Prisciliano
, nado no ano
340
e axustizado en
Treveris
en
385
, foi un relixioso
heresiarca
galaico-romano
, ainda que non se conece exactamente se naceu na
Gallaecia
ou noutro lugar. En todo caso, e considerado galaico pola exitosa propagacion da sua
herexia
e persistencia de adeptos neste territorio.
Naceu no seo dunha familia de terratenentes e culta, pertencente a mais alta aristocracia da Gallaecia romana (incluso alguns autores sinalan que senatorial), coma moitos dos seus discipulos, Felicisimo, Armenio, Latroniano, Eucroacia, Asarbo e Aurelio). Formouse en
Bordeos
, e un dos seus mestres foi
Delfidio
.
Era seguidor do
gnosticismo
,
maniqueismo
,
ascetico
e
vexetariano
. Despois duns anos de vida mundana comeza unha conversion a vida ascetica e a predicar un
cristianismo
que negaba a existencia do misterio da
Trindade
e priorizaba o estudo dos textos sagrados. Os seus postulados son conecidos como
priscilianismo
, e esta claramente emparentado co gnosticismo.
Defende a igualdade entre homes e mulleres respecto a participacion activa nos templos. Predica a abstinencia de alcol e carne. Non prohibe o matrimonio de monxes e clerigos, ainda que recomenda o celibato, condena a escravitude, utiliza o baile como parte da
liturxia
, acepta o uso dalguns
evanxeos apocrifos
como o de
San Tome
e propugna a eliminacion da xerarquia eclesiastica. Foi acusado de
animista
.
E nomeado
bispo
de
Avila
no ano
380
. O
concilio de Zaragoza
dese ano condenara por
herexia
algunha das suas practicas. Redactou tratados para defender as suas doutrinas e viaxou a
Roma
para entrevistarse co
Papa
, pero non o consegue. No ano 384, en
Bordeos
, comparece perante un tribunal eclesiastico no concilio que o condena por bruxeria e
maniqueismo
, canda os seus seguidores, ainda que grazas a intervencion do bispo de
Tours
,
san Martino
, o proceso mantense en suspension, ate que os bispos Magno e Rufo conseguen levalo ante o
concilio de Treveris
. Asi, no
385
o emperador chamouno a
Treveris
para se defender das acusacions dos seus adversarios. No
386
foi desterrado e xulgado en Treveris, e mediante decreto do emperador
Magno Clemente Maximo
foi condenado a morte por
bruxeria
e
herexia
e decapitado e, segundo a tradicion, guindado da
Porta Nigra
, xunto con catro dos seus discipulos.
Foi o primeiro axustizado por herexia do cristianismo
[
Compre referencia
]
. Curiosamente o propio emperador Maximo foi executado tres anos despois por orde de
Teodosio I
. A pesar da sua morte o priscilianismo continua difundindose, e mesmo se lle rende culto o corpo de Prisciliano, considerado martir polos seus seguidores.
As suas ensinanzas contaron con numerosos seguidores, foi acollida polo pobo en todo o noroeste
peninsular
durante a sua vida e con posterioridade, chegando a sua influencia ata o
seculo VI
. En gran parte a introducion do
cristianismo
en terras galaicas debese a doutrina priscilianista. Tempo despois da sua morte realizaronse varios concilios co tema principal de erradicar a sua doutrina, fortemente enraizada no pobo, como ocorreu no
Concilio de Toledo
do ano
400
(onde os bispos de
Astorga
e
Braga
prestanlle apoio militante), ou os concilios de
Braga
, (o
primeiro
entre
561
e
563
; e o
segundo
no
572
, nos que se declaran anatemas contra proposicions priscilianistas). A mediados do
Seculo V
a presion dos priscilianistas obriga ao exilio ao bispo de Celenes, actual
Caldas de Reis
.
Incluso un seculo despois da sua morte,
Hidacio
atacara a sua doutrina con rabioso sentir, ou anteriormente
Orosio
verase na obriga de defender o seu posicionamento antipriscilianista. Incluso no
IV concilio de Toledo
en
683
condenase como eiva prisciliana o costume de non
cortar o pelo
entre a cleirecia galega.
Prisciliano foi autor duns
Tratados
publicados pola primeira vez en
1889
, xa que foron atopados pouco antes na
Universidade de Wurzburg
.
Por
Sulpicio Severo
sabese que o seu corpo, xunto cos dos seus discipulos, volve a
Hispania
, e en
1900
un eminente haxiografo frances, Mons.
Louis Duchesne
, insinua que foi Prisciliano o enterrado no sepulcro do
apostolo Santiago
, hipotese recollida a partir de enton por numerosos autores. Isto ten pouca credibilidade xa que, segundo
Isidoro Millan Gonzalez-Pardo
, o sepulcro central do Apostolo e o mosaico de marmore que o cobre pertencen a segunda metade do
seculo II
A
Xeracion Nos
recuperara a sua figura e destacaa como figura fundamental na
historia de Galicia
.
En
2018
a
Universidade de Santiago de Compostela
organizou o congreso
O Priscilianismo e Gallecia: Arqueoloxia e Textos
.
[
1
]