Pulga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pulga
Rango fosil: Xurasico medio - Actualidade [ 1 ]

Pulga.
Clasificacion cientifica
Reino : Animalia
Filo : Arthropoda
Clase : Insecta
Subclase: Pterygota
Infraclase: Neoptera
Superorde: Endopterygota
Orde : Siphonaptera
Latreille , 1825
Subordes

Ceratophyllomorpha
Hystrichopsyllomorpha
Pulicomorpha
Pygiopsyllomorpha

Sinonimia

Aphaniptera

Pulga e o nome comun dos insectos da orde Siphonaptera , e presentan un tamano diminuto. Hai mais de 1.500 especies, entre elas a pulga humana ( Pulex irritans ). A maioria das pulgas son parasitas externas que se alimentan do sangue de mamiferos e aves. Estes animais poden transmitir doenzas graves como o tifo e a peste bubonica .

Ciclo vital [ editar | editar a fonte ]

As pulgas pasan por un completo ciclo vital consistente en ovo, larva, pupa e adulto. O periodo en que se completa o ciclo de ovo a adulto varia de duas semanas a oito meses dependendo da temperatura, humidade, alimento e especie. Normalmente, tras se alimentar do sangue, a pulga femia pon entre 15 e 20 ovos por dia ata 600 en toda a sua vida, usualmente sobre o hospede ( cans , gatos , ratas , coellos , esquios , raposos , galinas , humanos etc). Os ovos depositados soltos na pelaxe caen na sua maioria por todos os sitios, especialmente onde o hospedador repousa, dorme ou anina (alfombras, mobles tapizados, caixas de cans e gatos, caixas de area etc).

Os ovos abren entre dous dias a dous semanas despois, de maneira que saen larvas que se atopan nos interiores das casas nas gretas e fendeduras do chan, ao largo dos rodapes, baixo os bordos das alfombras ou en mobles ou camas. O desenvolvemento a intemperie ten lugar en solos de area e grava, (caixas de area humidas, baixos das casas sucios, baixo os arbustos etc.) onde o hospedador pode descansar ou durmir. A area e grava son moi axeitadas para o desenvolvemento larvario, que e a razon pola que as pulgas son chamadas erroneamente "pulgas de area".

As larvas son cegas, evitan a luz, pasan por tres mudas larvarias e tardan dunha semana a varios meses en se desenvolver. O seu alimento consiste en sangue dixerido das feces de pulgas adultas, pel morta, pelo, plumas e outros restos organicos. As larvas non zugan o sangue. As pupas maduran ao estado de adultos dentro dun casulo de seda tecido pola larva, ao que adhiren pelo das mascotas, fibras das alfombras, po, anacos de herba e outros restos. En arredor de cinco a catorce dias, emerxen as pulgas adultas ou poden permanecer en repouso no casulo ata detectar vibracion (movemento de persoas ou mascotas), presion (o animal que hospeda apoiado sobre elas), calor, humidade ou dioxido de carbono (significando que unha potencial fonte de sangue esta preta). A maioria das pulgas pasa o inverno no estado de larva ou pupa con mellor supervivencia e crecemento durante invernos calidos e humidos e a primavera.

Picadura [ editar | editar a fonte ]

As picaduras das pulgas de animais domesticos adoitan presentarse nun primeiro momento dun xeito similar a picadura dun mosquito pero e frecuente que neste primeiro momento non proa. Ao cabo de 12-24 horas comeza a proer de forma intensa pero intermitente, podendo durar unha semana. E habitual que as picaduras presenten unha pequena ampola.

As picaduras presentanse frecuentemente en grupos, seguindo o camino do animal, sendo moi habitual que empece nos nocellos e remate a altura da cintura pois, onde a roupa se axusta ao corpo, adoita supor unha barreira para o seu desprazamento.

Normalmente os sintomas das picaduras de pulgas son leves, ainda que se debe ter coidado con elas xa que poderian chegar a causar infeccions na pel e incluso alerxias.

Pulga de auga [ editar | editar a fonte ]

Talitrus saltator.

Polas suas similitudes (pequeno tamano e movemento a saltos), tamen recibe este nome a pulga de area ou de praia ( Talitrus saltator ), ainda que se trata dun crustaceo que nada ten que ver coa pulga que describe este artigo.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Huang, D., Engel, M.S., Cai, C., Wu, H., Nel, A. (2012). "Diverse transitional giant fleas from the Mesozoic era of China" . Nature , in press . doi   10.1038/nature10839 .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]


Este artigo tan só é un bosquexo
  Este artigo sobre zooloxia e, polo de agora, so un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuir a que a Galipedia mellore e medre .
  Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamen podes contribuir.