한국   대만   중국   일본 
Ramon Cabrera - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Ramon Cabrera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamon Cabrera

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 27 de decembro de 1806 Editar o valor em Wikidata
Tortosa, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 24 de maio de 1877 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Virginia Water (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion militar , militar carlista Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua catala e lingua castela Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militar Xeneral Editar o valor em Wikidata
Conflito Primeira guerra carlista e Segunda Guerra Carlista Editar o valor em Wikidata
Outro
Titulo Duque Editar o valor em Wikidata
Fillos Maria Teresa Luisa de Cabrera (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Nai Maria Grino (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1130795

Ramon Cabrera y Grino , nado en Tortosa o 27 de decembro de 1806 e finado en Wentworth o 24 de maio de 1877 , foi un xeneral carlista espanol .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Fillo de Jose Cabrera, marino da marina que morreu aos poucos anos pero que deixou a familia en boa posicion social. A sua nai casou tras a morte do seu home e Ramon pasou a estudar no seminario de Tortosa, onde se amosou como un alumno dificil, sempre envolto en pelexas e con pouco interese no estudo, ainda asi tomou as ordes menores en 1825 , seguiu estudando pero o bispo de Tortosa, Victor Saez, rexeitou ordenalo como sacerdote. Tras a morte de Fernando VII, Cabrera foi un dos Voluntarios Realistas que se negaron a obedecer a orde de desarmamento e as autoridades de Tortosa decidiron envialo a Barcelona , Cabrera conseguiu fuxir e refuxiouse en Morella, onde se uniu as forzas do pretendente Carlos .

Baixo as ordes de Manuel Carnicer, Carlos ascendeuno a coronel en 1834 e tras a captura e execucion de Carnicer polos liberais, quedou ao mando das tropas carlistas do Maeztrazgo e o Baixo Aragon, e logrou derrotar unha e outra vez aos xenerais isabelinos e aumentar o territorio baixo o seu control, pero tamen destacou pola crueldade dos seus metodos. A fins de 1835 tina baixo o seu mando a 4.000 homes e ainda que unha derrota en Molina de Aragon freou temporalmente o seu avance, ainda que dende Cantavieja conseguiu xuntar de novo as suas partidas, creou unha xunta auxiliar gobernativa e editou o Boletin del Ejercito Real de Aragon, Valencia y Murcia . Tras o fusilamento dos alcaldes de Torrecillas e Valdealgorfa por orde de Cabrera a comezos de 1836, o xeneral Agustin Nogueras ordenou o fusilamento da sua nai, o que tan so conseguiu que a loita se volvera mais sanguinenta e comezou a ser conecido como O Tigre do Maeztrazgo Entre xuno e novembro de 1836, colaborou co xeneral Miguel Gomez Damas na expedicion que percorreu Andalucia e Estremadura . De maio a outubro de 1837 participou na Expedicion Real, que encabezaba o pretendente Carlos Maria Isidro e que chegou as portas de Madrid .

En xaneiro de 1838 conquistou Morella e converteuna na capital do territorio baixo o seu control, e o pretendente nomeouno conde de Morella. Non aceptou o convenio de Vergara que asinaron os xenerais Baldomero Espartero e Rafael Maroto e que puxo fin a guerra carlista no norte. Cabrera quedou como unico xeneral da causa carlista. En maio de 1840 Espartero conquistou Morella e Cabrera fuxiu ao norte de Cataluna, onde permaneceu ata que en xullo cruzou a fronteira francesa. O goberno frances mantivoo confinado durante alguns meses ata que lle permitiu marchar a Inglaterra . Cabrera opuxose a abdicacion do pretendente no seu fillo Carlos Luis que se produciu en 1845. En 1848 durante a Segunda Guerra Carlista entrou en Espana e puxose a fronte das partidas carlistas en Cataluna, Aragon e Valencia, pero en abril de 1849, derrotado, cruzou a fronteira francesa, onde as autoridades francesas detiveronno ata que a fins de ano pode volver a Inglaterra, onde en 1850 casou cunha rica propietaria, Marianne Catherine Richards, e en 1854 fixou a sua residencia en Wentworth , preto de Londres e arredouse dos seus antigos camaradas, ainda que seguiu a formar parte da Comision Rexia de Paris e en outubro de 1869 asumiu a xefatura militar e politica do carlismo, creou unha Xunta Central Militar e organizou as bases dun novo partido, a Asociacion Catolica-Monarquica, malia iso as discrepancias co pretendente e con notables figuras do carlismo levaron a sua dimision en marzo de 1870. En 1875 reconeceu a Afonso XIII como lexitimo rei de Espana e o goberno espanol confirmou o seu titulo de Conde de Morella e o rango de capitan xeneral do exercito.