한국   대만   중국   일본 
Roberto Novoa - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Roberto Novoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Roberto Novoa Santos ≫)
Infotaula de personaRoberto Novoa

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (es) Roberto Novoa Santos Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 6 de xullo de 1885 Editar o valor em Wikidata
A Coruna, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 9 de decembro de 1933 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Santiago de Compostela, Espana Editar o valor em Wikidata
Causa da morte cancro Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura cemiterio de Boisaca Editar o valor em Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
20 de xullo de 1931 ? 9 de outubro de 1933

Circunscricion electoral: A Coruna
Deputado no Congreso dos Deputados
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Educacion Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupacion medico , politico , catedratico Editar o valor em Wikidata
Empregador Universidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Membro de
Alumnos Pedro Pena Perez Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua galega e lingua castela Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1022987 Dialnet: 1653975

Roberto Novoa Santos , nado na Coruna o 6 de xullo de 1885 e finado en Santiago de Compostela o 9 de decembro de 1933 , foi un medico galego . Salientou, con colegas como Juan Madinabeitia, Teofilo Hernando, Gregorio Maranon , Carlos Jimenez Diaz, na modernizacion do ensino e a practica da medicina en Espana nas primeiras decadas do seculo XX .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Vodas de prata da promocion de Medicina de 1907.

Ingresou na Universidade de Santiago de Compostela en setembro de 1900 , onde cursou brillantemente a licenciatura en Medicina, que obtivo en xuno de 1907 . Finalizada a carreira foi axudante do profesor Ramon Varela de la Iglesia na catedra de Fisioloxia. Posteriormente deixou a institucion, instalando a consulta privada en Ferrol e, despois, na sua cidade natal, A Coruna. En 1911 reintegrouse na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago como interino de Patoloxia xeral, gana a praza de auxiliar ese ano e oposita e acada a catedra ao ano seguinte. Acode, cunha bolsa da Xunta para Ampliacion de Estudos a completar a sua formacion en diversos laboratorios europeos, salientando a estancia na Clinica Medica da Universidade de Estrasburgo , na que traballou con Karel Frederik Wenckebach e Leon Blum . Roberto Novoa tina un perfil singular entre o profesorado da Universidade e as suas ideas non eran ben acollidas polos sectores conservadores.

Anarquista na mocidade, sufriu un forte ataque do clero compostelan a raiz do discurso que pronunciou na inauguracion do curso academico 1920-1921, El problema del Mundo Interior . En 1928 ganou as oposicions a catedra de Patoloxia na Universidade de Madrid, un traslado no que tivo moito que ver o malestar con que se atopaba na Facultade de Medicina compostela. Tivo sona de ser un excelente docente, os alumnos destacan a sua atencion a formacion clinica. Foi creador dun equipo de investigacion. Desde a catedra madrilena atraeria unha gran cantidade de estudantado galego para rematar a sua formacion.

O Manual de Patologia general [ editar | editar a fonte ]

Nas Facultades de Medicina de Espana, na segunda parte do seculo XIX , a posicion maioritaria era a favorable ao denominado eclecticismo medico, que baixo a aparencia de ecuanimidade, era un atranco as innovacions. Esa situacion tamen se plasmaba no ambito da Patoloxia xeral.

Nese contexto, Novoa vai ser un elemento clave na renovacion da Patoloxia xeral en Galicia e en Espana, pois o seu Manual de patoloxia xeral permitiu que chegase as aulas universitarias o pensamento fisiopatoloxico ao mais alto nivel cientifico da epoca. A primeira edicion apareceu en tres tomos, entre 1916 e 1919. A obra, que tivo un notable impacto, alcanzou seis edicions, a ultima, en 1934, editada con posterioridade a morte do seu autor.

Novoa utilizou unha linguaxe accesible e ofreceu unha brillante sintese. Partia de considerar, en sintonia co enfoque fisiopatoloxico, o organismo como un conxunto no que as actividades fisioloxicas oscilan dentro de limites bastante amplos grazas a capacidade de adaptacion. A enfermidade era entendida como un proceso que expresa a falta de adaptacion; concepcion que superaba a vision lesional, afirmando que a localizacion de sintomas non sempre garda relacion co asento da enfermidade. A continuacion estudaba os sistemas e aparatos no seu funcionalismo alterado, nunha vision global que inclue, como novidade en Espana, os procesos psicopatoloxicos e a difusion da obra de Sigmund Freud .

