한국   대만   중국   일본 
Quinetoscopio - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Quinetoscopio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un quinetoscopio coa tampa aberta, amosando a pelicula: unha cinta sen fin; e o visor superior aberto.

O quinetoscopio foi o percusor do moderno proxector de peliculas desenvolvido por William Kennedy Laurie Dickson mentres traballaba con Thomas Edison .

Historia [ editar | editar a fonte ]

De acordo cos feitos historicos, antes de ter a idea Edison inspirouse nunha visita que fixo a Eadweard Muybridge en 1888 , quen desenvolveu unha invencion a que chamou zoopraxiscopio . Parece ser que a intencion de Muybridge era financiar e promover unha maior colaboracion con Edison na elaboracion dun deseno dunha maquina que puidese emitir son e proxectar imaxes a vez. Neste deseno incluiase o fonografo inventado por Edison.

Enton, Edison, impresionado e inspirado polas ideas de Muybridge, rapidamente e independentemente rexistrou a patente dunha maquina que poderia "facer para os ollos aquilo que o fonografo fai para os oidos". Asignou a tarefa do novo deseno a Laurie Dickson, e decidiu chamar "ao seu" invento como "quinetoscopio" ( kinetoscope ), como resultado da combinacion das palabras gregas " kineto " ( movemento ) e "scopos" (" ver ").

Edison, Dickson e outros traballadores do laboratorio de Edison, realizaron progresos no deseno ata un punto, xa que a idea de facer servir cilindros rotativos so permitiria proxectar animacions demasiado curtas, tendo en conta a limitacion do diametro do cilindro. O proxecto quedou paralizado, pero retomouse logo dunha visita de Edison a Etienne-Jules Marey , un medico e fotografo frances que desenvolvera un "cronofotografo" , co cal facia servir unha tira de pelicula moito mais larga que o diametro de calquera cilindro utilizable.

Os traballos de John Carbutt sobre a pelicula de celuloide ofreceron mais progresos nesta direccion, xa que William Heise , traballando con Dickson nos laboratorios de Edison, incorporou este avance. A pelicula desenouse como un lazo, que serpenteaba ao redor dunha serie de eixes dentro dunha caixa de madeira, e podiase ver mirando ata abaixo dende unha abertura. Asi, os laboratorios desenvolveron unha nova camara para utilizar esta pelicula, o quinetografo .

O 20 de maio de 1891 , a primeira proxeccion publica do prototipo de quinetoscopio de Edison realizouse nos seus laboratorios para unha convencion da Federacion Nacional de Clubs de Mulleres dos EUA . A presentacion publica do quinetoscopio completo tivo lugar no Instituto das Artes e as Ciencias de Brooklyn o 9 de maio de 1893 .

Quinetofono [ editar | editar a fonte ]

O quinetofono foi un primeiro intento de Edison para unificar a imaxe e o son a finais do seculo XIX . Na primavera de 1895 , presentou esta maquina, e dicir, unha pelicula de quinetoscopio sincronizado por unha correa cun fonografo. A primeira pelicula que se mostrou nun quinetofono foi " The Dickson Experimental Sound Film ".

Dickson abandonou o laboratorio e o quinetoscopio caeu en popularidade, e os traballos do quinetofono suspenderonse durante dezaoito anos. En 1913 , Edison presentou un novo quinetofono desenado para sincronizar o son cunha pelicula proxectada nunha pantalla externa, pero ainda persistian os problemas con cortes de pelicula, e cos operadores que estaban mal preparados, o que provocaba desincronizacion co son. O resultado, enton, foi a insatisfaccion da audiencia e a falta de popularidade do quinetofono.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]