Ramon Gomez de la Serna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamon Gomez de la Serna

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 3 de xullo de 1888 Editar o valor em Wikidata
Madrid, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 12 de xaneiro de 1963 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura cemiterio de San Justo de Madrid 40°24′07″N 3°43′44″O  /  40.401886, -3.728825 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo Historia moderna (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupacion escritor , xornalista , autobiografo , xurista Editar o valor em Wikidata
Membro de
Interesado en Madrid Editar o valor em Wikidata
Xenero artistico Gregueria Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua castela Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Parella Carmen de Burgos Editar o valor em Wikidata
Pai Javier Gomez de la Serna y Laguna Puig (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Parentes Ismael Gonzalez de la Serna ( curman ) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0350889 Bitraga: 3601 Dialnet: 276155 Find a Grave: 7620513 Editar o valor em Wikidata
Monumento a Ramon Gomez de la Serna

Ramon Gomez de la Serna , nado en Madrid o 3 de xullo de 1888 e finado en Buenos Aires o 13 de xaneiro de 1963 , foi un escritor vangardista , xeralmente adscrito a Xeracion de 1914 de literatura espanola ou ao Novecentismo , e inventor do recurso narrativo conecido como gregueria .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Fillo dun notable xurista, publicou o seu primeiro libro con catorce anos, e era xa avogado con dezasete, se ben non chegou a exercer a profesion: o afan literario absorbeuno. Viaxou por Europa e America e empezou a sua carreira literaria no xornalismo, onde destacou polo seu caracter orixinal, exercendo unha rebelion imaxinativa e nihilista contra unha sociedade anquilosada, burguesa e sen expectativas; procurou, en efecto, renovar o panorama literario espanol importando as literaturas de vangarda, que foi a conecer a Francia ; o respecto escribiu o seu libro Ismos . El, e Guillermo de Torre nun plano mais erudito, foron os principais divulgadores das literaturas de vangarda en Espana. Escribiu en El Sol , La Voz , Revista de Occidente e El Liberal . Entre as suas excentricidades contanse dar unha conferencia montado sobre o trapecio dun circo en Madrid, desde o lombo dun elefante en Paris, subido a un farol de gas en Xixon e nun tugurio de xitanos e chulos de Granada (un deles ameazouno cunha pistola mentres preguntaba o auditorio: ≪ ¿Le mato ya? ≫. Foi un dos tres membros estranxeiros da Academia Francesa do Humor xunto con Charles Chaplin e Pitigrilli . Estivo ligado sentimentalmente a tamen escritora e xornalista Carmen de Burgos , Colombine .

Creou unha celeberrima formula de literatura de vangarda , oposta o transcendentalismo da maxima , a gregueria , que definiu como ≪ humorismo + metafora = gregueria ≫. Un exemplo: ≪ La Zeta es un siete que oye misa ≫; escribiu miles delas, e tamen cultivou a novela ( La quinta de Palmyra , El torero Caracho , Gran Hotel , Seis falsas novelas , Cinelandia , La Nardo , El novelista , La mujer de ambar , Las tres gracias , Piso bajo , El chalet de las rosas ...), a biografia ( Goya , Azorin , El Greco , Mi tia Carolina Coronado , Efigies , Retratos contemporaneos , Nuevos retratos contemporaneos , Solana , Quevedo , Lope viviente , Valle-Inclan ...), o teatro ( Los medios seres , El doctor inverosimil ), o ensaio ( Lo cursi y otros ensayos , El Rastro , Cartas a las golondrinas , Morbideces , Pombo , Entrando en fuego , El libro mudo , Tapices , El teatro en soledad , Senos , Variaciones , Ramonismo , Ismos , Elucidario de Madrid , Cartas a mi mismo , Los muertos e las muertas , Libro Nuevo ...), coleccions de greguerias ( Greguerias , Flor de greguerias , Total de greguerias ), e a autobiografia ( Automoribundia ), todos eles xeneros nos que deixou pegada do seu particular xenio inclasificable.

Con Azorin fundou o PEN Club espanol e foi ademais secretario do Ateneo de Madrid . Tivo unha frecuentada tertulia no Cafe de Pombo, a que asistiron alguns dos seus amigos, como o pintor Jose Gutierrez Solana , que o retratou varias veces. O estalido da guerra civil espanola , sorprendeu a Gomez de la Serna en Madrid. Figura entre os fundadores da Alianza de Intelectuais Antifascistas para a Defensa da Cultura. Pese a iso, en agosto decide marchar con Luisa Sofovich a Bos Aires, co pretexto de asistir o congreso internacional do PEN Club. Terminou decantandose polo bando ≪nacional≫, manifestando o seu apoio a sublevacion mediante un documento xunto con outros escritores, ademais de entregar unha suma cuantiosa de dineiro para financiar armas o servizo dos nacionais. A sua casa madrilena foi saqueada, desaparecendo todalas suas pertenzas. La tertulia de Pombo de Solana e trasladado o Museo do Prado , que en 1939 o devolveria o cafe.

