한국   대만   중국   일본 
Relixion da Roma antiga - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Relixion da Roma antiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Interior do panteon , templo de todos os deuses, en Roma (hoxe transformado en igrexa).

A relixion na Roma Antiga caracterizouse polo politeismo , con elementos que combinaron influencias de diversos cultos ao longo da sua historia. Dese modo, na sua orixe, crenzas etruscas, gregas e orientais foron sendo incorporadas aos costumes xa tradicionais de acordo con sua efectividade.

A idea de efectividade dun ritual para agradar a un deus ou deuses e a idea que inunda o escenario relixioso da epoca. A nocion de nosa sociedade de tradicion xudaico-cristia canto a relixion liga os rituais a fe, algo que non era tido en conta polos romanos. Para eles os deuses simplemente existian, non habia necesidade de cuestionar ese feito.

Os deuses dos antigos romanos, a semellanza dos antigos gregos , eran antropomorficos , ou sexa, eran representados coa forma humana e posuian caracteristicas como calidades e defectos de seres humanos .

O Estado romano propagaba unha relixion oficial que prestaba culto aos grandes deuses, como, por exemplo, Xupiter , pai dos deuses; Marte , deus da guerra; ou Minerva , deusa da arte. Na honra deses deuses eran realizados festivais , xogos, sacrificios e outras cerimonias. Posteriormente, diante da expansion militar que conduciu ao imperio , moitos deuses das rexions conquistadas tamen foron incorporados aos cultos romanos, asi como alguns deuses romanos foron incorporados as rexions conquistadas.

No ambito privado, os cidadans, a sua vez, tradicionalmente buscaban proteccion nos espiritos domesticos, os chamados lares , e nos espiritos dos antepasados, os penates , aos cales rendian culto dentro de casa.

Pietas [ editar | editar a fonte ]

Segundo os pescudadores, a relixion desempenaba un papel fundamental na definicion da sociedade e nas relacions de poder. Ao participar dos cultos, era garantida a pax deorum ("paz divina", en latin ), a harmonia civil e a maior integracion destas comunidades no imperio levando a unha maior integracion de cultos relacionados ao poder imperial [ 1 ] .

Dentro do caracter social da relixiosidade romana, a importancia que e establecida nas relacions persoais e expresada polo termo latino pietas , literalmente traducido como "piedade". A pesar da sua conexion co verbo piare (" calmar ", " borrar unha falta ", " conxurar un mal presaxio" ), a pietas designaba a observacion escrupulosa dos rituais, mais tamen o respecto as relacions entre as persoas no propio ambito social [ 2 ] . Para un fillo, a pietas consistia en obedecer ao pai, e ao mesmo tempo existia a pietas que os membros dun grupo debian a cidade a que pertencian. Con todo, mais importante que eses deberes era a pietas con relacion aos deuses [ 3 ] . As ideoloxias humanitarias dos seculos XVIII e XIX tentaron retomar esa concepcion; poren, desacralizaron a vella concepcion da pietas romana. A pietas tamen era representada en moedas por obxectos de culto ou como unha figura feminina realizando sacrificios cun fogo. Ela tina tal importancia na vida cotia romana que posibeis fallos durante o ritual (de ai a idea de impiedade) eran unha cuestion de coidados permanentes.

O sacrificio [ editar | editar a fonte ]

Sacrificio romano , relevo en marmore no Museo do Louvre

Tanto no culto publico como no privado, o sacrificio consistia na ofrenda de determinada materia alimentar. Cereais, uva, vino e principalmente vitimas animais. Efectuabanse libacions preliminares sobre o lar portatil ( foculus ), que representaba o foculus do sacrificante, e situabase fronte ao templo , ao lado do altar [ 4 ] . A parte reservada aos deuses (figado, pulmon, corazon e alguns outros pedazos) era queimada sobre o altar. A carne era consumida polo sacrificante e polos seus companeiros no culto privado, e polo corpo de sacerdotes nos sacrificios celebrados en favor do Estado.

