Positivismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Augusto Comte .

O positivismo (a partir de positivo , do latin   positivus ?a ?um  ‘certo’, ‘convencional’ e parece que entrou dende o frances ) [ 1 ] e unha corrente filosofica caracterizada por adoptar, en xeral,unha actitude cientificista e antimetafisica , confiando plenamente na humanidade e no seu progreso indefinido . Este punto de vista proclama exclusivamente a lexitimidade e validez do conecemento proporcionado polas ciencias empiricas. Por iso considerase que a filosofia tradicional, entendida principalmente como metafisica ou conecemento especulativo sen necesidade de comprobacion empirica, debe substituirse por outra que tena como unico obxectivo entender a natureza e os metodos das ciencias, fundamentalmente as ciencias da natureza (astronomia, fisica, quimica e bioloxia). O positivismo enlazase habitualmente cunha ontoloxia materialista .

Historia e caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

Historicamente a filosofia positivista xorde no seculo XIX, sendo os seus maximos exponentes Augusto Comte (1798-1857) e Ernst Mach (1838-1916). O primeiro usou a palabra "positivismo", tomada do filosofo frances Saint-Simon (1760-1825), para designar o seu pensamento. Asi mesmo, denominou estadio positivo a etapa do progreso humano na que a ciencia convertese na principal forza social, superando periodos anteriores de caracter metafisico e relixioso nos que dominaban as supersticions e as crenzas infundadas.

Curiosamente, nos ultimos escritos da sua vida, Comte deriva cara posturas sentimentalistas e irracionais elaborando unha Relixion da Humanidade, na que se renderia culto os grandes homes de ciencia, asi como a toda unha serie disparatada de personalidades moi variadas, entre as que incluso atopanse amigos persoais seus. Esta relixion positiva gozou dalgunha implantacion social en cidades como Londres, Paris e Rio de Xaneiro.

De todas formas, a deriva relixiosa do positivismo non foi secundada por autores posteriores, por exemplo Mach, que se mantivo dentro das marxes dun cientificismo extremo. Baixo a influencia deste ultimo e a do austriaco Ludwig Wittgenstein (1889-1951), o positivismo cientificista transformase no seculo XX dando lugar o neopositivismo . O manifesto fundacional deste publicouse en 1929 co nome de Wissenschaftliche Weltauffassung: Der Wiener Kreis ( Concepcion cientifica do mundo: Circulo de Viena ). Este caracterizase por presentar un enfoque da metodoloxia cientifica elaborado de forma precisa por medio da loxica formal, asi como por intentar reducir toda investigacion cientifica o metodo e linguaxe da fisica (fisicalismo). A traves deste programa filosofico e cientifico o neopositivismo contribuiu a impulsar notablemente a filosofia da ciencia durante o seculo XX.

En dereito , denominase positivismo xuridico a ciencia xuridica que so admite a existencia de leis positivas. Consisten unicamente en convencions humanas excluindo que haxa outras leis de maior rango, ben de caracter natural ou ben de caracter teoloxico.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Positivismo" . Portal das Palabras . Consultado o 19 de novembro de 2016 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

A. Comte, Cours de Philosophie positive , 1830-1842 (Curso de filosofia positiva) E. Mach, Die Analyse der Empfindungen , 1900 (Analise das sensacions) R. Carnap, Der Logische Aufbau der Welt , 1928 (A construcion loxica do mundo)