Morreu en 1963 en Bos Aires, despois de pasar varios anos nun hospital gravemente enfermo. O 23 de xaneiro os seus restos chegaron a Madrid, onde permanece enterrado no Panteon de homes ilustres da Sacramental de San Xusto, xunto a tumba de Mariano Jose de Larra . En Bos Aires, unha placa recorda o lugar onde habitou, na rua Hipolito Yrigoyen 1900, no barrio de Balvanera .

A sua casa natal conservase na rua Guillermo Roland, unha rua do Madrid vello, proxima o Palacio Real , o Senado , o Teatro Real ou a Porta del Sol .

Obra [ editar | editar a fonte ]

Ramon Gomez de la Serna (1928)

≪Ramon≫, como lle gustaba que o chamaran, escribiu un centenar de libros, a gran maioria traducidos en todolos idiomas principais. Divulgou as vangardas europeas desde a sua concorrida tertulia , no cafe de Pombo, inmortalizada polo seu amigo o pintor e escritor expresionista Jose Gutierrez Solana . Escribiu especialmente biografias onde a personaxe destacada era en realidade unha escusa para a divagacion e a acumulacion de anecdotas verdadeiras ou inventadas.

Cultivou un teatro moi innovador, proximo a estetica surrealista , sendo a obra que mellor a expon Los medios seres , que chegou a representarse pero non foi entendida polo publico madrileno, pouco habituado as extravagancias vangardistas. Tamen sentiu interese polo madrilenismo castizo e encontrou unha forma de renovar o costumismo que se utilizara na sua descricion na metafora do Rastro de Madrid , o que dedicou o seu libro El Rastro , onde os obxectos infortunados e abandonados son salvados pola sua evocacion lirica.

Da sua extensa producion literaria, mais de cen titulos entre novelas, ensaios, biografias e teatro, o mais destacable e a introducion das vangardas europeas en Espana (o seu libro Ismos , por exemplo, que introduciu un novo vocabulo no dicionario castelan) e a invencion dun xenero literario novo: as greguerias. Esta e unha sentenza enxenosa e en xeral breve que xorde dun choque casual entre o pensamento e a realidade. O propio inventor a define esquematicamente do seguinte modo: ≪ Humorismo + metafora = Gregueria ≫.

A imaxe na que se basea a gregueria pode xurdir de forma espontanea, pero a sua formulacion linguistica e moi elaborada, pois debe recoller sintetica, enxenosa e humoristicamente a idea que se quere transmitir.

O efecto sorpresivo obtense a traves de:

  • A asociacion visual de duas imaxes: ≪ La luna es el ojo de buey del barco de la noche ≫.
  • A inversion dunha relacion loxica: ≪ El polvo esta lleno de viejos y olvidados estornudos ≫.
  • A asociacion libre de conceptos ligados: ≪ El par de huevos que nos tomamos parece que son gemelos, y no son ni primos terceros ≫.
  • A asociacion libre de conceptos contrapostos: ≪ Lo mas importante de la vida es no haber muerto ≫.

Gomez de la Serna dedicou o longo da sua vida numerosos libros a este novo xenero, que cultivaba asiduamente en seccions fixas dos xornais e o consagraria como un dos escritores mais conecidos das letras espanolas: Greguerias (1917), Flor de greguerias (1933), Total de greguerias (1955) etc. Este xenero, de feito, serviu para renovar a anquilosada idea da metafora e da imaxe poetica que posuia a estetica literaria espanola e anticipou o Surrealismo.

O seu caracter critico e sarcastico vese reflectido nas novelas e relatos breves, en especial en obras como El Chalet de las rosas (1923), analise da psicoloxia criminal; El torero Caracho (1926), vision grotesca do ambiente taurino, e El caballero del hongo gris (1928), descricion do mundo da va aparencia e a superficialidade. Destacables son tamen as suas novelas eroticas, Senos (1918), La viuda blanca y negra (1918), La mujer de ambar (1927) e La Nardo (1930). En La quinta de Palmira , por outra parte, trata o tema da homosexualidade feminina .

Escribiu un libro de memorias en dous volumes, titulados Automoribundia e Nostalgias de Madrid (1955).

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]