Reino de Sicilia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaReino de Sicilia
Regnum Siciliae (la)
Regno di Sicilia (it)
Regnu di Sicilia (scn) Editar o valor em Wikidata

Localizacion
Editar o valor em Wikidata Mapa
  38°35′31″N 16°04′44″L  /  38.5919, 16.0789 Coordenadas : 38°35′31″N 16°04′44″L  /  38.5919, 16.0789
Capital Palermo (1130?1266)
Napoles (1266?1282)
Catania (1282?1401)
Palermo (1401?1816) Editar o valor em Wikidata
Poboacion
Poboacion 1.700.000 (1800) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficial lingua latina
lingua grega
arabe
Lingua siciliana Editar o valor em Wikidata
Datos historicos
Creacion 1130 Editar o valor em Wikidata
Disolucion 1816 Editar o valor em Wikidata
Organizacion politica
Forma de goberno monarquia Editar o valor em Wikidata
Moeda piastra siciliana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Roxerio II de Sicilia.

O Reino de Sicilia (en latin , Regnum Siciliae ; en italiano , Regno di Sicilia ) foi un estado que existiu desde o principio da Baixa Idade Media ate o Congreso de Viena , despois da caida do emperador Napoleon Bonaparte .

A sua orixe remontanse ao ano 1130 , en que foi creado, para Roxerio II , polo antipapa Anacleto II , un reino que comprendia, ademais da illa de Sicilia , os territorios da Peninsula Italica de Calabria , Puglia e Campania , onde se encontraba a cidade de Napoles (que foi capital do reino durante vinte anos, entre 1266 e 1282 ).

Conquista e dominacion normanda (1071-1198) [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Casa de Hauteville .

Antecedentes [ editar | editar a fonte ]

No sinodo de Melfi de agosto de 1059 , o papa Nicolao II investiu a Robert Guiscard (ou Roberto Guiscardo ou Roberto de Hauteville ) como duque de Puglia , Calabria e Sicilia , [ 1 ] exhortandoo a que completara a conquista dos territorios bizantinos . Roberto e o seu irman Roxerio formaban parte dun grupo de mercenarios normandos que foran pagados polos bizantinos , que desexaban expulsar aos sarracenos da Peninsula Italica .

O Condado de Sicilia, precursor do Reino [ editar | editar a fonte ]

Contra o ano 1071 , Roxerio, o irman de Roberto Guiscardo , conquistou a totalidade da illa. En 1072 , tras a conquista de Palermo , Roberto invistiu ao seu irman Roxerio como conde de Sicilia , conecido como o Gran Conde . Con Roxerio I iniciouse a dinastia Hauteville en Sicilia.

Os inicios do Reino [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen : Roxerio II de Sicilia .

En 1130 , o antipapa Anacleto II II investiu a Roxerio II , o fillo e sucesor do Gran Conde Roxerio, como rei de Sicilia, quen se fai seu feudatario , o que provocaria un problema politico cando a dinastia Hohenstaufen tomara o poder no reino de Sicilia. A investidura seria reconecida en 1139 polo papa Inocencio II .

Roxerio II creou unha poderosa frota no Mediterraneo central .

En 1135 conquistou as costas de Tunisia , creando o Reino de Africa (un protectorado do seu Reino de Sicilia).

Os descendentes de Roxerio II, Guillerme I , Guillerme II , Tancredo (fillo ilexitimo de Roxerio II) e Guillerme III (fillo de Tancredo), reinaron en Sicilia desde a morte de Roxerio II, en 1154 , ate 1189 .

Guillerme II non tivo descendencia, polo que nomeou herdeira lexitima a sua tia, Constanza I de Sicilia (irma de Roxerio II).

Esta casou co emperador do Sacro Imperio Romano-Xermanico Henrique VI , o que permitiu a chegada ao poder da dinastia Hohenstaufen .

O papa Clemente III , temendo polos bens da Igrexa en Sicilia ao subir ao poder a dinastia Hohenstaufen, rexeitou o matrimonio entre Constanza e o emperador Henrique VI.

Clemente insta ao emperador a renderlle xuramento de vasalaxe, pero o emperador negase. O papa decide enton dar o seu apoio a Tancredo de Sicilia , fillo bastardo de Roxerio II, que morre en 1194 .

Vexase tamen : Querela das investiduras .

Dominacion Hohenstaufen (1194-1266) [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Dinastia Hohenstaufen .
Henrique VI e Constanza.
Frederico II de Sicilia.

Henrique VI proclamase rei de Sicilia o 25 de decembro de 1194 , en Palermo , xunto coa sua esposa Constanza I de Sicilia .

