Revolucion

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A tomada da Bastilla , o 14 de xullo de 1789 durante a Revolucion francesa .

Unha revolucion (do latin revolutio 'dar volta') e un cambio ou transformacion radical e profundo respecto ao pasado inmediato. Podese producir en varios ambitos ao mesmo tempo, tales como economicos, culturais, relixiosos, politicos, sociais, militares etc. Os cambios revolucionarios, ademais de radicais e profundos, e sobre todo traeren consecuencias transcendentais, han de percibirse como subitos e violentos , como unha ruptura da orde estabelecida ou unha descontinuidade evidente co estado anterior das cousas. Se non e asi, deberia falarse mellor dunha evolucion , dunha transicion ou dunha crise . Se o que falta e o seu caracter transcendental, deberia falarse mellor dunha revolta . As revolucions son consecuencia de procesos historicos e de construcions colectivas, para que unha revolucion exista e necesario que haxa unha nova union de intereses fronte a unha vella union de intereses. Enton, podemos dicir que revolucion e un cambio brusco ou radical nas estruturas, isto pode afectar no social, economico, cultural etc.

Tipoloxia das revolucions [ editar | editar a fonte ]

Na historiografia falase xeralmente de tres tipos de revolucions

Poden valer para exemplificalas as tres grandes revolucions que xorden e se desenvolven entre os seculos XVIII e XIX, marcando a fin da Idade Moderna e o comezo da Idade Contemporanea .

  • A Revolucion Francesa foi un movemento fundamentalmente politico, porque se trataba de substituir a monarquia absoluta existente ata 1789 , para substituila por un sistema politico con caracteristicas radicalmente opostas, o que permitiu falar dun Antigo Rexime e un Novo Rexime . Desde un punto de vista xeral, pode incluirse a francesa entre as Revolucions Liberais , entendidas como as que aplican a ideoloxia politica liberal , e que comezarian coa independencia americana e continuarian en Europa occidental polo menos ate 1848 .
  • A revolucion burguesa entendida como a substitucion como clase dominante do estamento privilexiado (formado por nobreza e clero ) pola burguesia , co cambio de relacions, comportamentos, actitudes e valores sociais que se identifican cunha ou outra; permite falar dunha nova sociedade de clases. Poren, a historiografia adoita utilizar mais comunmente o termo Revolucions burguesas para referirse, ate no seu aspecto estritamente politico (a pesar da impropiedade), as que chamamos revolucions liberais, e dicir, a todos os procesos revolucionarios (como a mesma Revolucion Francesa) nos que esta clase social e impulsora.
  • A Revolucion Industrial ten un caracter esencialmente economico, a transformacion respecto da epoca precedente (a preindustrial) co uso de novas tecnicas, fontes de enerxia, invencion de maquinarias, innovadores medios de transporte, aumento da capacidade produtiva coa substitucion dos talleres artesanais polas fabricas etc

E necesario indicar que estes dous ultimos procesos, a pesar de seren de duracion secular, foron claramente percibidos polos seus contemporaneos como subitos e violentos, como o proban, entre outros extremos, a resistencia e os conflitos que xerou a aparicion do maquinismo (a destrucion de maquinas ou luddismo ). E de imposibel solucion o debate (no que pode destacarse o achegue de E. P. Thompson ) sobre se a revolucion industrial inglesa custou mais mortes e sufrimentos que a revolucion liberal francesa.

Xustificado este uso, entendese que por extension se aplique o termo revolucion a Revolucion Neolitica e a Revolucion Urbana (definidos por Vere Gordon Childe ), procesos xa non seculares mais milenarios, pero que presentan claras analoxias cos do XVIII e XIX en canto a transformacion radical (e sen dubida violenta) das formas de vida da humanidade.

Non se esgota a tipoloxia das revolucions con estes tres tipos. Falase de revolucions en calquera ambito, ate nos mais afastados dos usos anteriores, como seria o ambito da ideoloxia ( revolucion ideoloxica ) ou o da arte ( revolucion artistica ). As veces esa extension faise con evidente abuso do termo (cando se aplica a moda , ao deporte , a ultima novidade da musica popular ...), e as veces esta plenamente xustificada ( Revolucion Cultural na China maoista ) ou o concepto de revolucion cientifica ( Thomas Kuhn ).

Revolucion Irmandina [ editar | editar a fonte ]

Ainda que a aplicacion do termo revolucion a estes sucesos e moi discutida, na historiografia galega o feito mais importante deste tipo e o conxunto de revoltas irmandinas , que se ben vistos desde hoxe non tenen algunhas das caracteristicas dunha revolucion e o seu obxectivo era mais unha restauracion de dereitos que un cambio radical, si foron vistas polos seus protagonistas e por moitos galegos desde enton como unha revolucion.