Outras contribucions cientificas [ editar | editar a fonte ]

Busto na Facultade de Medicina de Santiago.

Novoa despregou unha intensa actividade. Publicou preto de trescentos traballos, manifestando un especial interese pola difusion dos conecementos medicos, o que concretaba na publicacion de numerosos artigos divulgativos e conferencias. Participou en obras relevantes, como a Medicina interna de Hernando & Maranon, 1916-1920. Ademais, foi membro do equipo de direccion da revista Archivos de Endocrinologia y Nutricion , fundada por Maranon, en compania de Houssay e Augusto Pi e Suner. Dirixiu Galicia medica e participou en varias revistas de divulgacion cientifica e na potenciacion de foros medicos.

As suas principais contribucions, segundo Garcia Sabell , son as seguintes:

  1. A sua clasificacion das enfermidades do figado , dunha claridade meridiana, na que brilla o talento sistematizador do clinico galego.
  2. O seu concepto da diabetes muscular.
  3. O estudo e valoracion dos reflexos tonico-postulares.
  4. A descricion dun cadro clinico especial, a <acroeritosis parestesica>, que mereceu a atencion e consideracion dos grandes neurologos da epoca.
  5. O estudo das influencias sicoxeneticas ou, como a el lle gustaba dicir, sicoxenicas, sobre a actividade do sistema neurovexetativo, sobre o metabolismo e sobre as funcions viscerais.
  6. A posibilidade de diagnosticar a hidatidose pola reaccion mediante o antixeno hidatidico [ 1 ]

Un dos seus temas preferidos de investigacion foi a diabetes. Na memoria dedicada a estudar esa cuestion [ 2 ] detallanse os logros alcanzados, entre os que figuran o papel de precursor do actual tratamento da diabetes con incretinas e o descubrimento da funcion hipoglucemiante da secretina.

Intervencion no debate feminista [ editar | editar a fonte ]

A historia do antifeminismo e longa e esta enchida de testemunos procedentes de diferentes ideoloxias. Os libros misoxinos do medico e psiquiatra aleman Paul Julius Moebius , A inferioridade mental da muller e do filosofo austriaco Otto Weininger , Sexo e caracter , resultaron moi populares en medios progresistas, de feito, as dificultades para unha critica as teorias da inferioridade feminina nese ambito ideoloxico foron enormes [ 3 ] . Entre medicos positivistas xurdiu un antifeminismo "con base cientifica". Nese grupo debemos situar as intervencions de Novoa. As suas duas principais publicacions sobre o tema son: La Indigencia espiritual del sexo feminino. Las pruebas anatomicas, fisiologicas y psicologicas de la pobreza mental de la mujer. Su explicacion biologica (1908) e La mujer, nuestro sexto sentido y otros esbozos (1929). En ambas as duas pretende xustificar con razons bioloxicas a inferioridade da muller e o seu papel subordinado ao home. Outros colegas de Novoa participaron no debate e, en xeral, coa excepcion de Santiago Ramon y Cajal , coincidiron no basico coas suas formulacions. Asi aconteceu con Jose Gomez Ocana e Gregorio Maranon y Posadillo . Novoa sintoniza con ese machismo dominante entre importantes sectores da intelectualidade e comunidade cientifica espanola. Non obstante, no terreo practico apoiou mulleres no seu ambito e equipo, promovendoas nas suas carreiras profesionais, como aconteceu no caso paradigmatico das irmas Elisa e Jimena Fernandez de la Vega . Por outra parte, Novoa afrontou este e outros temas complexos dende a autenticidade e a coherencia. Estaba convencido de que a ciencia xustificaba unha diferenza radical entre os sexos, do mesmo modo que noutras areas defendeu con vehemencia posicions heterodoxas.