O seu reinado seria moi curto, xa que morreu en 1197 . Entre esta data e 1220 , o papa intenta frear o poder dos Hohenstaufen en Sicilia.

Vexase tamen : Frederico II de Sicilia .

En 1220 Frederico II , o fillo de Henrique VI, proclamase emperador . No mes de decembro, en Capua, derroga a lei normanda e cancela as concesions que se fixeran en 1189 , para castigar asi aos que aproveitaron o baleiro de poder para facerse fortes.

O Reino de Sicilia poren non tina ningun poder central como nas demais monarquias, e os barons e os bispos usurpaban as prerrogativas reais.

Para poner fin a esta desorde, Frederico II que, ademais de Rei de Sicilia era emperador do Sacro Imperio Romano Xermanico e rei de Chipre e de Xerusalen , promulgou, o 1 de setembro de 1231 , no castelo de Melfi (hoxe na provincia de Potenza , Basilicata ), as chamadas Constitucions de Melfi (tamen conecidas como Constitucion de Melfi e como Liber augustalis ) que constituen unha, pero tamen das mais rendibeis, das realizacions de Frederico II Hohenstaufen.

Tratase dunha serie de leis e normas que rexen a convivencia. Admirador de Augusto , Frederico II, coa axuda do seu chanceler Pierre des Vines, redactou un conxunto de leis chamado Liber augustalis . (Compre dicir, anecdoticamente, que este Liber Augustalis considerase tamen como a primeira coleccion de leis e regulamentos relacionados coa fabricacion de medicamentos ).

Augustal da ceca de Messina a nome de Frederico II

As Constitucions de Melfi son unha reforma dos Assises de Capua (Sesions de Capua) de 1220 , que a sua vez reformaban as Assises de Ariano (Sesions de Ariano), dadas polo seu avo Roxerio II de Sicilia en 1140 . Suponse que o emperador Frederico II foi el mesmo o autor das Constitucions, ainda que a influencia do arcebispo de Capua Giacommo Amalfitano foi notabel.

Inmediatamente foron reprobadas polo papa Gregorio IX porque suponian unha lexislacion exterior e contraria a Igrexa.

Estas Constitucions, inspiradas no dereito romano e no dereito canonico foron feitas para racionalizaren o funcionamento do Estado. Para iso, Frederico instaurou unha centralizacion do Estado e unha simplificacion dos procedementos xudiciais. Por ultimo, para fomentar o comercio, reduciu os impostos. Con elas, Frederico II reorganizou o Reino de Sicilia como unha Monarquia autoritaria cun goberno centralizado, afastado do feudalismo . Estas leis continuaron sendo, cunhas minimas reformas, as leis basicas de Sicilia ate 1819 .

Vexase tamen : Constitucions de Melfi .

Dominacion anxevina (1266-1282) e divison do Reino [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Dinastia Anxevina .
Carlos de Anjou.

Ao subir ao trono Manfredo de Sicilia o papa Clemente IV excomungouno por ser fillo ilexitimo do seu pai Frederico II, devolvendo o Reino de Sicilia ao papado .

Pero en 1262 , Constanza II de Sicilia , filla do anterior rei, Manferdo, casa con Pedro III o Grande , rei de Aragon , de Valencia e conde de Barcelona .

Esta situacion provocou un enfrontamento entre a dinastia Hohenstaufen e a Casa de Aragon , xa que sendo Constanza a herdeira de Manfredo, provocou a antipatia do papa frances Clemente IV, que buscou a axuda en Carlos de Anjou , irman mais novo do seu aliado Lois IX de Francia , san Lois.

As tropas de Carlos de Anjou entraron na illa e loitaron con Manfredo I Hohenstaufen na batalla de Benevento , na que o venceron, e Carlos foi coroado rei de Sicilia en Roma en 1266 , como Calos I de Sicilia, inaugurando asi a dinastia Anxevina .

Baixo o reinado de Carlos de Anjou e, posteriormente, o do seu fillo Carlos II , o norte do territorio foi moi favorecido en detrimento do sur, e asi, entre outras cousas, a capital do Reino foi trasladada de Palermo a Napoles . Esta situacion de dominacion anxevina concluiria coas chamadas Vesperas sicilianas , [ 2 ] que conducen a division do Reino de Sicilia, en 1282 , no Reino da Sicilia peninsular (conecido como reino de Napoles ), baixo dominio anxevino, e o reino de Sicilia insular , o Reino de Trinacria , baixo dominio aragones .

Dominacion aragonesa (1282-1442) [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Casa de Aragon .
Vexase tamen : Vesperas sicilianas .
Pedro III chega a Trapani.
Pedro III. Miniatura de ca. 1315.