A triade capitolina [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Mitoloxia romana .
Xupiter , estatua no Ermitage .
Xuno , estatua no Museo do Louvre .
Minerva , estatua no Ninfemburgo en Munic .

Ao contrario dos gregos , que desde cedo organizaron un panteon estruturado, os romanos presentaban, no comezo da sua epoca historica, so unha agrupacion xerarquica das divindades [ 4 ] . A triade arcaica estaba composta por Xupiter , Marte e Quirino , completada por Xano e Vesta . Na calidade de deus dos "comezos", Xano foi colocado no cume da lista, e Vesta, protectora da cidade, no final. Xupiter e por excelencia o deus soberano, celeste e fulgurante, rexente da xustiza e fiador da fecundidade [ 5 ] . Marte representaba entre todos os pobos italicos o deus guerreiro. Quirino e solidario da comunidade dos viri , a reunion do pobo romano.

Canto a Xano e Vesta, a sua incorporacion a triade arcaica da continuidade a unha tradicion indoeuropea [ 5 ] . Espacialmente, Xano encontrase nos limiares das casas e nas portas. No ciclo temporal, e el quen rexe os comezos do ano. O peche das portas do templo de Xano en Roma, ocorrido raras veces, simbolizaba que o imperio estaba en paz. O nome de Vesta deriva dunha raiz indoeuropea que significa "queimar", pois o fogo perpetuo constitue o lar de Roma. Xeralmente, os templos deberian ser inaugurados e orientados segundo as catro direccions celestes (ter catro cantos, ser cuadricular), mais a casa da deusa Vesta non deberia ser inaugurada, visto que toda a forza dela esta sobre a terra, por iso o seu santuario e circular: e unha aedes sacra , non un templum [ 6 ] .

Aos poucos a relixion foise constituindo nunha construcion que mesturou a tradicion procedente das epocas iniciais (componentes italicos , indoeuropeos , etruscos , gregos ) coa capacidade de acoller as forzas divinas dos “outros”, quere dicir, as comunidades conquistadas.

So a dominacion etrusca, a vella triade Xupiter, Marte e Quirino perde a sua actualidade, sendo substituida pola triade Xupiter, Xuno e Minerva , instituida na epoca dos Tarquinios [ 6 ] . Debido a influencia etrusca e helena, as divindades eran representadas en estatuas antropomorficas e con atributos distinguidos. Iuppiter Optimus Maximus , como pasa a ser chamado, e presentado aos romanos so a imaxe modificada do Zeus heleno, e o seu templo era considerado o principal templo de Roma.

Xuno era probabelmente considerada a mais importante das deusas romanas, pero tamen podia ser desconcertante. O seu nome latino, Xuno, deriva dunha raiz que expresa "a forza vital" [ 6 ] . As suas funcions son multiples: rexe a fecundidade das mulleres, pero tamen o comezo dos meses. No Capitolio ela era Regina ("raina"), titulo que reflectia unha tradicion de realeza sagrada.

Minerva a a padroeira das artes e dos artesans. O nome e probabelmente italico (derivado de " men ", que designa toda e calquera actividade do espirito) [ 6 ] . Os romanos recibirona por intermedio dos etruscos , pero xa na Etruria , Menrva ( Minerva ) representaba unha adaptacion de Palas Atenea .

A triade capitolina non prolongou ningunha tradicion romana. Xupiter era o unico representante da herdanza indoeuropea. A asociacion entre Xuno e Minerva foi obra dos etruscos [ 6 ] . Para eles, a triade divina tamen exercia un papel na xerarquia do panteon. Sabese, por exemplo, que ela presidia a fundacion dos templos.

Colexios sacerdotais [ editar | editar a fonte ]

Os flamines [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Flamen .
Relevo cos flamines . Altar da Paz, en Roma .

