Ron Weasley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ron Weasley
Personaxe de Harry Potter
Rupert Grint, actor que interpreta a Ron Weasley.
Primeira aparicion Harry Potter e a pedra filosofal
Ultima aparicion Harry Potter e as reliquias da morte
Creado por J. K. Rowling
Interpretado por Rupert Grint
Casa Gryffindor
Informacion
Familia Arthur Weasley (pai)
Molly Weasley (nai)
Bill Weasley (irman)
Charlie Weasley (irman)
Percy Weasley (irman)
Fred Weasley (irman)
George Weasley (irman)
Ginny Weasley (irma)
Conxuxe Hermione Granger
Fillos Rose Granger-Weasley
Hugo Granger-Weasley

Ronald Bilius "Ron" Weasley e un personaxe de ficcion e un dos protagonistas da serie Harry Potter escrita por J. K. Rowling . Fai a sua primeira aparicion no primeiro libro, Harry Potter e a pedra filosofal , como o mellor amigo de Harry Potter e Hermione Granger . E membro da familia Weasley, unha familia de meigos de vello que residen n’ O Tobo . Xunto a Harry e Hermione, e membro da casa Gryffindor en Hogwarts .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Libros do un ao tres [ editar | editar a fonte ]

Rowling presenta a Ron e a sua familia en Harry Potter e a pedra filosofal . Harry esta perdido na Estacion de King's Cross de Londres e os Weasley guiano a traves do muro que leva ata a Plataforma 9¾ e cara ao mundo maxico . Ron e Harry viaxan no mesmo vagon do Expreso de Hogwarts e axina fan amizade. Ambos conecen tamen a Hermione, a que primeiro rexeitan pero que logo se faria boa amiga deles. Ron xoga un papel importante na trama do libro ao axudar a Harry a frustrar un intento do retorno ao poder de Lord Voldemort mediante a pedra filosofal .

No segundo ano, Harry Potter e a Camara dos Segredos , a irma de Ron e raptada e pechada no interior da Camara dos Segredos por Tom Morlov Riddle , o recordo de Voldemort agochado nun diario. Harry e Ron atopan a entrada a Camara e finalmente salvan a Ginny . En Harry Potter e o preso de Azkaban , o terceiro ano, o papel de Ron e minoritario comparado co que ten no libro anterior, ao contrario co de Hermione, que se ve incrementado nesta entrega. Ao inicio do ano, a rata de Ron, Scabbers , desaparece e non a volven ver ata case o final do ano, cando descobren que en realidade e Peter Pettigrew na sua forma animal. Pettigrew, que traizoara os pais de Harry, finalmente consegue escapar.

Libros do cuarto ao sexto [ editar | editar a fonte ]

A tension amorosa que se vai creando entre os personaxes de Ron e Hermione faise moi notoria no cuarto libro, Harry Potter e o Caliz de fogo , cando ela mostra interese por Viktor Krum . Por outra banda, a sua relacion con Harry tamen se vai deteriorando cando este ultimo participa no Torneo Tres Meigos, malia non poder, por causa dunha trampa que argallara Voldemort. En Harry Potter e a Orde do Fenix , Ron mostra lealdade cara a Harry despois de que este perdera todo o seu creto para case toda a comunidade maxica por afirmar o regreso de Lord Voldemort ao final do curso anterior. Xunto a Hermione, funda un grupo clandestino denominado Exercito de Dumbledore co fin de ensinar aos estudantes tecnicas de defensa. Tamen se une ao equipo de quidditch de Gryffindor. No climax da novela, Ron enfrontase aos Devoradores de Morte xunto a Harry, Hermione, Ginny, Neville Longbottom e Luna Lovegood no Departamento de Misterios do Ministerio de Maxia . Ainda que sae ferido da batalla, recuperase por completo ao final do libro.

En Harry Potter e o misterio do principe Ron continua a ser o gardian do equipo de quidditch de Gryffindor, malia as suas malas actuacions nalguns partidos. Ademais, Ron comeza unha relacion con Lavender Brown , cousa que afecta a Hermione que se distancia del, chegando a ignoralo. Non obstante, despois do Nadal Ron empeza a mostrar signos de descontento coa sua relacion con Lavender. A rifa entre Ron e Hermione non cesa ata que este case morre a causa de beber hidromel envelenado que Draco Malfoy en realidade enviara a Albus Dumbledore . Pouco despois do incidente, Ron e Lavender acaban a sua relacion. Nunha entrevista, Rowling dixo que "realmente se divertira escribindo a relacion entre Ron e Lavender porque ata ese punto Ron fora bastante inmaturo comparado cos outros dous [Harry e Hermione], e el necesitaba facer sentir a Hermione que el pagaba a pena... Tivo que medrar emocionalmente e agora deu un enorme paso adiante". [ 1 ]

Setimo libro [ editar | editar a fonte ]

En Harry Potter e as reliquias da morte , Ron esta disposto, xunto con Hermione, a seguir a Harry e destruir todos os Horcrux creados por Voldemort e asi acabar co Senor Escuro. Pouco a pouco, vai aparecendo un sentimento de frustracion en Ron derivado da falta dun plan concreto e termina por abandonar temporalmente os seus amigos. Durante a sua ausencia, Harry e Hermione evitan pronunciar o seu nome. Finalmente regresa, arrepentido, e salva a Harry de morrer afogado nunha poza cando trata de obter a espada de Godric Gryffindor.