Co matrimonio da herdeira legal de Manfredo I , Constanza II de Sicilia , con Pedro III o Grande , o Reino de Sicilia convertese nun dos principais intereses do rei aragones, debido a que alegaba os dereitos da sua esposa ao trono do reino insular.

Cando Pedro III se disponia a facer valer o poder da sua frota no Mediterraneo , os sicilianos rebelaronse contra os Anjou (entre outras causas debido as cargas impositivas que soportaban). A nobreza de Sicilia desexaba un certo grao de autonomia politica e conseguiu expulsar a dinastia anxevina. Non se fixo esperar o contraataque de Carlos de Anjou pero, para poder facer fronte aos anxevinos, os sicilianos invitaron a Pedro o Grande a que reivindicara os dereitos da sua esposa e, segregandose de Napoles , entregaronlle a Pedro III o Reino.

Tras o falecemento de Carlos I en xaneiro de 1285 e de Pedro III de Aragon en novembro dese mesmo ano, o Reino de Sicilia dividiuse en duas partes de forma permanente ( Regnum Siciliae ultra farum , Sicilia, e Regnum Siciliae citra farum , Napoles). Pero como ambos os reis e os seus sucesores intitulabanse como rei de Sicilia, para distinguilos na historiografia empregase rei de Napoles para o da parte continental, e rei de Sicilia para o da parte insular, tamen conecido como rei de Trinacria . [ 3 ] [ 4 ] [ 5 ]

Os conflitos entre os Reinos de Sicilia e de Napoles foron constantes ate que foi elixido papa Benedito XII en 1334 , que tina relacions de amizade con Frederico II de Sicilia , e lle prometeu respecto na Santa Se en Trinacria .

En ningun momento os nobres sicilianos aceptaron a vinculacion da illa co resto dos dominios da coroa de Aragon , fora da union persoal co soberano. Para corresponder a estas exixencias, creouse a figura do vigairo (vicerrei), un alter-ego do propio rei que permitia desdobrar a sua personalidade, sendo o primeiro deles o infante Xoan II de Aragon , duque de Penafiel, nomeado en 1415 . Pero esta medida non acabou de convencer ao Parlamento, que resolveu en 1416 aclamar a Xoan como rei, pero este rexeitou o posto. Para evitar un conflito maior, Afonso V chantou a sua corte en Sicilia , convocou novamente o Parlamento e recibiu o xuramento dos sicilianos: quedaba asi establecida a desexada union persoal de Sicilia ao rei, non a coroa de Aragon . De feito, Sicilia nunca se sentiu integrada na coroa de Aragon, sendo bastantes as revoltas que se orixinaron pola nunca aceptada presenza de nobres da coroa aragonesa na illa.

Os conflitos entre os Reinos de Sicilia e Napoles foron constantes ate que foi elixido papa Benedito XII en 1334 , que tina relacions de amizade con Frederico II de Sicilia , e lle prometeu respecto na Santa Se en Trinacria.

Conquista do Reino de Napoles ( Regnum Siciliae citra farum ) [ editar | editar a fonte ]

Afonso V o Magnanimo .

Os dous reinos resultantes estiveron separados ate 1442 , cando o rei de Aragon Afonso V o Magnanimo conquistou o Reino de Napoles e unificou ambos os Reinos. O Reino de Sicilia desvinculouse da casa de Anjou e constitiuse en dominio dos reis de Aragon , non da Corte nin do Reino de Aragon , senon do propio rei e a titulo individual.

En ningun momento as forzas politicas quixeron ir mais ala, rexeitando toda vinculacion co resto dos dominios da coroa de Aragon , fora da union persoal co soberano, como demostra o Parlamento de 1413 , que exixiu que o rei ou, no seu defecto, o principe herdeiro, puidese ser coroado en Palermo "como rei principal e afastado sen ter dependencia de ningunha outra parte" ( "comu re princhipali et appartatu senza haviri dependencia de altra parte" ).

Para corresponder a estas exixencias, creouse a figura do vigairo (vicerrei), un alter-ego do propio rei que permitia desdobrar a sua personalidade, sendo o primeiro deles o infante Xoan II de Aragon , duque de Penafiel, nomeado en 1415 . Pero esta medida non acabou de convencer ao Parlamento, que resolveu en 1416 aclamar a Xoan como rei, pero este rexeitou o posto. Para evitar un conflito maior, Afonso V chantou a sua corte en Sicilia , convocou novamente o Parlamento e recibiu o xuramento dos sicilianos: quedaba asi establecida a desexada union persoal de Sicilia ao rei, non a Coroa de Aragon . De feito, Sicilia nunca se sentiu integrada na coroa de Aragon, sendo bastantes as revoltas que se orixinaron pola nunca aceptada presenza de nobres da coroa aragonesa na illa.

