 en accidente de trafico, [ 1 ] foi un xogador profesional de baloncesto estadounidense . Con 2,02 metros de altura, xogaba na posicion de pivote .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Formado en Fort Hayes State e Eastern Michigan, Thompkins xogou durante toda a sua carreira en diferentes equipos de todo o planeta. Chegou a xogar na Liga ACB da man do Breogan de Lugo . Con todo, a sua experiencia na categoria reduciuse a tan so seis partidos, sendo despedido despois dun incidente en Malaga . O xogador, despois dun encontro ante o Unicaja , acompanado dos seus companeiros Cedric Glover e Tharon Mayes e con sintomas de embriaguez, negouse a pagar a factura dos seus gastos no hotel. Tras unha discusion cun empregado do estabelecemento hoteleiro, o pivote propinoulle unha punada e empurrou, que acabou co home no chan. Thompkins colleu despois unha pedra para continuar coa agresion, mais foi detido polos seus compeneiros. O empregado declarou que de non ser por Glover e Mayes, Thompkins teriao matado. O contrato do xogador foi rescindido inmediatamente. Tras xogar noutros moitos paises, chegou a ser suspendido por consumo de substancias ilegais. [ 2 ] En 2003 faleceu por un accidente de trafico, ainda que tamen hai quen sosten que foi atopado morto nun hotel por sobredose. [ 3 ] [ 1 ]

Clubs [ editar | editar a fonte ]

  • Mid-Michigan Great Lakers ( GBA , 1991?1992)
  • Francia Avignon Basket-Ball ( Pro B , 1992)
  • Francia ALM Evreux ( Pro B , 1992?1993)
  • Grand Rapids Hoops ( CBA , 1993)
  • Francia ASA Sceaux ( Pro A , 1993?1994)
  • Leopardos Bucaramanga (Colombia, 1994)
  • Galiza Breogan Lugo ( ACB , 1994?1995)
  • Grecia Ampelokipoi ( A1 , 1995?1996)
  • Francia Racing Paris ( Pro A , 1996)
  • Panteras de Miranda (Venezuela, 1996)
  • Racing Club Avellaneda (Arxentina, 1996?1997)
  • Polonia Zagł?bie Sosnowiec ( PLK , 1997?1999)
  • Polonia Komfort Forbo Stargard Szczec ( PLK , 1999?2000)

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 Jimenez, Carlos (28 de setembro de 2003). "USA: El ex ACB Ronnie Thompkins muere a los 36 anos" . solobasket.com .  
  2. Ortiz Perez, Javier (10 de febreiro de 2014). "Ronnie Thompkins: Iman para los lios (DEP)" . endesabasketlover.com . Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2021 . Consultado o 24 de outubro de 2021 .  
  3. Henson, Joaquin M. (5 de outubro de 2003). "Ex-import found dead" . philstar.com .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]