한국   대만   중국   일본 
Reino de Hungria - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Reino de Hungria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaReino de Hungria
Magyar Kiralysag (hu) Editar o valor em Wikidata

Himno Himnusz Editar o valor em Wikidata

Localizacion
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
  47°N 19°L  /  47, 19 Coordenadas : 47°N 19°L  /  47, 19
Estado desaparecido Imperio Austrohungaro Editar o valor em Wikidata
Capital Budapest (1873?) Editar o valor em Wikidata
Poboacion
Lingua oficial lingua hungara Editar o valor em Wikidata
Relixion Igrexa catolica Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Comparte fronteira con
Datos historicos
Precedido por
Creacion 1000 Editar o valor em Wikidata
Disolucion 1 de febreiro de 1946 Editar o valor em Wikidata
Sucedido por Republica Popular de Hungria (1918-1919) e Republica da Hungria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Evento clave
4 de xuno de 1920 Tratado de Trianon Editar o valor em Wikidata
Organizacion politica
Organo lexislativo Dieta da Hungria (pt) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Moeda Coroa austrohungara Editar o valor em Wikidata

O reino de Hungria fundouse coa coroacion de Estevo I de Hungria , no ano 1000 . O seu nome orixinario era Vajk e descendia das tribos maxiares . O seu pai Geza fundou unha dinastia monarquica seguindo o exemplo das de Europa occidental . O reino estableceuse na rexion de Pannonia , antiga provincia romana invadida polos maxiares.

Estevo rematou en 1006 a pacificacion do territorio e forzou a cristianizacion e feudalizacion do novo estado. Incorporou pequenos reinos, como Croacia e os territorios de Eslovaquia oriental.

No 1242 este pequeno pero puxante reino sufriu a invasion dos mongois. Baixo Bela IV de Hungria , a despoboacion e pauperizacion do territorio era un feito. Por isto, e trala retirada dos invasores asiaticos, mandou construir unha lina de defensa consistente en fortalezas e prazas fortes, o que provocou o endebedamento do rei e a preponderancia das maiores casas nobres.

Union co sacro imperio [ editar | editar a fonte ]

A partir do seculo XIV , os reis foron febles para aplacar os nobres e o reino tivo non poucos problemas para facer fronte o Imperio Otoman . O segundo rei hungaro da cas anxevina (de Anjou) foi Lois I de Hungria ( 1342 - 1382 ) cuxo territorio abranguia dende o mar Negro ata o mar Adriatico . A filla de Lois casa con Sexismundo, entroncando a casa real hungara coa do Sacro Imperio Romano Xermanico na dinastia luxemburguesa.

O derradeiro gran rei hungaro da Idade media foi Matias Corvinus , quen descendera dunha familia nobre. Estendeu as fronteiras o sur contra os otomans e o noroeste contra o imperio xermanico. Durante o renacemento o reino sofre certas revoltas por parte de nobres descontentos e de campesinos, ata que en 1521 Nandorfehervar ( Belgrado ) cae en mans turcas, e o exercito hungaro e vencido na batalla de Mohacs .

Dominacion turca [ editar | editar a fonte ]

En 1556 remata a expansion turca en Hungria e o que queda do reino, en mans da dinastia Habsburgo , dividese. Transilvania pasa a ser un estado vasalo do Imperio Otoman. Burgenland , Eslovaquia e Transdanubia pasan a ser posesions dos Habsburgo baixo o nome de Hungria Real. O titulo de rei de Hungria seria un mero formalismo nos emperadores alemans, xa que a principal parte do reino caera en mans turcas. A poboacion buscou a proteccion do Sultan de Istambul , quen non se meteu nos asuntos internos da poboacion que ficou calvinista na maioria dos casos.

Dominacion austriaca [ editar | editar a fonte ]

En 1686 os austriacos conquistan Buda e en 1718 o reino de Hungria recupera a sua independencia polo tratado de Karlowitz , a capital en enton e Bratislava (hoxe capital de Eslovaquia ). O seculo XVIII caracterizouse pola repoboacion das terras devastadas e a inmigracion de serbios, alemans e austriacos.

Revolucion [ editar | editar a fonte ]

En 1848 estala unha revolucion de corte nacionalista contra o dominio austriaco, pero carece de exito por mor das propias correntes nacionalistas revolucionarias dos pobos do reino (alemans, serbios, croatas; por aquel tempo as cidades de Buda e Pest eran de fala alema). En abril de 1849 , Hungria declara a independencia e o emperador Francisco Xose pide axuda o tsar Nicolao I de Rusia e os exercitos rusos invaden o pais. Ata 1867 o pais queda baixo control austriaco en "resistencia pasiva". Para calma-lo nacionalismo hungaro e por mor de problemas similares noutras partes do imperio, o emperador chega a un acordo coa nobreza liderada por Ferenc Deak , chegando o Compromiso de 1867 que e o Ausgleich .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]