한국   대만   중국   일본 
Rio Xordan - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Rio Xordan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xordan
Unha vista do Xordan
Pais Israel , Siria , Xordania , Cisxordania
Nacemento Altos do Golan
Lonxitude 360 km
Conca 17.300 km 2
Caudal medio 30 m 3
Desembocadura Mar Morto

O rio Xordan (en hebreo : ????? ??????????? nehar hayarden ; en arabe : ????? ??????????? nahr al-urdun ) e unha corrente de auga que corre polo Oriente Proximo , na maior parte do seu curso entre terras dos estados de Israel e Xordania . E un rio sen desembocadura en mar aberto, pois faino nun lago, o denominado mar Morto . A sua lonxitude e duns 360 km.

Nome [ editar | editar a fonte ]

Mapa coa conca do Xordan

En hebreo denominase: ??? ????? nehar hayarden ; en arabe : ??? ?????? nahr al-urdun . O nome hebreo parece significar "baixar; descender", o que concorda co seu traxecto, iniciado sobre arredor de 500 m o nivel do mar ate case 400 m por baixo, un desnivel de arredor de 900 m.

A denominacion arabe e o correlato da hebrea, poren popularmente e conecido como Ax-Xariat Al-Kabir 'lugar para beber grande'.

Do rio toman o seu nome Xordania e Cisxordania .

Curso [ editar | editar a fonte ]

O Xordan formase da confluencia doutros tres rios, na rexion do monte Hermon , na cara norte dos Altos do Golan : o Banyas , que ven de Occidente; o Dan , confluente central e o Hasbani , que e o ramal oriental. A direccion do rio logo desa union e decididamente norte-sur. A uns 70 km de percorrido, o Xordan atravesa o pequeno lago Hula (en arabe Bahr al-Hulah ), lixeiramente por encima do nivel do mar, e desde ai, continua durante uns poucos quilometros, ate o mar de Tiberiades ou Xenezaret , do cal rexorde para seguir a depresion de Ghor , que e a continuacion asiatica do Gran Val do Rift africano, sempre en direccion norte-sur ate desembocar na parte setentrional do mar Morto , despois de 360 km de curso [ 1 ] , do cal e practicamente a sua maior fonte de alimentacion hidrica . En case a maior parte do curso, a pouco de deixar atras o lago Hula, o leito esta por debaixo do nivel do mar, alcanzando a maxima profundidade no mar Morto, cuxo nivel, por mor do desecamento sufrido nos ultimos anos, esta nuns -400 m., que constitue a maior depresion terrestre.

Afluentes [ editar | editar a fonte ]

A parte dos tres rios que o orixinan, os tributarios principais do Xordan son:

  • Pola esquerda:
    • O Yarmuk , que e o mais importante dos seus afluentes,
    • O Jabbok , o segundo en importancia,
  • Pola dereita:
    • O Arnon (en arabe Wadi Mujib ).

Problemas ambientais [ editar | editar a fonte ]

En 1964 , Israel puxo en servizo un encoro para extraer auga do Lago Tiberiades. No mesmo ano Xordania construiu unha canle para coller auga do rio Yarmuk, o principal tributario do Xordan, e tamen Siria levantou presas neste mesmo rio. En ambos dous casos para regadios.

Na epoca contemporanea as augas da conca do Xordan, nunha proporcion calculada en arredor do 70% ao 90%, son usadas para consumo humano, o que ten reducido o leito do rio. Isto xunto coa elevada evaporacion que sofre o mar Morto ten reducido o volume deste. As augas menos profundas deste lago desapareceron e no seu canto observanse agora extensas placas de sal.

En setembro de 2006 , o problema aumentou co aumento da contaminacion. Tramos do Xordan foron acoutados so para usos bautismais. A maior contaminacion observase nos 105 km do tramo no val de Ghohr, o que media entre o mar de Tiberiades e o mar Morto. Os ecoloxistas afirman que a polucion practicamente destruiu o ecosistema do rio e reconstruilo pode levar decadas. [ 2 ] En 2007, a seccion de Amigos da Terra en Oriente Proximo declarou o rio Xordan como un dos 100 lugares mais danados do mundo, en boa medido debido a falta de cooperacion entre Israel e os paises arabes circunvecinos. [ 3 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. As diversas fontes consultadas danlle ao Xordan unha lonxitude distinta; asi dentro da Wikipedia o artigo en inges outorgalle 251 km; en aleman daselle 400 (e 175 en lina recta); en frances 360 etc; a vella enciclopedia Espasa asignalle 215, pero di que a cifra se triplica ou cuadriplica "se se contan as suas inumeras curvas"; mais o "Diccionario Enciclopedico Espasa, edicion de 1998, dalle 320; a "Enciclopedia Universal Sopena", edicion de 1963, dalle 260 km; pola sua parte a Encyclopaedia Britannica, Micropaedia, t. V, s.v., Jordan River, di que ten 360 km, cifra con a que nos quedamos dado o prestixio desta fonte
  2. Ramit Plushnick-Masti. "Raw Sewage Taints Sacred Jordan River" . Associated Press . Consultado o 2007-04-10 .  
  3. "Endangered Jordan", Dateline World Jewry , World Jewish Congress , setembro de 2007

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]