한국   대만   중국   일본 
Rocha sedimentaria - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Rocha sedimentaria

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mostra dunha rocha sedimentaria preparada para a sua observacion.

As rochas sedimentarias son rochas que se forman por acumulacion de sedimentos que, sometidos a procesos fisicos e quimicos, resultan nun material de certa consistencia. A toda esa serie de procesos de sedimentacion e consolidacion conecese por diaxenese .

Formacion [ editar | editar a fonte ]

Na sua formacion poderianse diferenciar catro fases:

  • Meteorizacion . Destrucion das rochas solidas existentes por razon fisica, quimica ou bioloxica.
  • Transporte . O carrexar dos fragmentos por diversos medios de arrastre tales como auga (rochas hidratoxenas), vento (rochas eolicas) ou xeo (cantos estriados).
  • Sedimentacion . Por diversas causas producense cambios fisico-quimicos nos sedimentos a presion e temperaturas normais.
  • Consolidacion . Formacion de rochas totalmente novas.

Poden formarse as beiras dos rios , no fondo de cantis, vales, lagos e mares, e nas desembocaduras dos rios. Achanse formando capas ou estratos .

Representan mais do 75% das rochas que se atopan na codia terrestre , e moitas estan formadas a partir de pequenos anacos doutras rochas. Estan dispostas cubrindo unha sobase formada por rochas igneas e, en menor cantidade, rochas metamorficas . Mais o seu volume total e pequeno comparandoo sobre todo coas igneas, que non so forman a maior parte da codia terrestre, senon a totalidade.

As rochas sedimentarias caracterizanse por dous trazos relevantes:

  • Presentan unha estrutura estratificada, con capas producidas polo proceso de sedimentacion, descontinuo e progresivo. Chamanse estratos esas capas.
  • Conten xeralmente fosiles , cando non estan directamente formadas por fosiles. Os procesos magmaticos destruen os restos dos seres vivos, o mesmo que os procesos metamorficos, agas os mais suaves.

En xeral, estas rochas son estratificadas, integradas por elementos que se disponen desordenadamente, sen estar ben unidos entre si, dando lugar a rochas pouco coherente e friabeis. Ademais as rochas sedimentarias adoitan ser mais ou menos permeabeis, sobre todo as detriticas, o que favorece as circulacion ou deposito de auga subterranea e outro fluidos, como os hidrocarburos.

Clasificacion [ editar | editar a fonte ]

  • Rochas detriticas ou fragmentarias, componense de particulas minerais producidas pola desintegracion mecanica doutras rochas e transportadas, sen deterioracion quimica, grazas a auga. Son carrexadas ate masas maiores de auga, onde se van depositando en capas. Debido a presion exercida polo seu propio peso, os estratos inferiores van ficando compactados. As suas particulas poden estar disgregadas, semidisgregadas, compactadas por simple presion ou aglomeradas por cementos naturais. Estas rochas, chamadas tamen rochas clasticas ou de sedimentacion mecanica, poden clasificarse polo tamano dos seus componentes, distinguindo entre:
    • Conglomerados: as suas particulas vense a simple vista, de mais de 2 mm.
    • Arenitos: os seus componentes tenen un tamano menor de 2 mm.
    • Rochas arxilosas: formadas por particulas diminutas, menores de 0.002 mm.
  • Rochas organoxenas , as formadas con restos de seres vivos. As mais abundantes formaronse con esqueletos baixo os procesos de biomineralizacion. Outras formaronse por evolucion de restos organicos (da materia celular), e chamanse propiamente rochas organicas, como son o carbon e petroleo. O petroleo e a unica rocha liquida.
  • Rochas de precipitacion quimica , formanse por sedimentacion quimica de materiais que estiveron en disolucion durante a sua fase de transporte. Nestes procesos de sedimentacion tamen poderia influir a actividade de organismos vivos, en cuxo caso podese falar de orixe bioquimica ou organica. Exemplos de rochas quimicas son: xeso , anhidrita , calcaria .

Composicion [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]