Portal : Lugo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lugo e unha cidade galega , capital da provincia de Lugo e da comarca homonima . Fundada no ano 25 a.C. por Paulo Fabio Maximo , e unha cidade de orixe romana e a mais antiga de Galicia . Construida nas proximidades dun castro , na epoca romana recibiu o nome de Lucus Augusti . Son testemuna dos seus primeiros anos de historia os numerosos restos romanos, moitos deles conservados no Museo Provincial , e sobre todo a Muralla Romana , unica no mundo que conserva todo o seu perimetro e declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000 .

Ao longo da sua historia ocorreron tanto epocas de abandono como importantes momentos na historia do pais, dende a xuntanza no ano 842 dun grande exercito galego para conquistar Oviedo e entronizar a Ramiro I como primeiro rei da dinastia galega , ata o pronunciamento do Coronel Miguel Solis , que daria comezo a Revolucion Galega de 1846 .

Xeograficamente, a cidade atopase situada nun outeiro, nas terras do Alto Mino, e circundada polo propio rio Mino , ademais doutros mais pequenos como o Mera . O concello, incluido na Reserva da Biosfera "Terras do Mino", e o segundo mais extenso de Galicia , e no que no ano 2014 habitaban 98.560 persoas, o que supon que sexa o cuarto de Galicia en poboacion despois de Vigo , A Coruna e Ourense .

O xentilicio dos habitantes de Lugo e lucense ou tamen lugues. Lugo e unha cidade comercial e de servizos, cun campus universitario especializado en Ciencias Agrarias ( Veterinaria , Montes ...). Destacan tamen as populosas festas realizadas na cidade como o Arde Lucus , que relembra o pasado romano e castrexo da cidade, e o San Froilan , que cada ano atrae a cidade do 4 ao 12 de outubro a mais dun millon de visitantes.

Artigo destacado

editar

Lugo , o asentamento urbano mais antigo de Galicia , erguese sobre o antigo emprazamento dun castro galaico . A sua historia remontase a arredor do ano 25 a. C , Caius Antistus Vetus, legado de Octavio Augusto na Tarraconense ao mando das tropas romanas que loitaban nas Guerras Cantabras , establece preto deste castro un campamento militar. Posteriormente, en nome do emperador , Paulo Fabio Maximo funda "Lucus Augusti" sobre este campamento. A partir do ano 50 asistese a expansion da cidade co asentamento de galaicos dos castros proximos. Posteriormente a cidade convertese nun importante nucleo urbano , representativo da cultura e do modo de vida romano.

Dende a chegada dos suevos a Galicia alternaronse na cidade ciclos de decadencia e rexurdimento. No ano 585 o Reino de Galicia pasa a mans visigodas , perdendo Lugo a sua condicion de se metropolitana por mor da fin da division de Galicia en duas provincias. Iniciase asi un periodo de decadencia que se veria acentuado pola invasion musulma de principios do seculo VIII .

Entre os seculos XI e XIII , coma outras cidades do Camino Xacobeo , foi protagonista duna serie de revoltas populares contra o poder feudal. A principios do seculo XVI , a pesar de ser nomeada capital do Reino de Galicia por Carlos I , Lugo iniciou un longo declive. Esta etapa prolongouse ate finais do seculo XVII , mentres que Santiago de Compostela cobraba protagonismo. No seculo XVIII comeza un novo ascenso economico e cultural da cidade, convertendose na gran capital agraria de Galicia.

Lugar de interese

editar

As termas romanas de Lugo son os restos do antigo balneario romano situado a beira do rio Mino , preto da antiga ponte romana . Declaradas Monumento Historico-Artistico en 1931 , hoxe as antigas termas romanas forman parte das instalacions do Hotel Balneario de Lugo. A construcion destes banos e contemporanea a fundacion da cidade, ao redor do ano 15 a.C. , sendo a parte mais impresionante das instalacions romanas conservadas o apodycterium , a estancia na que se espian os usuarios. Outra das zonas visitables consiste na antiga sala de banos, con forma abovedada . Estas salas de banos consistian en tres tipos distintos: o frigidarium , para banos frios; o tepidarium , para banos mornos, e o caldarium , para banos quentes. En epocas posteriores esta sala foi convertida en capela cristia .

A auga das termas, que se supon ten propiedades medicinais, consiste nunhas augas sulfurado-sodicas e carbonatadas que abrollan a 43,8 graos centigrados .

Imaxe destacada

editar

Igrexa de San Froilan , na Praza de Ferrol.
Vexa o artigo Festas de San Froilan .


Biografia destacada

editar

Luis Pimentel , nado en Lugo o 18 de decembro do 1895 e finado na mesma cidade o 13 de febreiro de 1958 , foi un medico e destacado poeta galego de vangarda , escritor en lingua castela e, puntualmente, en lingua galega , cunha bibliografia escasa e dispersa. En 1990 foille dedicado o Dia das Letras Galegas .

Pertencente a xeracion de 1925 e relacionado coa xeracion do 27 , na sua poesia observanse influencias do modernismo , de ismos vangardistas, do simbolismo frances e do existencialismo de posguerra. Canto a forma, destaca o verso libre, imaxes vangardistas, os paralelismos e as anaforas .

Sabias que...?

editar

San Froilán


Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (2)

Artigos bos (0)


Portais relacionados

editar

Galicia
Galicia

Galicia

A Coruña
A Coruna

A Coruna

Ferrol
Ferrol

Ferrol

Ourense
Ourense

Ourense

Pontevedra
Pontevedra

Pontevedra

Santiago de Compostela
Santiago de Compostela

Santiago de Compostela

Vigo
Vigo

Vigo

Proyectos irmans

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons

Wiktionary
Wiktionary

no Galizionario