한국   대만   중국   일본 
Prisciliano - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Prisciliano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPrisciliano
Nome orixinal (la) Priscilianus Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento c.   340 Editar o valor em Wikidata
Hispania (Imperio Romano) Editar o valor em Wikidata
Morte 385 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (44/45 anos)
Treveris (Imperio Romano) Editar o valor em Wikidata
Causa da morte decapitacion Editar o valor em Wikidata
Bispo de Avila
385 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Relixion Cristianismo e Priscilianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion sacerdote , escritor Editar o valor em Wikidata
Periodo de tempo Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua latina Editar o valor em Wikidata
Outro
Condenado por Herexia Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1077586 BUSC: prisciliano-m-385
Simboloxia priscilianista.

Prisciliano , nado no ano 340 e axustizado en Treveris en 385 , foi un relixioso heresiarca galaico-romano , ainda que non se conece exactamente se naceu na Gallaecia ou noutro lugar. En todo caso, e considerado galaico pola exitosa propagacion da sua herexia e persistencia de adeptos neste territorio.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Naceu no seo dunha familia de terratenentes e culta, pertencente a mais alta aristocracia da Gallaecia romana (incluso alguns autores sinalan que senatorial), coma moitos dos seus discipulos, Felicisimo, Armenio, Latroniano, Eucroacia, Asarbo e Aurelio). Formouse en Bordeos , e un dos seus mestres foi Delfidio .

Era seguidor do gnosticismo , maniqueismo , ascetico e vexetariano . Despois duns anos de vida mundana comeza unha conversion a vida ascetica e a predicar un cristianismo que negaba a existencia do misterio da Trindade e priorizaba o estudo dos textos sagrados. Os seus postulados son conecidos como priscilianismo , e esta claramente emparentado co gnosticismo.

Defende a igualdade entre homes e mulleres respecto a participacion activa nos templos. Predica a abstinencia de alcol e carne. Non prohibe o matrimonio de monxes e clerigos, ainda que recomenda o celibato, condena a escravitude, utiliza o baile como parte da liturxia , acepta o uso dalguns evanxeos apocrifos como o de San Tome e propugna a eliminacion da xerarquia eclesiastica. Foi acusado de animista .

E nomeado bispo de Avila no ano 380 . O concilio de Zaragoza dese ano condenara por herexia algunha das suas practicas. Redactou tratados para defender as suas doutrinas e viaxou a Roma para entrevistarse co Papa , pero non o consegue. No ano 384, en Bordeos , comparece perante un tribunal eclesiastico no concilio que o condena por bruxeria e maniqueismo , canda os seus seguidores, ainda que grazas a intervencion do bispo de Tours , san Martino , o proceso mantense en suspension, ate que os bispos Magno e Rufo conseguen levalo ante o concilio de Treveris . Asi, no 385 o emperador chamouno a Treveris para se defender das acusacions dos seus adversarios. No 386 foi desterrado e xulgado en Treveris, e mediante decreto do emperador Magno Clemente Maximo foi condenado a morte por bruxeria e herexia e decapitado e, segundo a tradicion, guindado da Porta Nigra , xunto con catro dos seus discipulos.

Foi o primeiro axustizado por herexia do cristianismo [ Compre referencia ] . Curiosamente o propio emperador Maximo foi executado tres anos despois por orde de Teodosio I . A pesar da sua morte o priscilianismo continua difundindose, e mesmo se lle rende culto o corpo de Prisciliano, considerado martir polos seus seguidores.

Santo Agostino de Hipona , un dos Padres da Igrexa mais activos contra o priscilianismo

As suas ensinanzas contaron con numerosos seguidores, foi acollida polo pobo en todo o noroeste peninsular durante a sua vida e con posterioridade, chegando a sua influencia ata o seculo VI . En gran parte a introducion do cristianismo en terras galaicas debese a doutrina priscilianista. Tempo despois da sua morte realizaronse varios concilios co tema principal de erradicar a sua doutrina, fortemente enraizada no pobo, como ocorreu no Concilio de Toledo do ano 400 (onde os bispos de Astorga e Braga prestanlle apoio militante), ou os concilios de Braga , (o primeiro entre 561 e 563 ; e o segundo no 572 , nos que se declaran anatemas contra proposicions priscilianistas). A mediados do Seculo V a presion dos priscilianistas obriga ao exilio ao bispo de Celenes, actual Caldas de Reis .

Incluso un seculo despois da sua morte, Hidacio atacara a sua doutrina con rabioso sentir, ou anteriormente Orosio verase na obriga de defender o seu posicionamento antipriscilianista. Incluso no IV concilio de Toledo en 683 condenase como eiva prisciliana o costume de non cortar o pelo entre a cleirecia galega.

Prisciliano foi autor duns Tratados publicados pola primeira vez en 1889 , xa que foron atopados pouco antes na Universidade de Wurzburg .

Por Sulpicio Severo sabese que o seu corpo, xunto cos dos seus discipulos, volve a Hispania , e en 1900 un eminente haxiografo frances, Mons. Louis Duchesne , insinua que foi Prisciliano o enterrado no sepulcro do apostolo Santiago , hipotese recollida a partir de enton por numerosos autores. Isto ten pouca credibilidade xa que, segundo Isidoro Millan Gonzalez-Pardo , o sepulcro central do Apostolo e o mosaico de marmore que o cobre pertencen a segunda metade do seculo II

A Xeracion Nos recuperara a sua figura e destacaa como figura fundamental na historia de Galicia .

En 2018 a Universidade de Santiago de Compostela organizou o congreso O Priscilianismo e Gallecia: Arqueoloxia e Textos . [ 1 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Hermida, Santiago (18 de setembro de 2018). "Prisciliano volta a academia" . Cultura Galega . Consultado o 19 de setembro de 2018 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]