Dominacion espanola (1442-1713) [ editar | editar a fonte ]

Fernando o Catolico .
Carlos V .
Filipe II .

Esta situacion, incomoda para os reis aragoneses, sufriu varios intentos de variacion ao longo do tempo. Fernando o Catolico quixo minguar bastante a autonomia dos vicerreis, consciente do risco que implicaba o inmenso poder que estes adquirian no desempeno das suas funcions.

Os reis de Espana incorporaron os Reinos siciliano e napolitano aos territorios da sua Monarquia hispanica, e como ambos os Reinos mantiveron o seu sistema administrativo e de goberno separados o un do outro, os reis levaban na sua intitulacion o nome de Rey das duas Sicilias ( Rex utriusque Siciliae ).

Carlos V no tivo mais remedio que volver ao espirito inicial, exixido sempre polo Parlamento siciliano. Pero para minimizar riscos e xa que o vicerreo que nomease era de facto un novo rei, so confiou en persoas extraordinariamente fieis a sua persoa, da sua total e absoluta confianza. Non e de estranar que, cando en 1558 o vicerrei Xoan de Vega describe ao monarca a sua actual posicion lle dixese: "Tamen me podera dicir VM, pois o vicerrei e rei de Sicilia" . Mais tarde, Filipe II intentou novamente unha racionalizacion de tal autonomia, ao pretender que o vicerrei fose un representante do verdadeiro rei. Para isto introduciu importantes cambios: a duracion de cada vicerreinado non teria xa caracter indefinido, senon que seria durante un curto periodo de tempo (maximo, 3 anos), renovacions simultaneas de gran cantidade de altos cargos e mais medidas nesta direccion, para evitar o excesivo arraigo dos vigairos reais no ambito social e politico do territorio. [ 6 ]

O dominio espanol, por unha serie de razons, estivo caracterizado, entre outras cousas, polo empobrecemento de Sicilia. A illa, no seculo XVI foi acosada polo creciente poderio do imperio Otoman e isto levou ao asedio de Malta co conseguiente derrumbamento do comercio no Mediterraneo centro-oriental. Entre os vicerreis espanois destacou Pedro Tellez-Giron y Velasco , duque de Osuna .

Vicerreinado de Osuna [ editar | editar a fonte ]

Cando Osuna tomou posesion do seu novo cargo en Milazzo , o 9 de marzo de 1611 , o reino de Sicilia achabase na miseria. Por falta de credito, a Caixa de Palermo (o erario publico) tivera que declararse en bancarrota e pechar as suas portas. A moeda adulterabase sen recato e a inflacion arruinaba o sufrido pobo siciliano. En Mesina os ladrons asaltaban as tendas a plena luz do dia, en medio da indiferenxa xeral, e era imposibel viaxar sen unha escolta armada. A xustiza era un xoguete dos poderosos, e os carceres estaban cheos. A escuadra estaba desarmada, feita un refuxio de zolados, e sen mais reputacion que a da sua covardia.

Pero pronto o enerxico Osuna puxo remedio a tales males, con xeral aplauso: restituiu o credito da facenda publica, restableceu o peso e a lei das moedas, axustou os impostos as verdadeiras rendas dos contribuintes, equilibrou os orzamentos e fixo aumentar os ingresos. Os caminos foron limpados de salteadores e facinorosos, a autoridade e a liberdade dos ministros de Xustiza, restaurada, e os carceres repletos quedaron ermos e baleiros.

Unha das suas principais preocupacions foi a de reorganizar a Marina , como mellor medio de defender a illa contra as incursions de turcos e berberes . A situacion era desesperada, xa que o vicerrei so contaba con 9 galeras para a defensa da illa, desprovistas de remeiros e bastimentos. Habia tanta escaseza de tripulantes para as galeras como exceso de picaros, esmoleiros con euvas simuladas, que infestaban as ruas das vilas e cidades a as portas das igrexas. Pero o novo vicerrei de Sicilia ideou un sistema de reinsercion que resolveu simultaneamente ambos os problemas, ainda que, cando se retirou en 1616 , todo volveu ser como antes.

Consecuencias da guerra de Sucesion espanola [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Guerra de Sucesion espanola .
Cambios politicos en Europa, 1713.

