한국   대만   중국   일본 
Refraneiro galego sobre o burro - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Refraneiro galego sobre o burro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ben vai a vella na burra cando e sua
O burro o sol fai sombra
  • A burra e a muller polo pico lles entra a fermosura .
  • A burra e a muller, a paus hainas que tanguer .
  • A burro froxo, arrieiro tolo que lle malle o lombo .
  • A burro morto, cebada o rabo .
  • A burro novo, aparello vello .
  • A burro pardo, arrieiro arroutado .
  • A burro vello, a millor cebada e o pior aparello .
  • A burro vello, albarda nova .
  • A burro vello, mudalle o alimento e darache o pelexo .
  • A burro vello, pouco verde .
  • A carne de burro non e transparente .
  • A carne de man a calquera burro na dan .
  • A conta do burricon comemo-lo requeixon [ 1 ] .
  • A conta dos burros comen os agudos [ 2 ] .
  • A muller beilar e ao burro ornear, o diano debeillo ensinar [ 3 ] .
  • A vergonza era verde e comeuna un burro .
  • Ala vai, ala vai, o burro tras da nai [ 2 ] .
  • Ala vai, ala vai, o burro tras de sua nai .
  • Arrieiro rabudo, malla na albarda e malla no burro .
  • As amatas do meu burro fixeron de min albeitar .
  • Asegun sea o burro ten que ser a albarda .
  • Asno morto, a cebada o rabo .
  • Bachiller en artes, burro en todas partes .
  • Ben burro e quen burro ten, pero inda e mais burro quen, podendo, non o ten .
  • Ben burro e quen tendo burro viaxa a pe .
  • Ben sabe o burro onde ornea .
  • Ben sabe o burro onde ornea, cando quer el ornear .
  • Ben vai a vella na burra cando e sua [ 4 ] .
  • Boi corvo, burro combo e cabalo fondo .
  • Burra vella non aprende andadura e, se a aprende, pouco lle dura .
  • Burro cargado de ouro consigueo todo .
  • Burro de moitos, comeno os lobos .
  • Burro lavado, xabron perdido .
  • Burro pexado non salta valado .
  • Burro que entra na leira allea, saira dela carregado de lena .
  • Burro sexa quen con burro leirea .
  • Burro sexa quen ser burro queira .
  • Burro sexa quen a burro protexa .
  • Burro vello tamen quer a sua cebada .
  • Cando esta o pelexo a porta sinal de que a burra e morta .
  • Cando nace a vasoira nace o burro que a roa .
  • Cando o burro pode, a burra non quer .
  • Cando o burro ven o lugar, todos o queren montar .
  • Cando todos che digan que es burro, ornea .
  • Cando un burro ornea o outro baixa a orella .
  • Cando un burro ornea, sempre hai outro que escoucea .
  • Canto mais burro, mais peixe .
  • Chanzas con burros acaban en couces .
  • Contos de probes, peidos de burras vellas .
  • Cos burros viven os agudos .
  • Cousas de burros acaban en couces .
  • Dame un maridino rico, ainda que sexa un borrico .
  • De burro abaixo non hai pior besta .
  • De burro para baixo non hai besta de menos monta .
  • De Lugo, nin boa besta nin bo burro .
  • De Lugo, nin boa besta nin bo burro, mais montadores, os millores .
  • De pequeno, rei; de mozo, capitan; de casado, burro; e de vello, can .
  • De pequeno, rei; de mozo, galan; de casado, burro; e de vello, can .
  • Deixade ao mestre, ainda que sexa un burro .
  • Des que a besta vai no po, xo, burra, xo! .
  • Des que o burro entra no illo, ¡xo burro, xo!
  • Dixo o burro o mulo: arre ala, orelludo .
  • Dixolle o burro as coles: 'pax vobis' .
  • Dixolle o burro o mulo: tirate ala, orelludo .
  • Do burro abaixo non hai menos besta .
  • Dous Xans e un Pedro fan esta-lo burro quedo .
  • E como os burros da Limia, que apanan o vino e beben auga .
  • En Lugo, nin boa besta nin bo burro .