O culto publico, so o control do Estado, era efectuado por certo numero de oficiantes e confrarias relixiosas - no en tanto, eses cargos sacerdotais non se consideraban algo distinto das maxistraturas regulares do Estado. Na epoca da monarquia romana , o rei ocupaba o primeiro posto na xerarquia sacerdotal: el era o rei das cousas sagradas ( rex sacrorum ) [ 7 ] . Despois do rei, vinan, na xerarquia sacerdotal, os 15 flamines . En primeiro lugar, os tres flamines maiores: os de Xupiter ( flamen Dial ), de Marte ( flamen Marcial ) e de Quirino ( flamen Quirinal ). Os flamines non formaban unha casta e non constituian un colexio. Cada flamen era autonomo e ligado a unha divindade [ 8 ] . O flamen de Xupiter estaba repleto de prohibicions: non podia se afastar de Roma, non debia aparecer espido baixo o ceo (aos ollos de Xupiter), nin ver o exercito romano , nin montar a cabalo, debia evitar o contacto coas cousas impuras e os mortos ou con aquilo que evocaba a morte [ 9 ] .

Houbo un intervalo de case setenta anos no nomeamento do flamen dial desde a morte do ultimo en -86 . Un novo sacerdocio so foi inaugurado nos anos -20, baixo o principado de Augusto (reinou do -27 ao 14 ) [ 10 ] . Este evento, xunto con outros, foi celebrado no grande friso da Ara Pacis ), mostrando a Augusto na fronte e os outros catro flamines a seguilo. A mensaxe e a de que o dano causado polo lapso foi afastado polo novo pontifice maximo.

Augusto como pontifice

maximoEstatua no Museo Nacional Romano

O pontifice [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Pontifice .

Ao lado do flamen Dial , o pontifice ( pontifex ) desempenaba, no circulo sagrado do rei, unha funcion complementaria. O colexio dos pontifices, mais precisamente o pontifice maximo ( pontifex maximus ), de quen os outros eran so o prolongamento, dispuna ao mesmo tempo de liberdade e de iniciativa [ 11 ] . O pontifice maximo era o lider e falaba polo colexio no senado . Comparecia as reunions en que se decidian sobre os actos relixiosos, respondia polos cultos sen titulares e fiscalizaba as festas. No tempo da Republica Romana , incumbia ao pontifice maximo nomear os flamines maiores e as vestais , sobre os cales posuia poderes disciplinares e ser o conselleiro e tamen as veces, o representante destas ultimas. O colexio dos pontifices estaba composto por nove membros desde -300 , noutros momentos, eran elixidos por 17 das 35 tribos [ 12 ]

As vestais [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Vestal .
Vestal

As seis vestais estaban vinculadas ao colexio pontificial. Escollidas entre os seis e os dez anos de idade polo pontifice maximo, as vestais eran ordenadas por un periodo de 30 anos [ 11 ] . Protexian o pobo romano alimentando o fogo da cidade, que tinan a obrigacion de nunca deixar extinguir. A sua forza relixiosa dependia da virxindade . A condena dunha virxe vestal por mala conduta sexual era un evento raro, pero significativo. O castigo era parte dun ritual de purificacion do Estado. Por ser sacrosanta, a vestal non podia ser executada. Por iso, era confinada nunha camara subterranea cunha cama, unha lampadina e un pouco de auga e comida, abandonada a morte. Os complices do sexo masculino eran azoutados publicamente ate a morte [ 13 ] .

As virxes vestais tinan privilexios dos cales ningunha outra muller en Roma podia gozar: eran mantidas en condicions de luxo, con dineiro publico; estaban libres da autoridade paterna; gardaban testamentos e tratados, e podian elas mesmas ter un testamento; podian declarar nos tribunais sen facer xuramento; mesmo os maxistrados mais condecorados tinan que lles ceder o paso [ 14 ] .

