한국   대만   중국   일본 
Ril - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Ril

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ril
Riles humanos vistos desde atras coa espina eliminada
Riles de cordeiro
Latin ren
Gray's pag.1215
Arteria Arteria renal
Vea Vea renal
Nervio (s) Plexo renal
MeSH Kidney
Dorlands/Elsevier Kidney

Os riles son dous organos con forma de feixon que filtran o sangue do aparato circulatorio e permiten a excrecion a traves da urina de diversos residuos metabolicos do organismo por medio dun sistema complexo que inclue mecanismos de filtracion, absorcion e excrecion.

Localizacion e caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

No ser humano cada un ten, aproximadamente, o tamano do seu puno pechado. Estan localizados no retroperitoneo , xusto debaixo das costelas, a altura das primeiras vertebras lumbares.

Cada dia os riles procesan uns 200 litros de sangue para producir, aproximadamente, 2 litros de urina , unha solucion liquida composta de auga e diversas substancias en cantidade variabel que se eliminan do organismo, procedentes do metabolismo corporal. A urina baixa continuamente a vexiga urinaria a traves duns condutos chamados ureteres . A vexiga almacena a urina ata o intre de ourinar.

Funcions do ril [ editar | editar a fonte ]

Os residuos eliminados na urina proceden da actividade metabolica de todo o organismo. Se os riles non eliminaran estes residuos, acumularianse no sangue e serian nocivos para o organismo. Ademais de eliminar os produtos de rexeitamento, as celulas renais producen substancias que controlan diversas funcions no organismo. Os riles producen renina , que regula a tension arterial mediante o sistema renina-anxiotensina-aldosterona ; producen eritropoetina que regula a sintese de globulos vermellos e actua na formacion da vitamina D , esencial para a sintese de tecido oseo .

Filtrado [ editar | editar a fonte ]

Na nefrona (lado esquerdo da grafica), pequenos vasos sanguineos entrelazanse con tubos colectores de urina. Cada ril conten arredor de 1 millon de nefronas.
Riles de ano

A filtracion ocorre en pequenas unidades colocadas dentro dos riles chamadas nefronas . Cada ril ten arredor dun millon de nefronas. Na nefrona, un glomerulo -que e un pequeno vaso sanguineo ou capilar- entrelazase cun pequeno tubo colector de urina chamado tubulo. Producese un complicado intercambio de substancias quimicas a medida que os rexeitos e a auga saen do sangue e entran no sistema urinario.

Ao principio, os tubulos reciben unha mestura de refugallos e substancias quimicas que o corpo ainda pode usar. Os riles recuperan algunha das substancias quimicas, tales como o sodio , o fosforo e o potasio , e enviannas de regreso ao sangue, que as devolve ao corpo. Dese xeito, os riles regulan a concentracion desas substancias no corpo. Fai falla un equilibrio correcto para manter a vida, mais as concentracions excesivas poden ser prexudiciais.

Ademais de retirar os refugallos, os riles liberan tres hormonas importantes:

  1. eritropoetina , que estimula a producion de globulos vermellos pola medula osea .
  2. renina , que regula a presion arterial.
  3. a forma activa da vitamina D , que axuda a manter o calcio para os osos e para o equilibrio quimico normal no corpo.

Doenzas que afectan os riles [ editar | editar a fonte ]

Os desperdicios filtrados do sangue pasan á vexiga.
Os desperdicios filtrados do sangue pasan a vexiga.

Case todas as doenzas dos riles atacan as nefronas e fanlles perder a sua capacidade de filtracion. A lesion as nefronas pode ocorrer axina, a miudo como resultado de lesion ou intoxicacion, mais case todas as doenzas dos riles destruen as nefronas lenta e silenciosamente. Talvez pasen moitos anos ou ainda decenios antes de que se manifeste o dano.

As duas causas de doenza dos riles mais comuns son a diabetes e a tension arterial alta (hipertension).

Lista de doenzas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]