Ao morrer Carlos II sen herdeiros, nomeou como o seu sucesor a Filipe de Borbon , neto de Lois XIV de Francia . A candidatura ao trono do arquiduque Carlos de Austria era apoiada por Inglaterra , Austria e as Provincias Unidas , que temian a union de Francia e Espana , e, polos territorios da coroa de Aragon , que temian o centralismo borbonico.

Esta situacion desencadeou a guerra de Sucesion espanola ( 1700 - 1713 ). A contenda rematou coa Paz de Utrecht , pola que Filipe se convertia en rei de Espana, pero todas as posesions europeas de cedian aos aliados.

O Reino de Napoles cedeuse a Austria e foi gobernado polo arquiduque Carlos, enton xa convertido en Carlos VI do Sacro Imperio Romano Xermanico , e Sicilia foi cedida a Ducado de Savoia (baixo o reinado de Vitor Amadeo II ) polo tratado de Utrecht . [ 7 ] Pero xa en 1720 Sicilia pasou ao poder dos Habsburgo de Austria .

Reino de Napoles [ editar | editar a fonte ]

Carlos VII [ editar | editar a fonte ]

En 1734 , Carlos de Borbon , por enton Duque de Toscana e fillo de Filipe V de Espana , logo de vencer aos austriacos , apoderouse en 1735 dos Reinos de Napoles e Sicilia coa axuda do exercito espanol ao mando de Jose Carrillo de Albornoz , conde de Montemar, recuperando estes territorios para os borbons . O 10 de maio de 1734 , durante a guerra de Sucesion Polaca , Carlos entrou en Napoles e coroouse rei Napoles (co nome de Carlos VII), e rei de Sicilia un ano despois. Deste modo, conquistou todo o sur de Italia que estaba nas mans de Carlos VI do Sacro Imperio Romano Xermanico . Foi reconecido moi pronto como rei por Francia (en virtude do Primeiro Pacto de Familia). En 1737 reconecerono tamen os Estados Pontificios e, a continuacion, o resto dos Estados italianos. Este mesmo ano, a paz de Viena puxo fin a contenda e o Reino de Napoles conseguiu a autonomia de Espana . A pesar do tratado, continuaron as hostilidades. En agosto de 1744 , o exercito de Carlos III venceu na Batalla de Velletri os austriacos que querian reconquistar o reino.

Carlos III de Espana .

Carlos VII de Borbon e a sua dona Maria Amalia de Saxonia foron moi queridos polos seus subditos e eles traballaron para ganarse ese agarimo, ao pouco tempo de ser o rei trouxo reformas e a modernidade ao seu novo pais, logrando axina a unidade do pobo e o favoritismo deste para o seu rei. Tanto el como os seus descendentes lograron gobernar, reformar e modernizar ao novo estado e ademais lograron o que moi poucos gobernantes puideron, que foi o amor dos suxeitos que ningunha outra dinastia tivo no curso dos seculos (se non de xeito menor), e que se manifestou abertamente durante os anos da invasion napoleonica.

No ambito civil, a situacion economica e social de Napoles a comezos do seculo XVIII era desastrosa, polo que Carlos realizou un proceso de reformas de caracter ilustrado . As primeiras reformas do seu reinado baseabanse na loita contra os privilexios eclesiasticos: en 1741 cun concordato reducironse o dereito de asilo e outras inmunidades, e os bens da Igrexa foron subordinados a fiscalidade. Carlos gobernou Napoles durante mais de medio seculo, notandose no reino unha gran alza na producion agropecuaria e no comercio. En 1755 foron instituidas na Universidade de Napoles as primeiras catedras de Economia e de Astronomia do mundo. Ademais o rei trasladou a residencia real a Caserta onde construiu o Palacio Real de Caserta , actualmente Patrimonio da Humanidade . Tamen construiu o palacio de Portici , o museo de Capodimonte , a Capela de San Severo o Teatro San Carlo , o mais antigo teatro de opera activo no mundo e tamen Patrimonio da Humanidade. Fixo construir un albergue para os pobres e comezou as escavacions en Pompeia e Herculano .

En 1759 Carlos VII abdicou en favor de seu fillo Fernando, o futuro Fernando IV de Napoles , e regresou a Espana para ser coroado rei, pois o seu medio irman, Fernando VI , morrera sen descendencia e el era o seguinte na lina de sucesion.

Fernando IV [ editar | editar a fonte ]

Maria Carolina e Fernando IV, cos seus fillos.

En 1759 , despois da partida do rei Carlos, subiu ao trono Fernando IV de Napoles con so 8 anos de idade. Os principais rexentes do neno foron Domenico Cattaneo, principe de San Nicandro, e o marques Bernardo Tanucci.