  • En marzo, nin o rabo do burro mollado .
  • Este mundo e un fandango, e quen nono baila e un asno .
  • Fainas o burro e pagaas a albarda.
  • Hai cabalos tolos e burros cordos [ 5 ] .
  • Hai moitas burras do mesmo pelo .
  • Hai moitos burros da mesma cor do coiro .
  • Hai moitos burros do mesmo pelo .
  • Home casado, burro escarallado .
  • Home casado, burro estropeado .
  • Home casado: home pretudo, xordo coma un mudo e orellas coma un burro .
  • Home mozo que non troula, nin fuma, nin xoga, nin bebe, nin bica, nin cuspe no curro, mais que home e burro [ 6 ] .
  • Home que non troula, nin fuma, nin xoga, nin bebe, nin bica, nin cuspe no curro, mais ca home e burro .
  • Ir a cabalo do burro, e andar o seu precuro [ 4 ] .
  • Ir cabaleiro no burro, e andar o seu precuro [ 4 ] .
  • Ir por besta e volver por burro e un viaxe papudo [ 7 ] .
  • Lavar a cabeza a un burro, gastar tempo e xabon .
  • Leite de cabra e leite de burra danse camino da sepultura .
  • Magoas alleas matan os burros [ 2 ] .
  • Mais facil e o burro ornear que o sabio responder .
  • Mais facil e o burro perguntar, que o sabio responder .
  • Mais que cen de pardal, vale unha de asnal [ 8 ] .
  • Mais val burro vivo que sabio morto .
  • Mais val un burro vivo que un cento mortos .
  • Mais val unha asnal ca cento de pardal .
  • Mais vale pequeno e agudo que grande e burro .
  • Maldicions de burro nunca ao ceo chegan .
  • Muller casada? burra e amolada .
  • Muller que do cuco fiou, ou era moi burra ou cucar desexou .
  • Na provincia de Lugo non hai boa besta nin bo burro, pero manteadores, dos millores .
  • Nin bo Pedro, nin bo burro negro, nin bo lameiro por riba do rego .
  • Nin bo Pedro, nin bo burro negro, nin bo lameiro por riba do rego, nin de sabugueiro un bo vencello, nin de cunado un bo consello .
  • Nin burro orneante, nin home rallante .
  • Ningun burro se quedou calvo .
  • Non e o mel pra boca do burro [ 9 ] .
  • Non esta feito o mel pra boca de burro .
  • Non hai Pedro bo, nin burro negro, nin lameiro por riba do rego .
  • Non levaran por ben o burro a auga se el non ten gana .
  • Non merques burro de recoeiro, nin cases con filla de mesoneiro .
  • Non poder dar no burro e dar na albarda.
  • Non se sabe o que pode ensinar a muller a bailar e o burro a ornear .
  • Non tentes dar auga o burro se non a quere .
  • O burrino de san Sadornino cada dia mais cativino [ 10 ] .
  • O burrino de Vicente ten a carga e non a sente .
  • O burrino de Xose leva rabo e non o ve .
  • O burro diante, pra que a recua non se espante .
  • O burro diante, pra que non se espante .
  • O burro do vilan e mulo no vran .
  • O burro do xitano, en vendo o pan alonga o paso [ 11 ] .
  • O burro do xitano, en vendo o pau alonga o paso .
  • O burro e o carro, a carga o rabo .
  • O burro non anda senon coa albarda e a carga .
  • O burro o sol fai sombra .
  • O burro pequenino sempre e borriquino .
  • O burro que mais traballa, mais axina cansa .
  • O burro que moito carga, logo rompe o aparello .
  • O burro sofre a carga, mais non a sobrecarga .
  • O burro traseiro que zarre o boqueiro .
  • O can oubea e o burro ornea [ 12 ] .
  • O dia que me casei, un burrino aluguei [ 13 ] .
  • O fillo do burro ben sabe ornear [ 14 ] .
  • O home cuco vive do home burro .
  • O home, cando e rapaz e rei; de mozo, capitan; de casado, burro, e de vello can .
