한국   대만   중국   일본 
Raza (clasificacion dos seres humanos) - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Raza (clasificacion dos seres humanos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Europa sostida por Africa e America. William Blake , 1796.

Raza  refirese as clasificacions dos  seres humanos en poboacions  grandes e relativamente diferentes ou grupos , moitas veces baseados en factores arbitrarios, tales como o aspecto e as caracteristicas fenotipicas  herdadas ou a ascendencia xeografica. A mesma persoa poderia ser considerada legalmente dunha raza nun pais e doutra diferente nun pais distinto .

A distancia xenica Fst media entre as poboacions humanas e aproximadamente 0,125. Lewontin (1972) argumentou que isto representa unha pequena variacion racial. [ 1 ] Harpending (2002), polo contrario, argumentou que tal distancia implica parentesco entre individuos da mesma poboacion equivalente ao parentesco entre medios irmans nunha poboacion que se aparea aleatoriamente, e que unha persoa dunha certa poboacion esta xenericamente mais proxima a un individuo non relacionado da mesma poboacion que a un medio irman de raza mixta. [ 2 ]

Terminoloxia [ editar | editar a fonte ]

O termo tamen pode estar influenciado por trazos tales como a  cultura , a  etnia e a situacion socioeconomica. [ 3 ] Como un termo bioloxico, raza denotaria as poboacions humanas, xeneticamente diverxentes que poden estar marcadas por trazos fenotipicos  comuns. [ 4 ] [ 5 ] [ 6 ] Neste senso, a racializacion e as veces usada por antropologos e forenses na analise do esqueleto, na investigacion biomedica e na medicina baseada na raza. [ 7 ] [ 8 ] [ 9 ]

O estudo dos trazos comuns entre os pobos tamen se fai a traves das linas etnicas, coa participacion da historia dos grupos endogamicos. Os grupos raciais poden corresponder cos patrons de  estratificacion social , axudando os cientificos sociais  a entender as diferenzas subxacentes entre os grupos raciais definidos de persoas. Ademais, a policia usou a raza para crear perfis de sospeitosos buscados de xeito expeditivo.

Raza unica [ editar | editar a fonte ]

Antropologos e biologos argumentan que a especie humana esta composta por unha unica raza dividida en diferentes etnias que, a sua vez, estan divididos en pobos (vexase por exemplo grupos etnicos de Europa ). Estas teorias antropoloxicas apareceron na decada de 1960 , en parte como reaccion contra teorias cientificas relacionadas co predeterminismo bioloxico , o segregacionismo e a discriminacion racial hexemonica naquel momento en paises occidentais. Os resultados das investigacions dos antropologos Franz Boas e Claude Levi-Strauss tamen tiveron influencia, destacando as tendencias etnocentricas de cada cultura. Na sua declaracion A cuestion racial , de 1950 , a UNESCO recomendou substituir a nocion de raza humana, considerada pouco cientifica e confusa, pola de etnia, baseada mais nas diferenzas culturais (lingua, relixion, costumes e outros).

Na antropoloxia moderna, hai un amplo consenso cientifico de que non hai razas humanas no sentido bioloxico. [ 10 ] [ 11 ]

A raza non existe, nin bioloxica nin cientificamente. Os homes pola sua orixe comun, pertencen ao mesmo repertorio xenetico. As variacions que podemos ver non son o resultado de diferentes xenes. Se de "razas" se tratase, so hai unha "raza": a humana.
Jose Marin Gonzales [ 12 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. https://link.springer.com/chapter/10.1007/978-1-4684-9063-3_14
  2. https://www.jstor.org/stable/27503827
  3. Institut d'Estudis Catalans , ed. (2010). "Raca" . Consultado o 30 de xaneiro de 2011 .  
  4. Thompson, William; Joseph Hickey (2005). Pearson, ed. Society in Focus (en ingles) . Boston, MA. ISBN   0-205-41365-X .  
  5. Aaanet.org, ed. (17 de maio de 1998). American Anthropological Association Statement on "Race" (en ingles) . Consultado o 30 de xaneiro de 2011 .  
  6. Palmie, Stephan (2007). Genomics, divination, 'racecraft' (en ingles) . pp. 205?22. doi : 10.1525/ae.2007.34.2.205 .  
  7. Gill G. Pbs.org, ed. "Does Race Exist? A proponent's perspective" (en ingles) . Consultado o 30 de xaneiro de 2011 .  
  8. George Armelagos; Diana Smay (2000). Transforming Anthropology, ed. "Galileo wept: A critical assessment of the use of race in forensic anthropolopy" (PDF) (en ingles) . pp. 19?29. doi : 10.1525/tran.2000.9.2.19 . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de agosto de 2018 . Consultado o 30 de xaneiro de 2011 .  
  9. Bloche, Gregg M. (2004). New England Journal of Medicine 351, ed. "Race-Based Therapeutics" (en ingles) . pp. 2035?2037. PMID   15533852 . doi : 10.1056/NEJMp048271 . Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2009 . Consultado o 30 de xaneiro de 2011 .  
  10. American Association of Physical Anthropologists (27 de marzo de 2019 ); Declaracion da AAPA sobre a raza e o racismo. Consultado o 19 de xuno de 2020 https://physanth.org/about/position-statements/aapa-statement-race-and-racism- [ Ligazon morta ]
  11. "A resposta a pregunta de se existen razas nos humanos e clara e inequivoca: non". Templeton, A. ( 2016 ). EVOLUCION E NOCIONS DE RAZA HUMANA. En Losos J. & Lenski R. (Eds.), How Evolution Shapes Our Lives: Essays on Biology and Society (pp. 346-361). Princeton; Oxford: Princeton University Press. doi   10.2307/j.ctv7h0s6j.26 .
  12. Marin Gonzales, Jose. ??Bioxeneticamente as “razas” non existen, pero si o racismo, como ideoloxia. Educational Dialogue Magazine, Curitiba, v. 4, n.9, p.107-113, maio/ago. 2003

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]