As funcions deses tres tipos de sacerdotes era aconsellar o Senado sobre todos os asuntos referentes aos sacra , aconsellar o pobo en temas da lei sagrada, incluindo a lei dos mortos, supervisar os asuntos da lei familiar (adopcion, herdanza, etc.) e manter os rexistros do Estado [ 12 ] .

Outros colexios [ editar | editar a fonte ]

  • O colexio augural era tan antigo e tan independente como o colexio dos pontifices. Pero o segredo da disciplina foi ben gardado. Sabese so que os augures non eran convocado para desvelar o futuro - o seu papel era esclarecer se este ou aquel proxecto era un sinal divino [ 15 ] . O colexio dos augures tina o mesmo numero dos pontifices e eran supervisores e conselleiros sobre os rituais e procedementos concernentes aos auspicios . Co tempo, certas tecnicas divinatorias de orixe helenica e etrusca foron introducidas en Roma. O metodo dos aruspices , que consistia en examinar as entranas da vitimas animais, era unha practica etrusca. Existe unha lista de 60 membros [ 12 ] . Eran ocasionalmente consultados polo Senado.
  • Existia o colexio dos salios ( Salii ), composto por dous grupos de doce membros cada un, que bailaban e cantaban na cidade nos festivais de marzo e outubro.
  • Os lupercos ( Luperci ) consistian en dous grupos tamen, pero o numero de membros e desconecido [ 12 ] . Corrian polas ruas da cidade no festival das Lupercalia , batendo nas persoas con lategos de pel de cabra.
  • Outro colexio era dos Irmans Arvais ( Fratres Arvales ), doce membros que coidaban do mantemento do culto da deusa Hemera Dia , nunha gruta fora de Roma [ 12 ] .

Estes tres colexios non eran consultados polo senado .

O culto privado [ editar | editar a fonte ]

F [ 12 ] Fresco de Pompeia coa imaxe do Xenio no centro, flanqueado polos Penates e os Lares. No extremo esquerdo esta Mercurio , e no extremo dereito, Baco .

Os romanos expresaban a sua devocion aos deuses con ofrendas nos templos e, en santuarios domesticos, aos deuses Lares , ainda que fixesen, tamen, procesions , oracions e sacrificios publicos. O culto domestico non parece ter mudado moito durante a historia romana. O fogo domestico constituia o centro do culto e nel eran ofrecidos sacrificios alimentares cotians. O culto dirixiase aos Penates e aos Lares , personificacions mitico-rituais dos antepasados [ 3 ] , e ao Xenio , especie de "dobre" que protexia o individuo. O xenio era a esencia abstracta do individuo, non existindo nunha forma corporea.

Os ritos funerarios, que terminaban o noveno dia tras o enterro ou inhumacion , prolongabanse no culto regular dos "pais defuntos" ( divi parentes ) ou Manes . Duas festas eranlles consagradas: as Parentalia , en febreiro, e as Lemuria , en maio [ 16 ] .

  • Durante as Parentalia , os maxistrados non ostentaban as suas insignias , os templos eran fechados, os fogos extinguidos sobre os altares e non se contraia casamento. Os mortos retornaban e servianse do alimento depositado sobre os tumulos. Pero era sobre todo a pietas a que calmaba os antepasados.
  • Durante os tres dias das Lemuria (9, 11 e 13 de maio), os mortos (" lemures ") retornaban e visitaban as casas dos seus descendentes [ 16 ] . A fin de calmalos e de impedir que arrastrasen consigo alguns vivos, o paterfamilias enchia a boca de fabas negras e, mentres cuspia, pronunciaba nove veces as seguintes palabras: " Con estas fabas redimo a min e aos meus ". Finalmente, facendo barullo cun obxecto de bronce para amedrentar as sombras, repetia nove veces: " Manes de meus pais, afastadevos de aqui [ 17 ] ".

