Reino de Granada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaReino de Granada
????? ?????? (ar) Editar o valor em Wikidata

Nomeado en referencia a Granada Editar o valor em Wikidata
Localizacion
Editar o valor em Wikidata Mapa
  37°10′39″N 3°35′24″O  /  37.1775, -3.59 Coordenadas : 37°10′39″N 3°35′24″O  /  37.1775, -3.59
Capital Madinat Gharn??ah Editar o valor em Wikidata
Poboacion
Lingua oficial lingua arabe clasica Editar o valor em Wikidata
Relixion Sunnismo Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Parte de
Comparte fronteira con
Datos historicos
Precedido por
Fundador Muhammad I de Granada Editar o valor em Wikidata
Creacion 1238 Editar o valor em Wikidata
Disolucion 2 de xaneiro de 1492 Editar o valor em Wikidata
Sucedido por Reino de Granada Editar o valor em Wikidata
Organizacion politica
Forma de goberno monarquia hereditaria Editar o valor em Wikidata

O Reino de Granada , foi un estado islamico da Idade Media situado no sur da Peninsula Iberica , con capital na cidade de Granada . Foi fundado en 1238 polo nazari Muhammad ibn Nasr (Alhamar), o seu derradeiro rei foi Muhammad XII , mais conecido coma Boabdil o Chico , derrocado polos Reis Catolicos o 2 de xaneiro de 1492 tras a toma da cidade de Granada, que puxo fin a Guerra de Granada . Tras isto, o reino foi incorporado a Coroa de Castela baixo o nome de Reino Cristian de Granada . O reino nazari de Granada foi o ultimo estado de al-Andalus .

Historia [ editar | editar a fonte ]

Encontro de Boabdil cos Reis Catolicos tras a derrota do Reino de Granada.

Tras a derrota almohade en 1212 na Batalla das Navas de Tolosa , comeza a tomar importancia no sueste de al-Andalus a dinastia nazari , linaxe de orixes arabes cuxo fundador foi Alhamar , quen se proclamou sultan no 1232 , sendo reconecido como tal polas oligarquias de Guadix , Baza , Xaen , Malaga e Almeria . No 1234 declarouse vasalo do poder de Cordoba , pero en 1236 Fernando III conquista a dita cidade e Alhamar fixose vasalo do rei castelan, o que lle permitiu conservar a sua independencia. No 1238 Alhamar ampliou os seus dominios conquistando Granada , pero no 1246 Fernando III arrebatoulle Xaen, para consolidar as suas conquistas no val do Guadalquivir , o que obriga a Alhamar a firmar o Pacto de Xaen, no que reconecia o rei cristian como senor daquel territorio e se obrigaba a pagar as parias para conseguir paces de vinte anos.

No 1305 os nazaris conquistaron Ceuta , ainda que no 1309 o Reino de Fez a reconquistou grazas a axuda dos aragoneses . No 1325 , tras o asasinato do seu pai Ismail I de Granada , Muhammad IV accedeu ao trono de Granada. No 1333 , arrebatou Alxeciras e Xibraltar aos castelans, ainda que non puido gozar dos seus exitos militares posto que foi asasinado ese mesmo ano, aos 18 anos de idade, sendo sucedido polo seu irman mais novo Iusuf I. No 1348 os nazaris conquistaron Ceuta por segunda vez e a volveron perder no 1387 . Tras isto, o reino queda baixo o goberno de distintos soberanos que foron incapaces de manter o control do territorio. Sucederonse as disputas dinasticas ata que no ano 1492 , durante o goberno de Boabdil , os Reis Catolicos puxeron fin ao reino conquistando a capital e facendo que o rei capitulase ante os soberanos cristians ese mesmo ano.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]