  • O home, de menino rei, de mozo, galan, de casado, burro, e de vello can .
  • O primeiro de abril van os burros a onde non deben ir [ 15 ] .
  • O que burro vai a Roma, burro ven a volta .
  • O que che e burro tanto e eiqui como en Lugo .
  • O que e burro, Diolo mate .
  • O que e burro, tanto e aqui como en Lugo .
  • O que e burro, verte as papas .
  • O que esta acolleito cando chove, e ben parvo se se move; e se se molla, e ben burro se se anoxa .
  • O que nace burro, burro morre .
  • O que o burro gaba, tal fillo lle naza .
  • O que os vinte non e home e os corenta non e rico, ten algo de borrico .
  • O que os vinte non e home, os trinta non se casa, os cuarenta non ten casa e os cincuenta non e rico, ¡arre borrico!
  • O que perde o burro e atopa a albarda, xa non sofre tanta perda .
  • O que se para o lado do fuso, ou e burro ou non ten uso .
  • O que ten besta e anda a pe, ben burro e [ 7 ] .
  • O que ten besta e anda a pe, mais besta e [ 7 ] .
  • O que ten burro e vai a pe, ben burro e .
  • O que vive probe e morre rico, e ben borrico .
  • Onde burros andan, ali escoucean .
  • Onde cai o burro danselle os paus .
  • Onde canta un crego e ornea un burro, ali nunca falta un peso duro [ 16 ] .
  • Onde canta un crego, moe un muino e ornea un burro, nunca faltara un duro .
  • Onde os burros andan, ali escoucean .
  • Onde vai o burro vai a albarda .
  • ¿Onde vas Sindo? A levar este burro ao pilon .
  • Orneos de burro non chegan o ceo .
  • Polo san Pedro, burro quedo .
  • Polo San Pedro, o burro quedo .
  • Polo san Xoan, calquera burro gana o pan .
  • Por algo Deus non lle deu cornos os burros .
  • Por culpa do burro mallan na albarda .
  • Por non andar, ornear .
  • Porque un burro dea un couce non se lle ha corta-la pata .
  • Posto no burro, atura-las azoutas .
  • Pra boca do burro non se fixo o mel .
  • Pros enfermos do peito, o leite de burra e remedio feito .
  • Que queira que non queira, o burro ha de ir a feira .
  • Quen a burros favorece, couces merece .
  • Quen os vinte anos non se casa, i os trinta non ten casa, i os corenta non e rico, ese e un borrico [ 17 ] .
  • Quen perde o burro e atopa a albarda, iso gana .
  • Quen ten burro e non vai nel, mais burro e el .
  • Se che dixeren dous que es burro, ornea .
  • Se non fora polo rabo emprenaba a burra .
  • Se os burros ornean moito, non sairas enxoito .
  • Se todolos burros trouxeran albarda, os albardeiros moito ganaban .
  • Segundo sexa o burro, ten que ser a albarda .
  • Tres Xans e un Pedro fan estar o burro quedo .
  • Turra, turra, Xan, pola burra. Pedro non quero que son caballero .
  • Val mais burro ser, que con burros debater .
  • Val mais pequeno agudo que grande e burro .
  • Vale mais cativo agudo que grande burro .
  • Vale mais pan duro, que consello de burro [ 18 ]
  • Vezouse o burro nas verzas, e non deixou verdes nin secas .
  • Xogan os burros e paganas os arrieiros .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: comemolo .
  2. 2,0 2,1 2,2 Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.
  3. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. muller .
  4. 4,0 4,1 4,2 Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. ir .
  5. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. cabalo .
  6. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. home .
  7. 7,0 7,1 7,2 Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. besta .
  8. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. pardal .
  9. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. mel .
  10. San Sadurnino, 19 de novembro.
  11. Probable erro por pau .
  12. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. can .
  13. Di a muller.
  14. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. fillo .
  15. Por Ourense, as bromas do dia dos inocentes non se celebran o 28 de decembro senon o primeiro de abril ( dia das petas ). Elixio Rivas Quintas (1978).
  16. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. crego .
  17. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. ano .
  18. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. pan .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]