Revolucions [ editar | editar a fonte ]

Nome Periodo Descricion
Revolucions liberais
Burguesa Revolucions inspiradas na Ilustracion . Ascension das burguesias en Europa e America .
Inglesa 1642 - 63 Guerra entre o Parlamento e o Rei. Execucion de Carlos I e formacion dun protectorado republicano.
Gloriosa 1688 - 89 Jacobo II de Inglaterra e derrocado. Establecese unha monarquia constitucional controlada polo Whig .
Estadounidense 1776 Institue a independencia de Inglaterra coa creacion dunha republica .
Francesa 1789 - 99 Unha das revolucions mais influentes, asociada coa ascension da burguesia.
De maio 1810 - 20 Arxentina independizouse (de feito en 1810 e de dereito en 1816) dos reis Borbons de Espana .
De xullo 1830 Carlos X de Francia abandona o poder, sendo substituido por Lois Filipe .
Belga 1830 Fallada revolucion. Consolidase o reino belga.
De 1848 1848 Vaga de revolucions liberais e republicanas erradas en toda Europa.
Rusa 1905 Fallada revolucion burguesa-liberal con socialistas contra o Tsar Nicolao II .
Mexicana 1910 Derrocamento do ditador Porfirio Diaz , chegada ao poder de Francisco I. Madero .
Xinhai 1911 Desbaratamento do goberno da dinastia Qing e creacion da Republica da China .
Alema 1918 Instauracion da Republica de Weimar por unha revolucion obreira contra o kaiser .
Alxeriana 1954 - 62 Guerra revolucionaria de independencia colonial contra Francia .
Maio frances 1968 Revoltas estudantis e de traballadores contra o goberno de Charles de Gaulle .
Dos Caraveis 1974 Derrocamento da ditadura conservadora pola esquerda portuguesa.
Indonesa 1998 Caida do ditador Suharto .
Serbia 2000 Derrota de Slobodan Milo?evi? , novo presidente e gobernos democraticos.
Revolucions socialistas
Espanola 1936 Resposta ao golpe de estado do 18 de xullo de 1936 contra a legalidade republicana. O seu caracter foi en gran parte libertario .
Alema 1919 Fracasada revolucion en Alemana de Rosa Luxemburg e Karl Liebknecht .
Sandinista 1979 Popular derrocamento en Nicaragua da ditadura de Somoza por un movemento campesino .
Bolivariana 1999 Cambio politico economico e social impulsado por Hugo Chavez en Venezuela , comezado desde o seu acceso ao goberno. A revolucion esta baseada, no ideario do libertador Simon Bolivar .
Revolucions anti-sovieticas
Hungara 1956 Revolucion de labregos e obreiros contra o goberno comunista , suprimida polas tropas sovieticas .
De veludo 1989 Desbaratamento pacifico do goberno comunista na desaparecida Checoslovaquia .
Cantada 1988 Derrocamento pacifico do goberno comunista en Estonia .
Revolucions marxista-leninistas
Rusa 1917 A mais influente revolucion moderna, os bolxeviques conseguen o poder e forman a URSS .
Hungara 1919 Tras o final da primeira guerra mundial , estabelecese a Republica Sovietica Hungara .
Mongol 1920
Norcoreana 1948 Estabelecese un rexime comunista.
China 1949 Vitoria da rebelion campesina comunista de Mao Zedong , nace a Republica Popular da China .
Cultural 1966 - 76 Movemento maoista na Republica Popular da China.
Norvietnamita 1954 Ho Chi Minh estabelece un Estado socialista .
Iraqui 1958 Karim Qasim tomou o poder tras un golpe de estado.
Cubana 1959 Revolucion contra o ditador Fulgencio Batista . Vitoria do goberno revolucionario de Fidel Castro .
Congolesa 1964
Suriemeni 1967 Establecese unha Republica Popular de orientacion marxista.
Libia 1969 Gaddafi estabelece un estado Popular e Socialista.
Somali 1969
Beninesa 1972
Etiope 1974
Guineana 1974
Cambodiana 1975 Estabelecese a Kampuchea Democratica .
Survietnamita 1975
Laosiana 1975
Malgaxe 1975 Un golpe de estado puxo o goberno en poder de Didier Ratsiraka .
Caboverdiana 1975
Mozambicana 1975 O FRELIMO consegue a independencia do pais.
Angolana 1975 Conseguese a independencia. O MPLA toma o poder.
Afga 1978
Granadina 1979 Maurice Bishop estabelece un goberno Marxista-Leninista.
Burkinesa 1983
Revolucions islamicas
Iraniana 1979 Derrota popular do Sah de Iran, conformandose unha republica islamica .
Taliban 1996 Movemento extremista islamico en Afganistan .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Hobsbawm, Eric J. Las revoluciones burguesas (The Age of Revolution) 1987 Barcelona: Labor ISBN 84335298781
  • Arendt, Hannah Sobre la revolucion (On Revolution) 1967, 1998 Revista de Occidente, Alianza Editorial ISBN 84-206-5806-5