한국   대만   중국   일본 
Portal:Tampere - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Portal : Tampere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
[[Ficheiro:|1100px]]

Tampere (en sueco Tammerfors ) e unha cidade de Finlandia , capital da rexion de Pirkanmaa ( provincia de Finlandia Oriental ). Segundo o censo do 31 de xaneiro de 2012 ten unha poboacion de 215.315 hatibantes. A cidade esta situada ao sur do pais, entre os lagos Nasijarvi e Pyhajarvi . E a terceira cidade mais poboada de Finlandia por detras de Helsinqui e Espoo .

Tampere esta situada entre dous lagos, o Nasijarvi e o Pyhajarvi . Como entre ambos lagos hai un desnivel de 18 metros, os rapidos que os comunican, Tammerkoski , tenen sido unha importante fonte de enerxia ao longo da historia da cidade, mais recentemente xerando electricidade. Tampere e alcumada a " Manchester de Finlandia" polo seu pasado industrial como antigo centro da industria finlandesa.

Orixinalmente fundada como mercado a beira da canle Tammerkoski en 1775 por Gustavo III de Suecia , catro anos despois, o 1 de outubro de 1779 , concederonselle dereitos de cidade.

Artigo destacado

editar

O Ilves Naiset , ou simplemente Ilves , e un equipo feminino de hockey sobre xeo da cidade de Tampere ( Finlandia ). Actualmente compite na Naisten Liiga , a maxima categoria do hockey sobre xeo feminino finlandes, sendo un dos equipos fundadores da competicion e o unico que disputou todas as edicions da mesma. Logo de ter empregado distintas pistas da cidade, na decada de 1980 o equipo xogou na pista de xeo de Koulukatu , e dende 1989 xoga os seus partidos como local no Tesoman jaahalli , un pavillon con capacidade para 1 500 persoas.

Comezou as suas operacions contra o ano 1971 e inicialmente xogaba contra equipos masculinos de categoria junior ata que en 1982 comezou a competir de xeito oficial na recentemente creada Naisten SM-sarja . Tratase do segundo equipo mais laureado do hockey sobre xeo feminino finlandes, tendo dominado o campionato nacional durante a ultima metade da decada de 1980 e os primeiros anos da decada de 1990. O equipo ganou o seu primeiro campionato en 1985 e logo conquistou nove campionatos mais, se ben a ultima vez que ganou o campionato foi en 2010, e cun total de 28 medallas (10 de ouro, 12 de prata e 6 de bronce) e o equipo con mais metais da historia da competicion. En 2011 Ilves Naiset converteuse no unico equipo feminino finlandes en alzar un titulo continental logo de conquistar a IIHF European Women's Champions Cup .

Ao longo da historia do equipo pasaron polas suas filas algunhas das xogadoras mais destacadas do hockey sobre xeo feminino finlandes. Sete antigas xogadoras do equipo ingresaron no Salon da Fama do Hockey sobre Xeo Finlandes , unha delas, Anne Haanpaa , pola sua traxectoria na arbitraxe. O Ilves retirou os numeros 10, 15 e 16 en honor a  Anne Haanpaa , Johanna Koivula , e Marianne Ihalainen respectivamente. Ademais, tres mulleres do equipo foron homenaxeadas no chamado "Ilves Hockey Legends", no que estan incluidas algunhas das personalidades mais destacadas do equipos de hockey sobre xeo do Ilves, tanto en categoria feminina como na masculina .

Lugar de interese

editar

A igrexa vella de Messukyla (en fines Messukylan vanha kirkko ) e un templo evanxelico luterano da cidade de Tampere , Finlandia . Esta situada no distrito de Messukyla , ao leste do centro da cidade. Construido na sua meirante parte no seculo XVI , tratase do edificio mais antigo de Tampere.

Se ben os estudos revelan que a igrexa actual foi construida en torno aos anos 1510 e 1530 , as imaxes de santos de madeira conservadas no seu interior datan dos anos 1430 e 1440 , polo que se pensa que no mesmo lugar puido existir unha igrexa de madeira case cen anos antes da construcion da igrexa de pedra.

Dende a sua construcion a igrexa foi obxecto de numerosas modificacions, como a elevacion dos seus muros. Antigamente contaba con murais no seu interior que foron cubertos con cal, polo que tan so uns poucos restos restaurados na decada de 1950 son visibles na actualidade. Foi neste momento cando se descubriu o autentico valor da igrexa, que fora abandonada e empregada como corte.

Categorias
Biografia destacada

editar

Olivia Mathilda "Wivi" Lonn , nada en Tampere o 29 de maio  de 1872 e finada en Helsinqui o 27 de decembro  de 1966 , foi unha arquitecta finlandesa , e a primeira do pais en crear o seu propio estudio. Wivi Lonn estudou arquitectura na Universidade Politecnica de Helsinqui , graduandose en 1896 . Os edificios mais destacados da carreira de Lonn foron construidos a principios do seculo XX . A sua etapa mais activa durou pouco mais de 15 anos, e xa a principios da decada de 1930 practicamente se retirara da arquitectura en activo.

A parte central da producion de Lonn encontrase nas cidades de Tampere  e Jyvaskyla . En Tampere localizanse, entre outras, a Escola Finlandesa Feminina e a Estacion Central de Bombeiros . Xunto con Armas Lindgren desenou, entre outras, a Nova Casa dos Estudantes en Helsinqui , e o Teatro Estonia  en Talin . Lonn desenou mais de 30 escolas, ainda que non todas se realizaron. Ademais das escolas desenou varios edificios industriais, entre outros, para as fabricas de Parviainen . Considerase que os puntos fortes da obra de Lonn son a habil distribucion e o uso economico do espazo, mais arquitectonicamente non se desviou da realmente do estilo da sua epoca.

Imaxe destacada

editar

Pasarela de madeira provisional sobre o Tammerkoski .
Vexa o artigo pontella .


Sabias que...?

editar

Sauna de Rajaportti.


Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (2)

Artigos bos (0)

Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmans

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons