한국   대만   중국   일본 
Rurik - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Rurik

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRurik

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 830 Editar o valor em Wikidata
Morte c.   879 Editar o valor em Wikidata (48/49 anos)
Novgorod Editar o valor em Wikidata
Gran Principe de Novgorod
862 ? 879 ? Igor de Kiiv  → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Novgorod Editar o valor em Wikidata
Relixion Paganismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion monarca Editar o valor em Wikidata
Periodo de tempo Xeracion do seculo X Editar o valor em Wikidata
Outro
Titulo Knez Editar o valor em Wikidata
Familia Dinastia Ruricovich Editar o valor em Wikidata
Conxuxe Efanda
Fillos Igor de Kiiv Editar o valor em Wikidata
Irmans Sineus e Truvor Editar o valor em Wikidata
Parentes Oleg de Kiiv () Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Rurik-11
Os varegos na Rus de Kiiv , por Nicholas Roerich ( 1899 ).

Rurik ou Riurik (en ruso , Рюрик ; en nordico do leste Rørik , que significa "famoso lider"), nado contra 830 e finado contra 879 , foi un xefe varego que se fixo co control das ribeiras do Ladoga en 862 e fundou o asentamento de Holmgard ( Rurikovo Gorodische ) cerca de Novgorod .

Foi o fundador da dinastia Rurika , que gobernou a Rus de Kiiv e despois o Principado de Moscova ate o seculo XVI . [ 1 ] [ 2 ] [ 3 ]

Nome [ editar | editar a fonte ]

As runas ru R ikr representando o nome en nordico antigo Hrœrekr na pedra runica U 413, da epoca viquinga , na igrexa de Norrsunda, Uppland , Suecia .

Riurik e o nome eslavo antigo que corresponde ao nome xermanico "Rodrigo". Nas linguas xermanicas: Hrodric (en antigo alto aleman ), Hroðricus (en ingles antigo). En nordico antigo, Hrœrekr (noruegues, islandes) e Hrør?kr ou Rørik (danes, sueco), dos cales se deriva Rurik .

Tamen aparece en Beowulf como Hr?ðr?k .

Historia [ editar | editar a fonte ]

Rurik no Tsarski Tituliarnik , 1672.
O monumento Milenario de Rusia de Novgorod que conmemora o milenario da chegada de Rurik a Novgorod.
Vexase tamen : Cronica de Nestor .

Existe debate sobre a forma na que Rurik chegou a controlar a zona do lago Ladoga e a cidade de Novgorod . A unica informacion sobre el encontrase na Cronica de Nestor do seculo XII , que afirma que:

"chudos, eslavos, merias, veses e kriviches levaron os varegos mais ala do mar, rexeitaron pagarlles tributo e estableceronse para gobernarse a si mesmos "

Despois as tribos comezaron a pelexar entre si e decidiron invitar a Rurik para restablecer a orde.

Rurik conservou o poder ate a sua morte, contra 879 . Casara con Efanda (Edvina Alfrind Ingrid) de Urman. Os seus sucesores (os dinastia Rurika ), [ 4 ] poren, trasladaron a capital a Kiiv e fundaron o Estado da Rus de Kiiv , que perdurou ate 1240 , a epoca da invasion mongol . Unha serie de familias principescas superviventes descenden por via patrilineal de Rurik, ainda que o ultimo rurikida que gobernou Rusia , Basilio IV , morreu en 1612 .

Orixe disputada [ editar | editar a fonte ]

Ainda que alguns historiadores enfatizan as raices folcloricas da lenda de Rurik e, polo tanto, consideran a Rurik como unha figura lendaria, hai unha controversia sobre as suas orixes etnicas en Europa Oriental .

Segundo a Cronica de Nestor , Rurik foi un dos rus' , unha tribo varega comparabel segundo o cronista cos daneses, suecos, ingleses e nativos de Gotland . No seculo XX, os arqueologos en parte corroboraron a version que dos acontecementos fixo a Cronica. Poren, descubriuse que o asentamento de Staraia Ladoga , cuxos alicerces se atribuiron a Rurik, foi de feito establecido a mediados do seculo VIII . Ceramica , aparellos domesticos e unha serie de edificios da epoca da fundacion de Rurik correspondense con modelos enton prevalentes en Xutlandia .

Rurik e os seus irmans Truvor e Sineo chegan a Ladoga. Por Viktor Vasnetsov .

Alguns historiadores eslavos (B. A. Ribakov e os seus seguidores, entre eles) argumentan que o relato da invitacion de Rurik tomouse prestada por un cronista proescandinavo dun hipotetico documento nordico . Por exemplo, a Cronica primaria afirma que Rurik chegou a terras eslavas cos seus dous irmans, Sineo e Truvor , aos que enviou a gobernar as cidades de Beloozero e Izborsk , respectivamente. En lugar de relacionar a Sineo con Signjotr a a Truvor con Torvald , suxiren que o cronista leu un documento escandinavo hipotetico e malinterpretou as palabras nordicas sine hus ("sen casa") e tru voring ("con guarda leal") como os nomes dos irmans de Rurik, Sineo e Truvor.

Hai outra teoria segundo a cal Rurik, debido a matrimonios mixtos entre varegos e eslavas , foi de ascendencia mestiza eslavo-varega. Esta teoria basease na informacion do primeiro historiador moderno de Rusia , Vasili Tatischev (el mesmo un rurikida), quen afirmou que Rurik era de extraccion vendica . Chegou ate a nomear a sua nai, Umila, o seu avo materno, Gostomisl e un primo, Vadim . O pai de Rurik, como toda a xente da tribo Rus , provina de Finlandia . Aqueles que consideran que o relato de Tatischev e de boa fe apuntan a que baseou o seu relato na perdida Cronica de Xoaquin .

Investigacion xenetica [ editar | editar a fonte ]

Actualmente esta desenvolvendose un estudo de ADN por parte do profesor polaco Andrzej Bajor , baixo os auspicios do Family Tree DNA Rurikid Dynasty Project (Proxecto da arbore familiar de ADN da dinastia Rurikida), que busca situar a Rurik da maneira mais exacta dentro da luz da historia e fora das sombras da lenda, ao mesmo tempo que intenta encontrar os seus descendentes modernos. Este proxecto busca tamen estudar o ADN da descendencia masculina do gobernante lituano medieval Gediminas (Gedimin), cuxa lina inclue algunhas das mais altas familias principescas de Rusia e Polonia . Os gediminidas casaron cos rurikidas, e existe a posibilidade de que eles incluso descendan de Rurik, ou polo menos dun dos seus antepasados dentro da epoca historica. Ate agora, so dous principes rurikidas modernos accederon a facer a proba de ADN. Os resultados indican que a sua lina masculina se orixinou na provincia de Uppland en Suecia . Polo de agora, un sueco comparte 11 dos marcadores do principe, e cre que a sua propia lina masculina se remonta ao seculo XV en Roslagen . Os resultados de ADN dos modernos principes rurikidas indican que Rurik foi de ascendencia fino-ugra (haplogrupo N3a1 ). [ 5 ]

Ulteriores estudos xeneticos parecen indicar a existencia de dous haplogrupos entre os modernos rurikidas: os descendentes de Vladimir II Monomaco (monomakhoviches) son do grupo N3a1 , tipico do pobo fino-ugro, mentres que os descendentes de Oleg I de Chernigov (olegoviches) son do grupo R1a , tipico dos pobos eslavos . A revista Russian Newsweek indica que a xenealoxia oficial e probabelmente incorrecta, pero deixa a orixe etnica de Rurik sen aclarar. [ 6 ]

Hrorek de Dorestad [ editar | editar a fonte ]

Rorik de Dorestad, tal como o concibiu H. W. Koekkoek.

O unico Hrorek descrito en cronicas occidentais foi Rorik de Dorestad , un konung da casa real de Hedeby . Desde o seculo XIX, houbo intentos de identificalo co principe viquingo Rurik das cronicas rusas. A identificacion de Rurik con Hrorek foi divulgada por Boris Ribakov e Anatoli Kirpichnikov, [ 7 ] pero o eslavista Alexandr Nazarenko oponse a esta identificacion. [ 8 ]

Roerik de Dorestad naceu ao redor de 810/820, fillo de Hemming Halfdansson ou do seu irman Anulo , noveno rei de Hedeby. Os cronistas francos mencionan que recibiu terras en Frisia do emperador Ludovico Pio . Isto non era suficiente para el, polo que comezou a asaltar os territorios vecinos: tomou Dorestad en 850, capturou Hedeby en 857 e saqueou Bremen en 859.

O emperador enfureceuse e privouno de todas as suas posesions en 860. Despois diso, Roerik desaparece das fontes occidentais durante un considerabel periodo de tempo. E nese mesmo momento, en 862, o Rurik ruso chega ao Baltico oriental, construe a fortaleza de Ladoga e mais tarde trasladase a Novgorod . Tal coincidencia e avalada como argumento para xustificar que ambos os dous son a mesma persoa. [ 9 ]

Roerik de Dorestad reaparece nas cronicas francas en 870, cando o seu demesne de Frisia lle foi devolto por Carlos o Calvo . E en 882 xa se menciona que esta morto. A cronica rusa situa a morte de Rurik de Novgorod en 879. Segundo as fontes occidentais, o gobernante de Friesland foi convertido ao cristianismo polos francos. Isto pode ter paralelismo coa cristianizacion do khaganato de Rus, tal como o relata o patriarca Focio en 867.

Gwyn Jones afirma que a comparacion dos dous Rurik, un, caudillo de Frisia, e outro, un Rus', e relativa e de pouca importancia, desmitificando a identificacion de ambos os dous como unha unica persoa; o argumento de Jones sustentase en que non se pode aceptar a non existencia de actividade viquinga en Rusia antes da decada de 850, sobre todo con evidencias literarias e arqueoloxicas. [ 10 ]

Predecesor:
Gostomisl
Principe de Novgorod
862 - 879
Sucesor:
Oleg

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. La noblesse de Russie (1951-1956), Ikonnikov, Nikolai Flegontovich, main author, (Series 1, 27 volumes; Series 2, 3 volumes and 2 supplements. Paris: Nicolas Ikonnikov, 1951), vol. 21 table 159.
  2. Dolgorukie, Dolgorukovy i Dolgorukie-Argutinskie (1869-1913), Dolgorukoi, Vsevolod, (2 volumes. S. Peterburg: IU. Shtaufa, 1869-1913), FHL microfilms 127,768-127,769., p. 28.
  3. Rodoslovnaia Kniga Vserossiiskago Dvorianstva (1906), Durasov, V., (Grad Sv. Petra: [s. n.], 1906), FHL microfilm 127,799., p. 3.
  4. Casa real Ruriokovich Arquivado 13 de decembro de 2012 en Wayback Machine ..
  5. DNA Testing of the Rurikid and Gediminid Princes .
  6. Операция ≪Чистые Рюрики≫ [ Ligazon morta ] Russian Newsweek Nº 52 January 2008.
  7. А.Н. Кирпичников: Сказание о призвании варягов. Анализ и возможности источника // Первые скандинавские чтения. - СПб., 1997. - С. 7-18 (en ruso ) .
  8. Nazarenko A., Rjurik и Riis Th., Rorik // Lexikon des Mittelalters. VII. - Munich, 1995. - P. 880, 1026.
  9. Г. С. Лебедев, Эпоха викингов в Северной Европе, Ленинград, 1985, р. 214. (en ruso ) .
  10. Gwyn Jones, A History of the Vikings , Oxford University Press, 1973, p. 248.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]

Web da Casa Real Rurikovich