En 1768 Fernando IV casou con Maria Carolina de Austria , filla da emperatriz Maria Tareixa I de Austria e irma de Maria Antonieta , raina de Francia . Mentres Fernando IV se preocupou so das relacions coa Igrexa e da construcion de obras publicas, coma a Academia de Arquitectura de Napoles ou a Casa Vanvitelliana, a nova raina participou activamente no goberno do reino.

Nos primeiros anos de goberno, Maria Carolina mostrouse tolerante cos movementos republicanos . Poren, tras a caida de Lois XVI durante a Revolucion Francesa , uniuse a Primeira Coalicion que formaron varios estados europeos contra Francia, instituindo severas persecucions contra todos os sospeitosos de simpatizar coa causa revolucionaria francesa.

En 1816 os dous reinos sicilianos, separados desde 1282 , ainda que comparteran o mesmo soberano, unironse nun so reino, [ 8 ] e os seus soberanos portaron o titulo de Re del Regno delle Due Sicilie .

Periodo napoleonico [ editar | editar a fonte ]

Michele Pezza.

O tratado de Utrecht de 1713 , outorgara Sicilia ao duque Vitor Amadeo II de Savoia , e confirmou e reconeceu a posesion de Napoles ao enton emperador Carlos VI. Tras a guerra da Cuadrupla Alianza , contra a invasion espanola de Sardena e de Sicilia, o tratado da Haia de 1720 , asignou Sicilia ao emperador Carlos VI, pero durante a guerra de Sucesion polaca , as tropas espanolas venceron en 1734 as tropas austriacas en Bitonto e ocuparon o territorio napolitano e, en 1735 , a illa de Sicilia, outorgando ambas as coroas a Carlos de Borbon, duque de Parma e Piacenza. Estas conquistas foron ratificadas en 1738 no tratado de Viena . [ 9 ]

En 1796 o xeneral Napoleon Bonaparte invadiu Italia e venceu con facilidade as tropas austriacas e aos debiles gobernos locais. En 1798 os franceses ocuparon Roma e os xacobinos da codade crearon a Republica Romana . Fernando IV de Napoles enviou un exercito para frear aos franceses. Nun primeiro momento, o xeneral napoleonico Jean Etienne Championnet retirouse de Roma, permitindo que o rei Fernando entrase triunfalmente. Pero logo, Championnet contraatacou e o exercito napolitano non foi capaz de resistir, retirandose cara a Napoles e entregando aos franceses todas as fortalezas dos territorios setentrionais do Reino, incluindo Gaeta . [ 10 ]

O 8 de decembro de 1798 , Fernando IV realizou desde L'Aquila unha proclama pola que chamaba aos cidadans a defender o Reino. Na sua marcha cara a Napoles , o xeneral Championnet encontrou unha forte resistencia de labregos nos Abruzos e o Lacio , destacando a que organizou Michele Pezza , alcumado Fra Diavolo .

Finalmente, os franceses chegaron ate as portas de Napoles. O 22 de decembro de 1798 , o rei Fernando abandonou a capital para trasladarse a Sicilia .
Asi e todo a resistencia foi eficaz, segundo reconeceu o propio xeneral Championnet, pero inutil. Os defensores foron bombardeados polos mesmos napolitanos xacobinos que apoiaban a invasion fransesa e finalmente lograron tomar o Castel Sant'Elmo . Esta contenda, proxima a unha guerra civil , custou a vida de oito mil napolitanos e un milleiro de franceses. [ 11 ]

O 22 de xaneiro de 1799 un grupo de napolitanos xacobinos, entre os cales estaban Mario Pagano , Domenico Cirillo , Nicola Fasulo , Carlo Lauberg e Giuseppe Logoteta , proclamaron no Castel Sant'Elmo a Republica Partenopea (ou Republica Napolitana). Este novo Estado estaba controlado por Francia (era unha das chamadas Republicas irmas da Primeira Republica francesa ) e por non ter apoio popular, sobre todo nas provincias, porque a poboacion era leal ao seu antigo rei e desexaba o retorno da monarquia . [ 12 ]

Restauracion de Fernando IV [ editar | editar a fonte ]

Fabrizio Ruffo.

A finais de xaneiro o cardeal Fabrizio Ruffo viaxou a Palermo para presentar ao rei Fernando un proxecto de reconquista do Reino de Napoles. Aceptado o plan, o cardeal volveu a Napoles onde contou co apoio dos napolitanos. Miles de homes prepararonse para loitar contra os xacobinos en defensa dos borbons . Ruffo creou o Exercito Catolico Real e, o 13 de xuno de 1799 , Fernando IV restaurou a monarquia borbonica.