Eran os rituais que garantian as relacions entre o home e a relixion. Garantir os ritos representaba a certeza do mantemento da sociedade como a querian, ordenada e segura [ 12 ] . Ao respectar as regras de comportamento, como o respecto aos deuses, sobre todo nos seus espazos, ao curvarse baixo a autoridade dos rituais, o cidadan garantia a orde social e a paz divina.

Festivos e festivais [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Festas romanas .
Este fresco mostra un home romano celebrando un festival relixioso, probabelmente as Compitalia .

O calendario romano mostra cerca de corenta festivais relixiosos. Alguns duran moitos dias, outros so un ou menos. A traves do calendario romano que se conece hoxe, suponse que festivais oficiais eran organizados en amplos grupos estacionais que incluian distintas tradicions locais. Alguns dos festivais mais antigos e populares incorporaron xogos ( ludi ; tales como carreiras e presentacions teatrais). Outros festivais necesitaban so da presenza e de ritos dos seus sacerdotes, ou de grupos menores, como as mulleres no rito de Bona Dea .

Outros festivais publicos non estaban no calendario e ocorrian debido a outros eventos. O triunfo dun xeneral romano era celebrado como o cumprimento de votos relixiosos, a pesar destes tenderen a ser ofuscados polo significado politico e social do evento. Durante a Republica , a elite politica competia para superar uns aos outros en exhibicions publicas, e incluironse nos xogos competicions de gladiadores . No Principado , todo tipo de exhibicion ficou baixo o control do emperador: os maiores foron subsidiados polos propios emperadores , e os eventos menores eran promovidos polos maxistrados como un deber sagrado. Festivais e xogos adicionais podian celebrar aniversarios. Outros, como os tradicionais xogos seculares republicanos, marcaban unha nova era ( saeculum ) e eran importantes para manter valores tradicionais e unha identidade romana comun.

O significado e orixe de moitos festivais arcaicos confundian ate mesmo a elite intelectual romana, mais canto mais escuros eran, maior era a oportunidade para a reinvencion e reinterpretacion - algo que non foi perdido nin no programa de reforma relixiosa de Augusto, nin co seu "creador de mitos" da epoca, Ovidio . Nos Fastos , un longo poema escrito por este e que trata dos festivos romanos de xaneiro a xuno, Ovidio presenta un ollada unica ao saber antigo de Roma e a costumes populares e practicas relixiosas que se tornan imaxinativas, divertidas e indecentes. E un traballo descritivo, de imaxinacion e etimoloxia poetica que reflicte o amplo humor e espirito burlesco de respectabeis festivais como os das Saturnalia , Consualia e a festa de Ana Perena nos idos de marzo, onde Ovidio trata o asasinato do recentemente-deificado Xulio Cesar como totalmente fortuito para as festividades entre a poboacion romana.

Poren, calendarios oficiais preservados de distintas epocas e lugares tamen mostraron a flexibilidade na omision e adicion de eventos, indicando que non habia un calendario estatico e autoritario esixido. Ao final do imperio, baixo regras cristias, novos festivais cristians foron incorporados polo cadro romano que xa existia, ao lado de polo menos alguns dos festivais tradicionais.

Rituais de interaccion relixiosa [ editar | editar a fonte ]

Coa expansion de Roma, houbo unha gradual adopcion dos ritos romanos nas cidades do imperio por diversos motivos, como a obtencion de dereitos politicos, a existencia de comunidades romanas nesas cidades e elites locais con intereses nos cultos romanos, pero o principal motivo xerador desa mudanza foron as relacions entre Roma e esas cidades como a presenza do exercito romano ou os lazos sociais con Roma, por exemplo [ 18 ] .

Interpretatio [ editar | editar a fonte ]

O principal mecanismo polo cal a cultura romana entraria nas provincias seria a lei. De entre eses mecanismos destacase a interpretatio , a traves da cal se aceptaba a equivalencia entre os deuses locais e deuses estranxeiros a traves dos seus atributos en comun. E por iso polo que a vision comun que se ten da relixion romana e que e derivada da relixion grega, xa que esa equivalencia e bastante evidente nese caso. O termo interpretatio seria mais correcto que o termo sincretismo , debido ao sentido pexorativo que este recibiu na epoca moderna [ 19 ] .

