한국   대만   중국   일본 
Qutb Minar - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Qutb Minar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Qutb Minar
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
Pais India India
Localizacion 28°31′33″N 77°11′07″L  /  28.52583, -77.18528
Tipo Cultural
Criterios iv
Inscricion 1993
Rexion da UNESCO Asia
Identificador 233

Qutb Minar (en urdu ??? ????? ) e un minarete de ladrillo que se localiza na cidade de Delhi e que con 72,5 m. e un dos mais altos de Asia [ 1 ] , as escaleiras da torre tenen un total de 379 banzos [ 2 ] e o seu diametro na base e de 14,3 metres mentres na cima e de 2,7 m. O elemento mais caracteristico son as acanaladuras de arestas agudas e arrondeadas que forman a base de numerosas imitacions posteriores [ 3 ] . A sua construcion comezouna no ano 1192 Qutb-ud-din Aibak completandoa o seu sucesor Iltutmish e en 1368, Firoz Shah Tughlak construiu o quinto e derradeiro andar [ 4 ] . Esta rodeado por varias estruturas e ruinas da epoca antiga e medieval, como a propia mesquita a que servia, Qubbat-ul-Islam, e que en conxunto reciben o nome de complexo de Qutb [ 5 ] .

Historia [ editar | editar a fonte ]

O minarete construiuse nas ruinas de Lal Kot, a cidadela vermella dentro da cidade de Dhillika, a capital dos tomars e os chauhans , os ultimos gobernantes hinduistas de Delhi. [ 6 ] Gravado no minarete podese ler "Shri Vishwakarma prasade rachita" ( Realizado coa graza de Vishwakarma ) e na torre hai numerosas inscricions, tanto no alfabeto persa-arabe coma no devanagari. A mesquita a que servia, a Qubbat-ul-Islam localizabase no nordes do minarete, construida por Qutb-ud-din Aibak no ano 1198, e era a mesquita mais antiga construida polos sultans de Delhi.

Varios terremotos e raios danaron o minarete que diversos gobernantes mandaron reparar e renovar. Asi Firoz Shah mandou reparar os dous andares superiores danados por un raio. En 1505 logo dun terremoto Sikandar Lodi reparouno, o que volveu suceder en 1794 reparado por un enxeneiro britanico, substituindo o pavillon da epoca de Firoz Shah polo seu, que se desmontou en 1848 e agora esta no xardin.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Qu?b M?n?r. Encyclopaedia Britannica . Consultado o 2 de maio de 2014
  2. iloveindia.com (ed.). "Facts About Qutb Minar" . Lifestyle Lounge: Travel . Consultado o 27 de xaneiro de 2013 .  
  3. Petersen, Andrew (2002) Dictionary of Islamic Architecture . Routledge, p. 242
  4. Qutb Minar na web do Goberno da India
  5. whc.unesco.org, ed. (2009). "WHC list" . Consultado o 27 de outubro de 2011 .  
  6. Ali Javid e Tabassum Javed (2008). Algora, ed. World Heritage Monuments and Related Edifices in India . p. 107. ISBN   9780875864822 .