한국   대만   중국   일본 
Receptor de radio - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Receptor de radio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Receptor de radio rectangular.
Receptor de radio.

Un receptor de radio , tamen chamado simplemente radio , e un dispositivo electronico capaz de recibir sinais vocais emitidos por unha emisora de radio a traves de ondas electromagneticas.

Funcionamento [ editar | editar a fonte ]

Basicamente, un receptor de radio consiste nun circuito electrico, desenado de tal forma que permita filtrar ou separar unha corrente pequenisima, que se xera na antena, por efecto das ondas electromagneticas (o fenomeno conecese como inducion electromagnetica) vidas polo aire (ainda que non necesariamente, pois poden viaxar por calquera medio, incluso no baleiro) para logo amplificalas selectivamente, miles de veces, e envialas cara a un elemento cun electroiman, que e o altofalante , onde se transforma a informacion electrica en son. Neste circuito hai un condensador variabel, que nas radios antigas ia pegado a un boton de mando de modo que ao xirala variaba a capacidade do condensador. O efecto da variacion da capacidade do condensador no circuito e filtrar correntes de distinta frecuencia , e xa que logo escoitar o transmitido por distintas radioemisoras.

Receptor de galena [ editar | editar a fonte ]

O receptor de radio mais simple que podemos construir e o denominado nas orixes da radio receptor de galena . Chamabase asi porque o material semicondutor que se empregaba como diodo detector era unha pequena pedra deste material sobre a que facia contacto un fino fio metalico ao que se denominaba barba de gato. Este componente e o antecesor inmediato dos diodos de xermanio ou silicio utilizados na actualidade. Este receptor rudimentario so permite a audicion de emisoras potentes e non moi afastadas, xa que non dispon de amplificacion de ningun tipo.