Os casos mais famosos da interpretatio son provenientes da comparacion entre deuses romanos e gregos: Zeus e Xupiter, Ares e Marte, Atenea e Minerva e Hera e Xuno . Poren, outros deuses vindos das provincias tamen foron asociados, como o celta Dagda e Xupiter e a frixia Cibeles e Magna Mater [ 20 ] .

Acclamatio [ editar | editar a fonte ]

Na Roma Antiga , as divindades romanas tinan dias regulares de festas, pero a sua "presenza" non era correcta, precisando do convite - a un ritual, festival ou a vir en socorro dos celebrantes - e do esforzo daqueles que a convidan para atraer a sua presenza. Un deses recursos e a acclamatio [ 21 ] . O termo acclamatio remite a creacion de versos para " pedir en voz alta en favor ou contra alguen [ 22 ] ".

As acclamationes eran formulas rituais vocalizadas perante unha audiencia con intencion de se obter a aprobacion tanto por parte da divindade como da audiencia, elementos fundamentais na comunicacion entre os humanos e os deuses [ 23 ] . Habia tamen elementos especificos do ritual, como vestimentas especificas, himnos, pregarias, performances musicais, e sinais aromaticos de perfumes e incensos, vino e carnes queimandose no altar [ 24 ] . As acclamationes tinan tres funcions:

  • Funcion propiciatoria, para atraer a atencion da divindade.
  • Funcion testemunal, confirmando o poder da divindade e convidandoa a protexer aquel que a celebraba.
  • Funcion de instauratio (repeticion), que servia para reconciliar alguen cunha divindade ou para retomar un rito no cal ocorrese algun fallo, o que era mais comun [ 18 ] .

Euocatio [ editar | editar a fonte ]

A euocatio era un ritual antigo de guerra, realizado no campamento romano, que prometia as divindades dos pobos inimigos que serian recibidas e adoradas en Roma. Desa forma, primeiro convidaba a divindade coa acclamatio e, despois, realizabase a euocatio [ 19 ] . Ese ritual " revela unha concepcion indoeuropea totalmente oposta a dos semitas : o deus adversario non e un inimigo que ten que morrer co seu rei e co seu pobo; e disponibel e asimilabel " [ 25 ] . Para Le Bonniec , a euocatio seria un rito de excepcion; para outros historiadores, euocatio seria un dos fundamentos da interpretatio [ 19 ] .

Cultos estranxeiros [ editar | editar a fonte ]

Na Roma Antiga, co pasar dos seculos, distintos cultos e divindades foron incluidos no sistema relixioso da cidade. Ainda que por moito tempo as pescudas historicas apuntasen para unha inmutabilidade da realidade ritual , novas tendencias venen sendo dirixidas cara a un intenso proceso de apropiacions e renovacions dos cultos estranxeiros. [ 26 ] A pesar da tolerancia que os romanos tinan cos cultos, deuses e ritos estranxeiros, esta non era de principio. Ao que todo indica, eran tolerantes ao que non parecia ser perigoso, e o contrario ocorria cando algo lles indicaba perigos, como no caso do incidente das Bacanais ocorrido durante a Republica e citado en Tito Livio [ 27 ] . Poren, en xeral, non tinan problemas con moitos cultos e divindades pola semellanza que estes tinan cos seus tradicionais - a interpretatio explicada enriba [ 26 ] .

Mediante unha aceptacion formal do senado , que posuia posicion central na dinamica da relixion, incluindo os cultos, templos e os festivais, moitos cultos estranxeiros entraron na cidade de Roma . O "permiso" de entrada ocorria cando a relixiosidade do "outro" era atestada como non perigosa para a cidade e o pobo romano.