Publicacions sobre outros temas [ editar | editar a fonte ]

O activo e polifacetico Novoa prestou a sua atencion a moi variadas cuestions, mostrando unha especial preocupacion pola relacion entre a alma e o corpo e a morte . Sobre o primeiro asunto destaca o seu discurso academico, El Problema del Mundo Interior (1920) e a publicacion Physis y Psyquis (1922). Tratou a segunda cuestion en El instinto de la muerte (1927) e La Inmortalidad y los origenes del sexo (1931). A sua obra relacionada coa psicoloxia foi estudada por Fernandez Teijeiro, 1997, quen afirma que "Sin pretender ser un psicologo, ni desarrollar una teoria psicologica, el analisis y sintesis de su obra nos ha permitido encontrar algunas interesantes aportaciones a la psicologia y ciencias afines, desde la neurologia, la antropologia, la sexualidad y la propia psicologia cientifica, que en su epoca se encontraba en un prometedor desarrollo en nuestro pais". [ 4 ]

Ainda que Novoa afirmaba que as suas formulacions nestas cuestions non sairian do ambito cientifico, "es un patologo profesional quien escribe, y huelga advertir que va a intentar divisar el turbio panorama desde su atalaya biologica" [ 5 ] , o certo e que incorria en numerosas especulacions.

Participacion en politica [ editar | editar a fonte ]

Na sua xuventude universitaria identificouse coa ideoloxia anarquista e publicou numerosos artigos en revistas desa tendencia, asinando como Pedro Novoakow ou como Max. [ 6 ]

No terreo da politica institucional, en 1924 foi nomeado deputado polo distrito de Santiago-Padron na Deputacion provincial de Coruna . Dende ese posto realizou a proposta de integrar o Hospital provincial na Facultade de Medicina da Universidade galega, cuestion que provocou un debate social.

Na II Republica seria deputado representando a Federacion Republicana Gallega . Nas Cortes defendeu unha republica integral, unitaria, que ao mesmo tempo reconecese as autonomias e interveu en contra da concesion do dereito ao voto as mulleres.

Obra [ editar | editar a fonte ]

  • La Indigencia espiritual del sexo femenino. Las pruebas anatomicas, fisiologicas y psicologicas de la pobreza mental de la mujer. Su explicacion biologica . Valencia, 1908.
  • Alcance y sistematizacion de las cromorreacciones de losalbuminoides . Santiago, 1911.
  • Manual de Patologia General . Santiago de Compostela, 3 tomos, 1916-1919
  • El problema del Mundo Interior . Santiago, 1920.
  • Sistema linfatico y sistema nervioso vegetativo . Santiago, 1919.
  • Tratamiento de la diabetes mellitus . Madrid, 1920.
  • Physis y Psyquis . Santiago de Compostela, 1922.
  • Estudios sobre la asimetria funcional del sistema nervioso . Santiago de Compostela, 1926.
  • El Instinto de la muerte . Madrid, 1927.
  • La mujer, nuestro sexto sentido y otros esbozos . Madrid, 1928.
  • Diabetes espuria y diabetes genuina . Madrid, 1930
  • Cuerpo y espiritu . Madrid, 1930
  • La inmortalidad y los origenes del sexo (Una inquisicion biologica) . Madrid, 1931.
  • Patografia de Santa Teresa y el Instinto de la Muerte . Madrid, 1932.
  • El advenimiento del hombre y otras conferencias . Madrid, 1933.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Garcia Sabell, D. (1974): Roberto Novoa Santos. Gran Enciclopedia Gallega.
  2. La Diabetes Mellitus en la epoca y en la obra de Roberto Novoa Santos . Ponte Hernando, 2011.
  3. Aresti, Nerea (2001): Medicos, donjuanes y mujeres modernas: los ideales de feminidad y masculinidad en el primer tercio del siglo XX.
  4. Fernandez Teijeiro, 1997: La obra psicologica de Novoa Santos, p. 278.
  5. Novoa Santos, 1931, La inmortalidad y los origenes del sexo, p. 9-10.
  6. Ponte Hernando, F. & Valle-Inclan de, J. (2011): Roberto Novoa Santos. Las primeras paginas.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]