Richard Ford

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRichard Ford

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 16 de febreiro de 1944 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Jackson, Estados Unidos de America Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Estados Unidos de America Editar o valor em Wikidata
Educacion Michigan State University (pt) Traducir
Universidade da California em Irvine (pt) Traducir
Great Falls High School (en) Traducir
Universidade Washington em St. Louis (pt) Traducir
Universidade de Michigan
Murrah High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion escritor , autor , novelista , guionista Editar o valor em Wikidata
Periodo de actividade 1976 Editar o valor em Wikidata -
Empregador Bowdoin College (pt) Traducir
Universidade de Columbia
Universidade do Mississippi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xenero artistico Novela e conto Editar o valor em Wikidata
Movemento Realismo sucio e Kmart realism (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lingua Ingles estadounidense e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

IMDB: nm0285840 BNE: XX1723484 Bitraga: 732 Musicbrainz: 1f1118d2-a5ca-4943-9120-7625c7f7c983 Discogs: 2570257 Editar o valor em Wikidata

Richard Carrel Ford , nado en Jackson , Mississippi , Estados Unidos o 16 de febreiro de 1944, e un escritor estadounidense. [ 1 ]

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Familia e primeiros anos [ editar | editar a fonte ]

Fillo de Parker Carrel, vendedor ambulante de amidon, que morreu cando Ford tina 16 anos e de Edna Ford. O seu avo, Ben Shelley, era o xerente do Marion Hotel en Little Rock . De neno, Ford pasou moitos verans no hotel e lembra que as estadias lle permitiron entrar no mundo adulto, e que as observacions das relacions entre homes e mulleres iluminaron despois parte da sua obra literaria. [ 2 ]

Ford padecia un certo grao de dislexia que parece que lle axudou a desenvolver un interese pola literatura.

De mozo traballou como socorrista no "Little Rock Country Club" e no ferrocarril de Arkansas como axudante de maquinista. [ 3 ] Alistouse nos "marines" pero foi dado de alta por mor dunha hepatite.

Asistiu a Davis Elementary School en Jackson. En 1966 recibiu o titulo de Bachelor of Arts (BA) pola Universidade Estatal de Michigan e en 1970 o MFA pola Universidade de California . Despois dunha breve etapa na facultade de dereito, comezou a escribir ficcion e volveu a Little Rock para traballar como profesor adxunto na Central High School de Flint, Michigan . [ 4 ]

Con 23 anos, o 28 de marzo de 1968 , casou con Kristina, unha antiga companeira de escola. Kristina e licenciada en Filosofia e profesora na Universidade de Nova York. A parella, que non ten fillos, vive actualmente no barrio frances de Nova Orleans .

Carreira literaria [ editar | editar a fonte ]

En 1976 publicou a sua primeira novela " A Piece of My Heart" e en 1981 " The Ultimate Good Luck ". As malas vendas obrigarono a abandonar a ficcion e pasou a traballar como reporteiro deportivo para a revista New York Inside Sports, pero en 1982 foi despedido e volveu a literatura con " The sportswriter " protagonizada por Frank Bascombe, que foi citada pola revista Time . como unha das cinco mellores novelas de 1986 e finalista do premio PEN/Faulkner.

Profesor [ editar | editar a fonte ]

Ademais da sua actividade xornalistica e literaria, Ford desenvolveu unha ampla actividade academica como docente:

Obras [ editar | editar a fonte ]

  • 1976: A Piece of My Heart
  • 1981: The Ultimate Good Luck
  • 1983: American Tropical
  • 1986: The sportwriter
  • 1987: Rock Springs
  • 1990: Wildlife,
  • 1991: Bright Angel
  • 1992: Editor
  • 1995: Independence Day
  • 1997: Women with Men
  • 1998: My Mother in Memory
  • 2002: A Multitude of Sins
  • 2006: The Lay of the Land
  • 2012: Canada
  • 2015: Let Me Be Frank With You
  • 2017: Between Them: Remembering My Parents

Tamen recompilou contos de autores estadounidenses:

  • 1990: American Short Stories
  • 1992: The Granta Book of the American Short Story

Premios [ editar | editar a fonte ]

  • 1987: Academia Americana de Artes e Letras para a Literatura
  • 1995: Premio Pulitzer de ficcion
  • 1996: Premio Pen/Faulkner de ficcion
  • 1994: Premio Rea ao relato curto
  • 2013: Prix Femina Etranger e Medalla Andrew Carnegie a Excelencia por " Canada "
  • 2016: Premio Princesa de Asturias das Letras
  • 2019: Premio da Biblioteca do Congreso a ficcion estadounidense

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Guardian profile: Richard Ford" . the Guardian (en ingles ) . 2003-02-08 . Consultado o 2022-12-06 .  
  2. "Encyclopedia of Arkansas" . Encyclopedia of Arkansas (en ingles ) . Consultado o 2022-12-06 .  
  3. "Biografia de personajes historicos y celebridades. Enciclopedia biografica" . www.buscabiografias.com . Consultado o 2022-12-06 .  
  4. "Famous People in the World - Lists of Trending Celebrities in 2022, Ratings & Bios" . www.thefamouspeople.com (en ingles ) . Consultado o 2022-12-06 .  
  5. "Llibres en catala" . Grup62 (en catalan ) . Consultado o 2022-12-06 .