한국   대만   중국   일본 
Pristina - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Pristina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPristina
Prishtine (sq) Editar o valor em Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

Localizacion
Mapa
  42°40′N 21°10′L  /  42.67, 21.17 Coordenadas : 42°40′N 21°10′L  /  42.67, 21.17
Estado unitario Kosovo
Distrito (pt) TraducirPristina (pt) Traducir
Municipality of Kosovo (en) TraducirPrishtina Municipality (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboacion
Poboacion 198.897 (2011) Editar o valor em Wikidata (347,72 hab./km² )
Xeografia
Superficie 572 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude 652 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organizacion politica
• Xefe do goberno Shpend Ahmeti Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Codigo postal 10000 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefonico 38 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Paxina web prishtinaonline.com Editar o valor em Wikidata

Pristina ( Prishtina ou Prishtine en lingua albanesa , Приштина ou Pri?tina en serbio ) e a capital de Kosovo , un pais dos Balcans europeos que acadou a independencia o 17 de febreiro de 2008 . Ten 465.186 habitantes, segundo o censo de 2011.

Pristina a actualmente a maior cidade de Kosovo e capital do territorio, esperando unha resolucion definitiva do seu status administrativo. Desde a fin da guerra, a cidade volveu aumentar a sua poboacion e e o principal centro economico, politico e cultural de Kosovo.

A economia da cidade depende de maneira especial dos sectores da alimentacion, os produtos farmaceuticos, a xoieria e os textiles. Na localidade proxima de Sllatina (en albanes) ou Slatina (en serbio), esta o Aeroporto de Pristina , unico aeroporto internacional de Kosovo.

No ano 1960 fundouse a Universidade de Pristina , unica universidade de Kosovo. Durante a epoca iugoslava , as clases impartianse en serbocroata . Dende a fin da guerra, a universidade utiliza case de forma exclusiva o albanes como lingua de instrucion.

O actual alcalde da cidade e Isa Mustafa, representante da Liga Democratica de Kosovo (LDK).

Historia [ editar | editar a fonte ]

Durante o Imperio Romano , a 15 quilometros o sur da moderna Pristina existiu unha extensa cidade chamada Ulpiana . A cidade foi destruida, pero seria restaurada polo Emperador Xustiniano I . Actualmente, a cidade de Lipljan atopase sobre aquela antiga cidade romana .

Despois da caida de Imperio Romano, Pristina naceu das ruinas da antiga cidade romana e debido a sua situacion foi escolleita como rota que conducia cara todalas direccions dos Balcans . Por esta razon, convertendose nun centro comercial importante e como un dos caminos fundamentais para o comercio en Europa do sueste.

Durante o reinado de Milutin ( 1282 ? 1321 ), o Reino de Serbia , debido a prosperidade da zona, traslada a capital do Estado a Pristina; mais, dito status so durou ate a Batalla de Kosovo de 1389 , cando o exercito do Imperio Otoman derrotou ao exercito de coalicion dos Balcans. Posteriormente, toda Serbia seria conquistada polos turcos en 1459 .

O escritor albanes , Pjeter Bogdani , viviu e traballou na cidade por este tempo. Publicou o seu primeiro libro Ceta e Profeteve ( A banda dos profetas ) en 1555 . Durante o Imperio Otoman, a cidade transformouse culturalmente, convertendo a gran parte dos pobos eslavos e albaneses ao islam .

Despois do ano 1870 , os albaneses que habitaban a rexion formaron a “Liga de Prizren” para oponerse a soberania otoma, e acabarian formando un Goberno provisional no 1881 .

No 1912, Pristina, canda o resto de Kosovo, foi brevemente anexionada ao recente Estado Independente de Albania, mais ao ano seguinte, as grandes potencias da zona forzaron a Albania a ceder a rexion a Serbia. No 1918, Kosovo foi incluido en Iugoslavia , ainda que sen autonomia ningunha.

Antes da segunda guerra mundial , a cidade era etnicamente mixta, con grandes comunidades de albaneses e serbios. Os conflitos entre ambos grupos etnicos comezaron a agravarse cando os albaneses de fe musulma son deportados para Turquia como consecuencia dun programade limpeza etnica aplicado polas autoridades serbias. Os musulmans albaneses foron identificados como turcos e asi desafiuzados dos seus fogares tiveron que ir a Turquia, onde moitos deles foron obrigados a cambiar os seus nomes por outros de orixe turca e foron enviados polas autoridades turcas cara as provincias habitadas maioritariamente por armenios e gregos .

A comezos da segunda guerra mundial, a poboacion serbia da cidade viuse minguada debido a persecucion que os serbios sufriron polas tropas alemas. Dende o 1941 ate 1945 , Pristina foi anexada ao Reino de Italia xunto a Albania.