Variando o tempo, na divindade, na necesidade e na ocasion da sua entrada, alguns deuses e deusas tiveron os seus cultos e festivais incluidos no calendario oficial romano , asumindo regularidade, aumentando a importancia e tornandose publico, pro populo , ou sexa, cos seus gastos financiados polo Estado romano e dirixidos ao pobo de Roma [ 28 ] .

Como exemplo desa integracion e oficialidade dos cultos, temos o caso de Magna Mater , que ten sua entrada oficial en Roma no seculo -III , asi como o de Isis , no seculo I .

O culto de Isis [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Isis .
Templo da deusa exipcia Isis en Pompeia .

Un dos exemplos mais conecidos de cultos estranxeiros adoptados polos romanos e o culto a deusa exipcia Isis. Isis foi conecida polos romanos a partir da fundacion de Alexandria en -332 / -331 preto do Delta do Nilo , rexion que foi dominada coa conquista de Alexandre o Grande . O culto a deusa Isis foi introducido en Roma ainda non oficialmente por Tiberio Graco ( -163 a -132 ), o pai dos dous grandes tribunos, poren foi despois proscrito. Durante o Principado , outros deuses exipcios apareceron nos cultos de Roma, como Osiris , (marido-irman de Isis) [ 29 ] [ 30 ] ..

Poren, o culto so foi oficialmente autorizado polo emperador Caligula ( 37 - 41 ), que tamen foi o responsabel do culto ser introducido no calendario romano , que era organizado de acordo coas datas festivas . Isis era a deusa de devocion de Caligula [ 31 ] [ 32 ] e de moitos outros romanos. O culto a deusa tamen foi conecido noutras partes do mundo antigo, como a Britania , pois, coa expansion do Imperio Romano , expandironse tamen os seus cultos e costumes, no proceso cultural que chamamos Romanizacion . Isis foi facilmente aceptada pola poboacion romana nas provincias , e o feito de o seu culto ser adoptado por un emperador facilitou ese proceso.

O imperialismo romano e os "outros" [ editar | editar a fonte ]

A partir dos procesos de romanizacion , que se estableceron na relacion entre as identidades culturais provinciais e a cultura romana , a cidade de Roma tivo acceso e activa interaccion con cidades, pobos, culturas e relixions distintas da sua e distintas entre si, o que levou, inicialmente, a un intenso choque de costumes e habitos.

Cando Roma inicia seu proceso expansionista e imperialista , distintos pobos e cidades son integrados ao seu dominio e as suas practicas politicas, economicas e militares, o que xerou trocos culturais moi frecuentes e mudanzas nas formas de adorar certas divindades, asi como a inclusion doutras ou de certos ritos ao cotian romano.

Observandose a situacion da integracion relixiosa das provincias en relacion ao imperialismo romano, destacase unha vez mais a cuestion da interpretatio , que pola definicion das profesoras Norma Musco Mendes e Uiara Otero , pode ser entendida como