Mais adiante, os tres son capturados polos Devoradores da Morte e Bellatrix Lestrange tortura a Hermione co Maleficio Cruciatus co fin de obter informacion. Finalmente son rescatados polo trasno Dobby, que morre durante a fuxida. O trio regresa a Hogwarts coa esperanza de atopar o ultimo Horcrux que queda por destruir, pero ao teren perdido a espada de Gryffindor, Ron ten a idea de ir buscar un cabeiro de basilisco a Camara dos Segredos para destruir a copa de Helga Hufflepuff. En canto Hermione emprega o cabeiro para acabar co Horcrux lanzase cara a el e bicao por vez primeira. Logo diso, toma parte na batalla de Hogwarts, onde e testemuna da morte do seu irman Fred e axuda a Neville a derrotar a Fenrir Greyback .

[ editar | editar a fonte ]

Dezanove anos despois, Ron esta casado con Hermione e ambos tenen dous fillos: Rose Weasley e Hugo Weasley . El e mais Harry traballan para o Ministerio de Maxia como Aurores , e xunto a Hermione axudaron a modernizacion do Ministerio. [ 2 ] Antes de converterse en Auror, Ron traballara con George na tenda de trangalladas Weasley da Travesa Diagon, un negocio que se fixera moi lucrativo. [ 3 ]

Aparicions cinematograficas [ editar | editar a fonte ]

Nas versions cinematograficas dos libros o actor britanico Rupert Grint encargase do personaxe de Ron Weasley.

Caracterizacion [ editar | editar a fonte ]

Ron e membro da familia Weasley , unha longa linaxe de meigos de vello . Por outra banda, son unha familia bastante pobre e a miudo moitas das suas cousas estan moi usadas e vellas.

Personalidade [ editar | editar a fonte ]

Nunha entrevista, Rowling describiu a Ron como moi divertido, pero insensible e inmaturo. [ 4 ] Sobre o desenvolvemento do caracter de Ron no ultimo libro, Rowling explicou que "Ron e o mais inmaturo dos tres personaxes principais, pero no setimo libro medra. Non era forte, a xente viao como o amigo de Harry; a sua nai queria unha nena e no ultimo libro finalmente ten que reconecer a sua debilidade. Pero iso e exactamente o que fai de Ron un home". [ 5 ]

Aparencia fisica [ editar | editar a fonte ]

Rowling presenta a Ron como un mozo "alto, delgado, con pencas, grandes mans e pes e un longo nariz". [ 6 ] Ron ten ten o pelo roxo , trazo caracteristico de toda a familia Weasley. Rowling tamen aclarou que Ron ten os ollos azuis.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Anelli, Melissa and Emerson Spartz. "The Leaky Cauldron and MuggleNet interview Joanne Kathleen Rowling: Part Two " " . The Leaky Cauldron . 16 de xullo de 2005 . Consultado o 27 de agosto de 2008 . [...] really enjoyed writing the Ron/Lavender business, and the reason that was enjoyable was Ron up to this point has been quite immature compared to the other two, and he kind of needed to make himself worthy of Hermione....he had to grow up emotionally and now he's taken a big step up.  
  2. "JK Rowling's Interview with Meredith Vieira" Arquivado 09 de agosto de 2007 en Wayback Machine ., 26 de xullo de 2007 'Todayshow.com' Consultado o 26 de xullo de 2007
  3. "Online Chat Transcript" . Bloomsbury Publishing . 31 de xullo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2007 . Consultado o 31 de xullo de 2007 .  
  4. "Rowling Reveals `Marriage' to Harry Potter at Reading (Correct)" . There’s a lot of immaturity about Ron, and that’s where a lot of the humor [sic] comes from.  
  5. "Interview with J.K. Rowling for Release of Dutch Edition of "Deathly Hallows " " . Consultado o 27 de agosto de 2008 . Ron is the most immature of the three main characters, but in part seven he grows up. He was never strong footed, people see him mostly as Harry's friend; his mother had actually wanted a girl and in the last book he finally has to acknowledge his weaknesses. But it's exactly that which makes Ron a man.  
  6. Harry Potter e a pedra filosofal , capitulo 6.