Rio Muga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Muga
O Muga preto de Pont de Molins
Pais Espana
Nacemento Montnegre
Lonxitude 58 km
Conca 853,8 km²
Caudal medio 3,34 m³/s
Desembocadura Mar Mediterraneo

O Muga e un rio pirenaico que fai o seu percorrido enteiro pola comunidade autonoma de Cataluna , e que rende as suas augas no mar Mediterraneo despois de 58 km de curso.

Percurso [ editar | editar a fonte ]

O Muga e un rio que corre basicamente de oeste a leste. Nace baixo o Pla de la Muga (1.186 m de altitude), ao sur da montana de Montnegre (1.425 m), no limite entre as comarcas de Vallespir e do Alt Emporda . Desde Hostal de la Muga constitue durante uns 5,5 km o limite fronteirizo francoespanyol.

Recibe principalmente as augas da zona axial dos Pireneos (Roc de Frausa, serra de Les Salines , serra de L'Albera ), atravesa os profundos vales de sedimentos subpirenaicos, bastante tectonizados , e sae, por Pont de Molins , a ampla chaira do Alt Emporda .

Preto de Boadella , nunha garganta epixenica, e represado (encoro de Boadella).

Nos arredores de Peralada recibe o rio Llobregat de Emporda , mais caudaloso que el mesmo, e despois de Vilanova de la Muga , o Manol .

Desemboca no golfo de Roses , entre os pantanos do Emporda e Empuriabrava , logo de 58 km de curso.

Os escombrados non destruiron o antigo estuario nin o peirao medieval, dito o grau de la Muga , ao norte da actual desembocadura da Mugueta , antigo brazo do rio.

Rexime hidrografico [ editar | editar a fonte ]

O seu caudal medio, medido pola (Axencia Catala da Auga) e de 3,34 m 3 /s, basicamente de orixe pluvial.

Nome [ editar | editar a fonte ]

O seu nome remonta a raiz vasca muga , que significa "limite, fronteira", ainda actualmente vivo en vasco e falas dialectais hispanicas, e usual en toponimos espallados pola Peninsula Iberica [ 1 ] . Alude ao feito de que o rio marca unha antiga fronteira, ainda practica hoxe entre Espana e Francia.

Referencias literarias [ editar | editar a fonte ]

O poeta empordanes Carles Fages de Climent utilizou o pseudonimo Lo Gayter de la Muga para disfrazar os seus epigramas , a miudo satiricos , sobre personalidades conecidas da comarca.

Afluentes principais [ editar | editar a fonte ]

Poboacions que bana [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Corominas, Joan, Breve diccionario etimologico de la lengua espanola, s.v., muga