"a identificacion dos deuses nativos con equivalentes romanos, sexa pola asociacion do nome do deus nativo a divindade romana, sexa pola latinizacion pura e simple do nome da divindade indixena, o que comunmente e erroneamente nos fai crer, por exemplo, que divindades como Xupiter e Zeus eran a mesma, poren elas foron interpretadas, a partir de semellanzas, e retratadas como unha soa, por fins, normalmente, politicos. Sumandose a iso, entendese, e ainda a partir dos estudos das autoras enriba citadas, que a integracion de novas divindades, cultos e festivais non se fundamentaba na benevolencia, mais no temor e na precaucion en non desafiar os deuses dos ‘outros’, os cales poderian ser utiles aos romanos [ 33 ] " .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. BELTRAO, Claudia. 2011: 11.
  2. Eliade, 2011: 109.
  3. 3,0 3,1 Eliade, 2011: 110.
  4. 4,0 4,1 Eliade, 2011: 115.
  5. 5,0 5,1 Eliade, 2011: 116.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Eliade, 2011: 117.
  7. Eliade, 2011: 112.
  8. Beltrao, 2006: 14.
  9. McKeown, 2010: 89
  10. Beltrao, 2006: 149.
  11. 11,0 11,1 Eliade, 2011: 113.
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 12,5 12,6 Beltrao, 2006: 143.
  13. McKeown, 2010: 27.
  14. McKeown, 2010: 26.
  15. Eliade, 2011: 114.
  16. 16,0 16,1 Eliade, 2011: 111.
  17. BUSTAMANTE, Regina M. C. Festa das Lemuria: os mortos e a religiosidade na Roma Antiga. Anais do XXVI Simposio Nacional de Historia ? ANPUH. Sao Paulo, julho 2011. Disponibel en: http://www.snh2011.anpuh.org/resources/anais/14/1312828923_ARQUIVO_ANPUH_2011_ReginaBustamante_08ago.pdf .
  18. 18,0 18,1 BELTRAO, Claudia. (2011) p.7
  19. 19,0 19,1 19,2 BELTRAO, Claudia. Interacoes religiosas no Mediterraneo romano:praticas de acclamatio e de interpretatio , p.9.
  20. BELTRAO, Claudia. 2011: 1.
  21. BELTRAO, Claudia. 2011: 12.
  22. ERNOUT-MEILLET, 2001: 124-125.
  23. BELTRAO, Claudia. 2011: 5-6.
  24. BELTRAO, Claudia. 2011: 5.
  25. BAYET, 1984: 122.
  26. 26,0 26,1 BELTRAO, C. A Religiao na Urbs.
  27. Historia de Roma , livro 5, paragrafo 39
  28. BELTRAO. C. Lectisternium: banquete ritual e ordem sagrada na Roma Republicana.
  29. J. Szmodis. The Reality of the Law?From the Etruscan Religion to the Postmodern Theories of Law . Budapest: Kairosz, 2005.
  30. Tellegen-Couperus, Olga. A Short History of Roman Law . London: Routledge, 1993, p. 19?20.
  31. [Petit, P. Histoire Generale de l'Empire Romain, 1, Le Haut-Empire (27 av. J.-C. - 161 ap. J.-C.) . Paris: Editions du Seuil (≪Univers Historique≫), 1974.]
  32. Suetonio , Vida de Caligula , 57.
  33. MENDES;OTERO, 2004: 22.

Vexase tamen tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • ELIADE, Mircea. Historia das crencas e das ideias religiosas . Rio de Janeiro: Zahar, 2011.
  • FUNARI, Pedro Paulo. Grecia e Roma . Sao Paulo: Contexto, 2002.
  • McKEOWN, J.C. O livro das curiosidades romanas . Sao Paulo:Gutenberg, 2010.
  • BELTRAO, Claudia. Interacoes religiosas no Mediterraneo romano :practicas de acclamatio e de interpretatio . Rio de Janeiro. 2011.
  • BELTRAO, Claudia. Interpretatio , solo e as interacoes religiosas no Imperio Romano. In: GONCALVES, A.T. et al. Saberes e Poderes . Rio de Janeiro, 2011.
  • BELTRAO, Claudia. A Religiao na Urbs . In MENDES, Norma Musco; SILVA, Gilvan da Ventura (orgs.). Repensando o Imperio Romano: perspectiva socioeconomica, politica e cultural. Rio de Janeiro: Mauad; Vitoria, ES/; EDUFES,2006, p. 137-159.
  • BELTRAO, Claudia. Lectisternium : Banquente ritual e ordem sagrada na Roma Republicana. In: CANDIDO, M. R. Historia da Alimentacao na Antiguidade. Rio de Janeiro: NEA/UERJ. 2011.
  • MENDES, N.M.; OTERO, U. Religioes e as Questoes de Cultura, Identidade e Poder no Imperio Romano . Phoinix, 11: Rio de Janeiro, 2005: p. 196-220.

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]