Pristina despois da segunda guerra mundial [ editar | editar a fonte ]

En 1946 , Pristina converteuse na capital da Rexion Socialista Autonoma de Kosovo . Entre 1953 e 1999 , a poboacion aumentou de aproximadamente 24.000 a mais de 300.000 habitantes. Todas as comunidades nacionais creceron durante este periodo, pero o maior aumento deuse na poboacion albanesa, debido a unha crecente migracion das areas rurais cara a capital.

Dende 1953 a 1981 , a poboacion albanesa aumento arredor de 9.000 a 76.000 habitantes. As poboacions serbias, en troques, aumentaron dun xeito mais modesto de 8.000 en 1953 a 21.000 en 1981. A comezos da decada de 1980 , a cidade estaba constituida nun 70 % por albanokosovares .

Ainda que Kosovo estaba baixo o mandato dun membro albanes do Partido Comunista local, a diminucion da economia e a inestabilidade politica a finais da decada de 1960 e comezos dos 80 conduciu a agrmos de malestar nacionalista. En novembro de 1968 , as protestas estudantis de Belgrado estenderonse cara a cidade, mais foron reprimidas polas forzas de seguridade iugoslavas. Algunhas demandas dos estudantes foron atendidas polo goberno de Tito , como o estabelecemento da Universidade de Pristina como unha institucion autonoma. Estas reformas fixeronse despois dun longo periodo onde a lingua albanesa e a bandeira albanesa estaban totalmente prohibidas.

En marzo de 1981, os estudantes da Universidade de Pristina tomaron o edificio como protesta pola mala calidade dos alimentos que o comedor universitario ofrecia. Esta manifestacion, aparentemente sen importancia, rapidamente se tornou de caracter nacional, estendendose a todo Kosovo. Nos meses posteriores as manifestacions masivas fixeronse populares en Pristina e outras cidades. A Presidencia comunista iugoslava mandou reprimir as protestas, declarando o estado de emerxencia e provocando choques entre manifestantes e forzas de seguridade. O resultado foron varios mortos, e moitos detidos e castigados.

Pristina dende a guerra de Kosovo ate a actualidade [ editar | editar a fonte ]

Torres da UNMIK en Pristina

Despois da reducion da autonomia kosovar polo presidente serbio Slobodan Milo?evic en 1990 , un rexime severamente represivo cara a comunidade albanesa foi instalado na cidade e en toda a provincia, sendo moitos albaneses despedidos das industrias e institucions estatais.

A Universidade de Pristina foi vista como un criadeiro do nacionalismo albanes, polo que foi purgada. Despedironse a 800 catedraticos albaneses e 22.500 de 23.000 estudantes foron expulsados. En resposta ao acontecido, os albanokosovares establecen un “goberno de sombra” baixo a autoridade da Liga Democratica de Kosovo (LDK), conducida polo escritor e intelectual Ibrahim Rugova . Ainda que a cidade, formalmente fose controlada polas autoridades serbias que o Goberno de Milo?evic designaba, o LDK estableceu estruturas paralelas, financiadas por contribucions de empresas e institucions privadas, de maneira que tanto a educacion como a saude foronlle proporcionadas aos albaneses que nese momento o Goberno serbio lles negaba.

A partir de 1996 en adiante, o Exercito de Liberacion de Kosovo comezou a atacar forzas iugoslavas e serbias, mais Pristina permaneceu en paz ate marzo de 1999, cando comeza a guerra de Kosovo . A cidade foi declarada en estado de emerxencia a finais de marzo e grandes areas foron sitiadas. Despois de que as forzas aereas da OTAN empezaran a sobrevoar sobre Iugoslavia o 24 de marzo de 1999, a violencia estalla en Pristina. Forzas serbias e iugoslavas xunto a paramilitares serbios tomaron varios distritos da cidade, expulsaron, asasinaron e saquearon en grande escala as poboacions de etnia albanesa. Moitos dos expulsados foron levados en trens ate a fronteira con Macedonia do Norte , onde foron abandonados e forzados ao exilio.

O Departamento de Estado dos Estados Unidos estimou en maio de 1999 que entre 100.000 e 120.000 persoas foron expulsadas de Pristina polas forzas do goberno e os paramilitares .

Ao rematar a guerra, a maioria dos 40.000 cidadans serbios, escaparon de Pristina por temor a represalias. Alguns dos que ficaron foron posteriormente vitimas das cuadrillas albanesas que buscaban vendeta, decrecendo mais a poboacion serbia. Outros grupos etnicos acusados de colaborar coas forzas serbias contra as poboacion albanesas, como os xitanos , foron obrigados a abandonar o lugar, debido aos ataques dos nacionalistas albaneses.

Segundo o Alto Comisionado das Nacions Unidas para os Refuxiados (ACNUR), en agosto de 1999, polo menos 2.000 serbios deixaron a cidade. Mais, o numero de exiliados serbios sufriu un grande aumento tralos disturbios de Kosovo no 2004 .

Cidades irmandadas [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. www.tirana.gov.al (ed.). "Twinning Cities: International Relations" (PDF) . Municipality of Tirana . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de outubro de 2011 . Consultado o 6 de febreiro de 2010 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]