O 8 de decembro de 1798 , Fernando IV realizou desde L'Aquila unha proclama pola que chamaba os cidadans a defenderen o reino. Na sua marcha cara a Napoles , Championnet atopou unha forte resistencia de campesinos nos Abruzos e o Lacio destacando a que organizou Michele Pezza , alcumado Fra Diavolo .

Finalmente, os franceses chegaron ata as portas de Napoles. O 22 de decembro de 1798 , o rei abandonou a capital meridional para trasladarse a Sicilia . A cidade ficou practicamente indefensa, a excepcion dos Lazaros . A resistencia foi eficaz, segundo reconeceu o propio xeneral Championnet, pero inutil. Os defensores foron bombardeados polos mesmos napolitanos xacobinos que finalmente lograron tomar o Castel Sant'Elmo .
Esta contenda, proxima a unha guerra civil, custou a vida de 8.000 napolitanos e 1.000 franceses.

A Republica Partenopea [ editar | editar a fonte ]

O 22 de xaneiro de 1799 , un grupo de napolitanos xacobinos entre os que estaban Mario Pagano , Domenico Cirillo , Nicola Fasulo , Carlo Lauberg e Giuseppe Logoteta , proclamaron no Castel Sant'Elmo a Republica Partenopea . Este novo estado caracterizouse por estar controlado polos franceses e non ter apoio popular. A republica non tivo exito nas provincias, porque a xente queria a Fernando e reclamaba a monarquia. A finais de xaneiro, o cardeal Fabrizio Ruffo viaxou a Palermo para presentar ao rei Fernando un proxecto de reconquista do Reino de Napoles. Aceptado o plan, o cardeal volveu a Napoles onde contou co apoio dos napolitanos. Miles de homes prepararonse para loitar contra os xacobinos en defensa dos Borbons. Ruffo creou o Exercito Catolico Real , e o 13 de xuno de 1799 , Fernando IV restaurou a monarquia borbonica.

Despois da vitoria en Austerlitz o 2 de decembro de 1805 , Napoleon entrou en Italia e dominou definitivamente Napoles, declarando a fin da dinastia Borbon . En 1808 , Napoleon conseguiu a abdicacion dos ultimos borbons reinantes en Europa: Carlos IV e Fernando VII de Espana , nomeando rei de Napoles e Sicilia ao seu irman Xose Bonaparte . Fernando volveu escapar a Sicilia e negociou un protectorado con Gran Bretana . Xose Bonaparte marchou a Espana para reinar e sucedeuno en Napoles Joachim Murat , que gobernou ata maio de 1815 .

Compre sinalar que Sicilia (o Reino de Sicilia) nunca etivo en poder dos napoleonicos .

O congreso de Viena e o Reino das Duas Sicilias [ editar | editar a fonte ]

O Congreso de Viena , por Jean-Baptiste Isabey , 1819 .
O rei Fernando I.

Tras 20 anos de guerras entre a Francia napoleonica e o resto das nacions europeas , o congreso de Viena , iniciado en 1814 e terminado en 1815 , baseou a reorganizacion do vello continente no "principio de lexitimidade" polo que se devolvian as terras aos seus antigos monarcas.

En Italia esta politica aplicouse con moita elasticidade: a Republica de Xenova foi agregada, contra a sua vontade, ao Reino de Piemonte-Sardena para formar un estado mais forte que frease os franceses. A Republica de Venecia non foi restaurada. E malia ter contribuido a derrota de Napoleon, o reino meridional non so non obtivo os pretendidos senorios papais de Benevento e Pontecorvo senon que perdeu o estratexico enclave mediterraneo da illa de Malta en favor de Inglaterra .

O rei Fernando pagou un caro prezo por recuperar o seu reino: renunciou a Malta o que tamen implicaba unha reducion do 10 % sobre os dereitos aduaneiros de importacion dos seus produtos. O rei Fernando declarou:

O punto dos meus dereitos de soberania sobre Malta debe ceder ao interese maior, que hoxe e recuperar o meu Reino de Napoles .

Tamen o rei napolitano debeu asinar o 12 de xuno de 1815 un tratado secreto con Austria polo que se comprometia a non cambiar as institucions politicas do Reino e a outorgarlle 25.000 homes (que se reduciron a 13.000 o 4 de febreiro de 1819 ) en caso de guerra.

Consonte co que decidiu o congreso de Viena, Fernando emitiu un decreto polo que unificaba os Reinos de Napoles e de Sicilia no novo Reino das Duas Sicilias . Entre o 8 e o 11 de decembro de 1816 , a constitucion siciliana de 1812 foi substituida polos novos institutos parlamentarios independentes.

