Primeiro ministro da Republica Popular da China

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Primeiro ministro da Republica Popular da China
中?人民共和???院?理
Titular
Li Qiang
Dende o 11 de marzo de 2023

Designado por Asemblea Popular Nacional
Nomeado por Presidente
Creacion 27 de setembro de 1954 (Consello de Estado da RPC)
1 de outubro de 1949 (Consello de Administracion do Goberno Popular Central)) }
Primeiro titular Zhou Enlai

O primeiro ministro do Consello de Estado da Republica Popular da China , e o xefe do Consello de Estado da China , e por tanto, xefe de goberno da Republica Popular da China .

O primeiro ministro e nomeado polo presidente e votado pola Asemblea Popular Nacional . Tanto o presidente como o primeiro ministro son elixidos cada cinco anos. O primeiro ministro ten un limite de dous mandatos e ata o de agora foi sempre un membro do Comite Permanente do Buro Politico do Comite Central do Partido Comunista da China .

O actual primeiro ministro e Li Qiang , tomou posesion do cargo o 11 de marzo de 2023 sucedendo a Li Keqiang . [ 1 ]

Poderes e deberes [ editar | editar a fonte ]

O primeiro ministro e o cargo administrativo mais alto no Goberno da Republica Popular da China. E responsable de organizar e administrar a burocracia civil chinesa. Por exemplo, o primeiro ministro ten a que xestionar a ordenacion e aplicacion do desenvolvemento economico e social nacional e o orzamento estatal. [ 2 ] Isto inclue supervisar os diferentes ministerios, departamentos, comisions e axencias estatais e anunciar as suas candidaturas a Asemblea Popular Nacional para viceprimeiros ministros, conselleiros estatais e cargos ministeriais. Os poderes do primeiro ministro e as suas responsabilidades estan especificados na Constitucion .

O primeiro ministro non ten o mando supremo do Exercito Popular de Liberacion , mais e o xefe da Comision de Mobilizacion da Defensa Nacional da China e xefe da Comision de Seguridade Nacional , que son departamentos das forzas armadas . Dende a decada de 1980 , houbo unha division de responsabilidades entre o primeiro ministro e o Secretario Xeral do Partido Comunista na que o primeiro ministro quedou como responsabel dos detalles tecnicos da aplicacion da politica de goberno mentres o Secretario Xeral reune o apoio politico necesario para a politica de goberno.

O primeiro ministro esta apoiado por catro viceprimeiros ministros dende a reforma de Deng Xiaoping en 1983 . O primeiro deles actuara no lugar do primeiro ministro en caso de ausencia.

Lista de primeiros ministros [ editar | editar a fonte ]

Li KeqiangWen JiabaoZhu RongjiLi PengZhao ZiyangHua GuofengZhou Enlai

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Li Keqiang sustituye a Wen Jiabao como primer ministro de China" . El Pais (en castelan ) . 15 de marzo de 2013 . Consultado o 19 de xuno de 2019 .  
  2. http://english.people.com.cn/constitution/constitution.html , Seccion 3, Artigo 88 e Artigo 89. (en ingles )