Portal : Celtas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Portal dos celtas

Os celtas son un conxunto de pobos indoeuropeos de Europa identificados polo uso das linguas celtas e outras semellanzas culturais. A historia da Europa precelta e a relacion exacta entre os diferentes grupos etnicos, linguisticos e culturais dentro do espazo celta e tema de debate e controversia. Por outra banda, o alcance xeografico dos antigos celtas tamen esta en disputa; particularmente, se os habitantes da Idade de Ferro de Gran Bretana e Irlanda deberian ser considerados ou non como celtas. Segundo unha teoria, a orixe comun das linguas celtas, a lingua protocelta , xurdiu na cultura dos Campos de Urnas a finais da Idade de Bronce en Europa central, a cal floreceu arredor do ano -1200 .

De acordo con outra teoria proposta no seculo XIX, o primeiro pobo en amosar caracteristicas culturais consideradas como celtas foi o pobo da cultura de Hallstatt da Idade de Ferro, en Europa central (c. -800 e -450), chamada asi polos ricos achados de tumas en Hallstatt , Austria. E por iso que as veces a zona e conecida como a "patria celta". Durante o periodo de La Tene (c. -450 BC ate a conquista romana), chamado asi polo sitio arqueoloxico de La Tene, en Suiza, esta cultura celta supostamente expandiuse por difusion transcultural ou migracion ate as Illas Britanicas (celtas insulares), Francia e os Paises Baixos ( galos ), Bohemia , Polonia e gran parte de Europa central, a Peninsula Iberica ( celtiberos , celticos , lusitanos e galaicos ) e o norte de Italia ( cultura de Golasecca e galos cisalpinos ) e, posteriormente o asentamento celta en Europa oriental que comezou no ano -279 , chegando ao leste ate Anatolia central ( galatas ) na actual Turquia .

Artigo destacado
Lugar de interese

editar

A diocese de Britonia (tamen chamada de Bretona ) foi unha antiga division episcopal da Gallaecia , e na actualidade e unha se titular da Igrexa catolica . A diocese de Britonia debeu ser fundada por bretons insulares, os primitivos bretons ou britanos, como habitantes da illa de Bretana, a actual Gran Bretana . Compelidos polas invasions anglosaxoas , grupos xermanos que desembarcan na Gran Bretana, comunidades bretoas abandonan a illa entre o seculo IV e VII , dirixindose basicamente as costas galas, onde se asentan na peninsula de Armorica , que acabara por tomar o nome actual de Bretana , a consecuencia deste poboamento.

E indubidabel que se dirixiran tamen para outras partes. Certos grupos deberon chegar ate as costas setentrionais galegas, onde se organizaron en comunidades, e onde introduciron a a sua peculiar organizacion relixioso-cristia algo diferente. Os toponimistas non dubidan en identificar os seus asentamentos cos varios lugares denominados Bretona na Galiza, a parte do da Pastoriza : Bretona ( Barro ), Bertonia , Bertona etc.

Tamen o nome propio do bispo Mailoc e de ascendencia celta-insular, relacionado con diferentes variantes, Maeloc, Maedoc ou Mailog, co significado de principe ou xefe .

Artigos de calidade (2)

Artigos bos (0)

Imaxe destacada
...Arquivo
Biografia destacada

editar

Conan IV da Bretana (en breton : Konan IV Penteur ou Konan Breizh ), nado en 1138 e finado o 20 de febreiro de 1171 , foi duque da Bretana ( 1156 - 1166 ) e conde de Richmond (1146-1171).

Conan era fillo de Alan da Bretana e Berta da Bretana , filla de Conan III da Bretana , quen designou a Conan IV como o seu herdeiro baixo a rexencia de Eudon de Porhoet , segundo marido de Berta, desherdando por ilexitimidade ao seu fillo Hoel que tras a sua derrota por Eudon ten que se conformar co titulo de conde de Nantes .

Ao chegar Conan a maioria de idade Eudon negase a deixarlle o poder, Conan colle as armas e aliado de Hoel enfrontase a Eudon, poren tras ser derrotados en 1154 Conan refuxiase en Inglaterra co apoio de Henrique II de Inglaterra quen lle confirma o titulo e posesions de conde de Richmond, herdado do seu pai. Ademais grazas a axuda militar inglesa volve a Bretana para se facer co poder, poren a sua condicion de vasalo do rei ingles provoca unha revolta dos senores bretons dirixida por Eudon pero Conan vence e Eudon ten que se refuxiar fora da Bretana. Conan IV queda proclamado duque en 1156, ainda asi nese ano os nanteses matan a Hoel e proclaman conde a Godofredo Plantagenet , irman pequeno de Henrique II.

En 1160 , coa benzon do rei de Inglaterra, Conan casou con Margarida Huntingdon, filla de Henrique de Escocia . Constanza naceu pouco tempo despois.

Unha nova revolta dirixida por Eudon de Porhoet deulle a Henrique II o pretexto para intervir na Bretana co seu exercito, obrigou a abdicar a Conan en favor dun dos seus fillos, Godofredo en 1166.

Sabias que...?

editar

guerreiro celta.

  • ...que os guerreiros celtas da antiguidade tinan reputacion como cazadores de cabezas dos seus inimigos?


...Arquivo
Portais relacionados
Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons

Wiktionary
Wiktionary

no Galizionario