한국   대만   중국   일본 
Produto interior bruto - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Produto interior bruto

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Produto interno bruto ≫)

Mapa mundial do GDP e PPP no 2005

O produto interior bruto ou PIB e o valor monetario total da producion corrente de bens e servizos dun pais durante un periodo (normalmente e un trimestre ou un ano). O PIB e unha magnitude de fluxo, pois contabiliza so os bens e servizos producidos durante a etapa de estudo. O PIB e comezado a usar despois da segunda guerra mundial . [ 1 ]

En canto ao calculo do PIB, pode facerse segundo o custo dos factores ou dos prezos de mercado. A relacion entre ambolos dous obtense restando ao PIB valorado a prezo de mercado, os impostos indirectos ligados a producion (Ti) e restandolle as subvencions a explotacion (Su). Aleatoriamente podense agregar, segundo alguns economistas, os royalties .


O PIB e, sen dubida, a macromagnitude economica mais importante para a estimacion da capacidade produtiva dunha economia. Existen outros tipos de macromagnitudes a considerar partindo do PIB: o produto nacional bruto diferenciase do PIB en que so considera a cantidade fluxo de bens e servizos producidos por nacionais dun pais, se ben o PIB non ten en consideracion o criterio de nacionalidade.

PIB total [ editar | editar a fonte ]

E a suma de todolos bens e servizos que produce un pais ou unha economia nun periodo determinado (Aproximadamente dun ano). Analizado dende o punto de vista do gasto ou demanda, resulta ser a suma dos seguintes termos:


nde PIB pm e o produto interior bruto valorado a prezos de mercado, C e valor total do consumo final nacional, I e a formacion bruta de capital tamen chamada investimento. X e o volume monetario das exportacions e M o volume das importacions. Se estamos interesados en distinguir entre consumo e investimento privados e gasto publico G : enton modificamos a formula:

PIB nominal e PIB real [ editar | editar a fonte ]

O PIB nominal e o valor monetario de todolos bens e/ou servizos que produce un pais ou unha economia a prezos correntes no ano corrente en que os bens son producidos. Poren, en situacion de inflacion alta, un aumento substancial de prezos, ainda cando a producion non aumente demasiado, pode dar a impresion dun aumento substancial do PIB. Para axustar o PIB segundo os efectos da inflacion, definese o PIB real como o valor monetario de todolos bens e/ou servizos que produce un pais ou unha economia a prezos constantes. Ese calculo levase a cabo deflactando o valor do PIB segundo o indice de inflacion (ou ben computando o valor dos bens con independencia do ano de producion mediante os prezos dun certo ano de referencia).

PIB per capita [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : PIB per capita .

O PIB per capita (tamen chamado renda per capita ou ingreso per capita ) e unha magnitude que trata de medir a riqueza material disponible. Se calcula simplemente como o PIB total dividido entre o numero de habitantes ( N ):


Por exemplo: os cinco paises con maior PIB per capita en 2006, medido en dolares estadounidenses (US$), son:

  1. Luxemburgo (US$76.224)
  2. Noruega (US$65.785)
  3. Islandia (US$56.364)
  4. Qatar (US$53.539)
  5. Irlanda (US$49.533)

PIB e benestar social [ editar | editar a fonte ]

O PIB e usado frecuentemente como unha medida do benestar material dunha sociedade. Iso motiva que politicamente se usen as cifras de crecemento economico do PIB como un indicador de que as politicas economicas aplicadas son positivas. Poren tanto o propio Simon Kuznets creador da contabilidade nacional que deu lugar ao uso do PIB como indicador economico, como numerosos autores posteriores, criticaron o uso do PIB como sinonimo de benestar social. Certamente existen algunhas correlacions positivas entre PIB e medidas claramente relacionadas co benestar social, especialmente en paises de renda per capita inferior a 4.000 dolares, sendo a correlacion para os paises de rendas altas bastante peor. Debido a estas criticas propuxeronse medidas relacionadas co PIB, que contabilicen as externalidades negativas e o efecto da actividade economica sobre os ecosistemas , para ter unha medida mais inclusiva e mais directamente relacionada co benestar social, como por exemplo o Indice de benestar economico sostible ( IBES ).

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Erria" . erria.eus . Consultado o 2021-01-22 .