한국   대만   중국   일본 
Rockall - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Rockall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localizacion de Rockall
Farallon Rockall

Coordenadas : 57°35′48″N 13°41′19″O  /  57.59667, -13.68861

Rockall e un pequeno farallon rochoso situado no oceano Atlantico norte a mais de 300 km do territorio mais proximo, tamen conecido polos marineiros galegos como O Con [ 1 ] . Pertence ao Reino Unido . Cun diametro de 27 m de ancho e unha altura duns 23 m posuindo unha area actualmente emerxida de 570 , este pequeno illote adoita ser cuberto polas grandes ondas provocadas polas treboadas, especialmente no inverno. E o cumio dun volcan extinto.

Toponimia [ editar | editar a fonte ]

Segundo as fontes britanicas o nome deste estratexico illote deriva do gaelico escoces Sgeir (rocha no mar) e Rocail (rasgada), transcripto logo polos ingleses como " Roaring Rock " (en ingles : "Rocha Ruxinte"), quedando finalmente a palabra gaelica rocail transformada en Rockall.

Importancia [ editar | editar a fonte ]

A sua importancia radica en que o Reino Unido , ainda que o illote non posue unha zona economica exclusiva, reivindica para si o dereito sobre os recursos do leito submarino ao redor do farallon. Con todo esa reivindicacion choca coas peticions sobre o mesmo territorio por parte de Islandia , Illas Faroe ( Dinamarca ) e Irlanda .

En 1997 a organizacion Greenpeace ocupou o illote en protesta pola exploracion de xacementos petroliferos por parte dos britanicos. Cambiaron o seu nome a Waveland e proclamaron a sua independencia como un novo estado. O goberno britanico limitouse a autorizar a sua permanencia na rocha. O experimento durou ata 1999 no que colapsou por falta de fondos. Durante ese periodo chegou a ocuparse a rocha durante 42 dias seguidos o que constitue a marca de permanencia no illote.

O 8 de febreiro de 2000 , o barco oceanografico ingles R.S.S. Discovery rexistra unha onda de 29.1 metros, a maior onda medida ata o momento. O feito sucedeu nas proximidades do illote de Rockall durante un temporal con ventos de forza 9 e ondas de 18 metros de altura media.

En setembro de 2007 o estado britanico deu a conecer a sua pretension de estender a soberania sobre a area maritima ao redor de Rockall ata 350 millas nauticas (563,3 km).

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. En Souto, Xurxo. ( 2014 ) Contos do Mar de Irlanda . [Vigo]: Xerais . ISBN 978-84-9914-699-7 .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]