Durante os anos 1860 e 1861 , o Reino das Duas Sicilias foi conquistado e incorporado ao Reino de Piemonte-Sardena .

O Reino de Sicilia deixou de existir e foi incorporado ao recentemente nacido Reino das Duas Sicilias: o rei asumiu asi o titulo de rei Fernando I do Reino das Duas Sicilias.

Mapas historicos do Reino de Sicilia [ editar | editar a fonte ]

Lista de soberanos de Sicilia (e Napoles) [ editar | editar a fonte ]

Ver Lista de soberanos de Sicilia e Napoles

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Rosamond McKitterick, David Luscombe, Jonathan Riley-Smith, Paul Fouracre, Timothy Reuter, David Abulafia, C. T. Allmand, Michael Jones (2004). The New Cambridge Medieval History IV . Cambridge University Press. Pax. 107.
  2. I Vespri siciliani
  3. Jose Maria de Francisco Olmos (2003): El ≪Coronato≫ napolitano. Una moneda documental y propagandistica. Arquivado 24 de setembro de 2016 en Wayback Machine . Revista General de Informacion y Documentacion , Vol. 13, num. 1. Universidad Complutense de Madrid, pax. 58.
  4. John Platts (1825): A universal biography: chronologically arranged... . Sherwood, Jones & Co., Vol. 3, pax. 473.
  5. Gaetano Moroni (1854): Dizionario di erudizione storico-ecclesiastica . Vol. XLV, pax. 199.
  6. Felipe II y el Gobierno de Italia , Manuel Rivero Rodriguez, Sociedad estatal para la conmemoracion de los centenarios de Felipe II y Carlos V, ISBN 84-95146-10-X , Edita Closas-Orcoyen, Paracuellos del Jarama 1998, pp. 17 e 72.
  7. Cesion de Sicilia a Savoia , 13 de xullo de 1713.
  8. Diccionario geografico universal ... (1831). Imprenta de Jose Torner, tomo III, pax. 176 .
  9. Pietro Colletta (1840). Histoire de Naples Depuis Charles VI Jusqu'a Ferdinand IV, 1734-1825 . Librairie historique de l'advocat, pag. 20 .
  10. De Saint Albin, Alexandre Rousselin de Corbeau (1860): Championnet, general des armees de la Republique francaise: ou les Campagnes de Hollande, de Rome et de Naples .
  11. Albanese, Camillo (1998): Cronache di una rivoluzione: Napoli 1799 . Milan: FrancoAngelo. ISBN 88-464-1070-X .
  12. Real Casa de Borbon de las Dos Sicilias. "El Cardenal Ruffo y las manifestaciones filoborbonicas" Arquivado 17 de marzo de 2010 en Wayback Machine ..

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Indro Montanelli e Roberto Gervaso (1967): "L'Italia dei secoli d'oro. Il Medio Evo dal 1250 al 1492", en Storia d'Italia . Milan: Rizzoli Editore.
  • Benito Li Vigni (1992): Il vicere: Domenico Caracciolo, un riformatore nella Sicilia del Settecento . Napoli: Tullio Pironti. ISBN 88-7937-057-X .
  • Harold Acton (1997): I Borboni di Napoli (1734-1825) . Firenze: Giunti Editore. ISBN 88-09-21079-4 .
  • Santi Correnti (1999): Storia della Sicilia . Roma: Newton & Compton. ISBN 88-8289-264-6 .
  • Franco Cardini e Marina Montesano (2006): Storia medievale . Firenze: Le Monnier. Col. Universita/Storia. ISBN 88-00-20474-0 .
  • Domenico Ligresti (2006): Sicilia aperta, secoli XV-XVII. Mobilita di uomini e di idee . Palermo: Associazione Mediterranea. ISBN 88-902393-2-8 .
  • Valentina Favaro (2009): La modernizzazione militare nella Sicilia di Filippo II . Palermo: Associazione Mediterranea. ISBN 978-88-902393-9-7 .
  • Salvatore Agati (2009): Carlo V e la Sicilia. Tra guerre, rivolte, fede e ragion di Stato . Catania: Giuseppe Maimone Editore. ISBN 978-88-7751-287-1 .
  • Hubert Houben (2009): Federico II. Imperatore, uomo, mito . Bologna: il Mulino. ISBN 978-88-15-13338-0 .

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]

  • Regno di Sicilia en Treccani.it ? Enciclopedie on line, Istituto dell'Enciclopedia Italiana , 15 de marzo de 2011. Consultado o 6 de outubro de 2016 (en italiano ) .