Ponza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ponza
Vista da illa
Localizacion da illa.
Situacion
Pais Italia Italia
Comuna Ponza
Provincia Latina
Arquipelago Illas Ponziane
Mar Mar Mediterraneo
Coordenadas Coordenadas : 40°54′00″N 12°58′00″L  /  40.9, 12.966666666667
Xeografia
Superficie 7,3 km²
Longura maxima 7 km
Largura maxima 2,3 km
Punto mais alto 279 m. Monte Guardia
Demografia
Capital Ponza
Poboacion 3360 hab.
Lingua propia Italiano

Ponza (en italiano: Isola di Ponza ) e a mais grande do arquipelago italiano das Illas Ponziane , localizado a 33 km ao sur de Cabo Circeo no Mar Tirreno . Asi mesmo, e o nome do municipio da illa, que forma parte da provincia de Latina na rexion do Lacio .

Historia [ editar | editar a fonte ]

A illa foi habitada desde o neolitico . Segundo as lendas locais, Ponza foi chamada asi por Poncio Pilato , gobernador romano de Xudea que acusou de herexia a Xesus de Nazaret . Esta lenda e controvertida entre os historiadores, porque o nome de "Pontia" aparece na Xeografia de Estrabon .

Ponza sufriu numerosas invasions, do mesmo xeito que a vecina Sicilia e foi conquistada nun momento ou outro por Inglaterra , Espana , Grecia , Francia , musulmans , Cartago , Libia , Exipto , e Fenicia . Ata un lugar en Ponza central chamase "Campo Inglese", que significa "Campamento Ingles" por ser onde se formaban as tropas. Ainda se poden ver varias fortalezas ao redor da illa.

Periodos grego e romano [ editar | editar a fonte ]

Na antiguidade, a illa chamabase Tirrenia. A lenda di que Ponza e o que queda da illa perdida de Tirrenia. Dise que Ponza estaba conectada ao continente por unha estreita franxa de terra, que se afundiu no mar coa maior parte da illa. O mesmo fenomeno ocorreu en Capri . Segundo a lenda, houbo unha gran cidade na antiga illa e avances arqueoloxicos recentes mostran que isto pode ser certo. Por exemplo, descubriuse que o chan do porto de Pozzuoli afundiuse e rexurdiu varias veces nos ultimos 5.000 anos, revelando templos romanos afundidos.

Ponza foi colonizada polos etruscos . Na antiguidade a illa era moi boscosa con arbores xigantes, pero o bosque e as arbores extinguironse e hoxe en dia os outeiros estan cubertos de socalcos feitos polo ser humano. O cerro mais alto da illa, chamado Monte Garda, ainda ten tocos das extintas arbores xigantes (sobre oito pes de ancho) en descomposicion. Nestes socalcos producense cultivos como uvas para vino, cactos e figueiras .

Tamen se cre que Ponza e a illa de Eea da Odisea de Homero , illa onde a feiticeira Circe tina a sua cova. Hoxe en dia e conecida como Grotta della Maga Circe no lado oeste da illa, entre o Capo Bianco e a praia Chaia di Luna . Diciase que vivia nesta cova nos meses de inverno e pasaba o veran na cima do proximo monte Circe na parte continental de Italia. Aqui e onde Circe converteu en animais os homes de Ulises e fixo o seu feitizo para seducilo e vivir con el por mais dun ano. No lado oeste de Ponza esta a Grotta di Ulises O Del Sangue (cova de Ulises do sangue), case directamente debaixo do outeiro/peninsula de Il Belvedere , onde se atopa o Giardino Botanico Ponziano un xardin botanico cunha vila e os restos dun castelo. Estas grutas son populares destinos turisticos para visitar soamente en barco.

Durante a epoca romana, Neron Cesar, o irman mais vello de Caligula , foi deportado a Ponza, no ano 29, e no 30 foi condenado a morte na illa. Duas das suas irmas, Agripina (nai do emperador Neron ) e Xulia Livia foron exiliadas a Ponza no ano 39 pola sua complicidade nun complot para derrocar a Caligula. Elas foron chamadas a Roma no ano 41. Xulia Livia tina unha mansion chamada Palazzo Giulia (Pazo de Xulia), construido especialmente para ela en Ponza. Os restos son ainda visibles. Unha mansion similar co mesmo nome tamen foi construida na proxima Ventotene para a filla exiliada do emperador Augusto, Xulia a Maior .

Vista dunha das baías máis belas, situada na zona de Le Forna.
Vista dunha das baias mais belas, situada na zona de Le Forna.

Idade Media e Idade Moderna [ editar | editar a fonte ]

Ponza foi abandonada durante a Idade Media debido as constantes incursions de sarracenos e piratas . En 1552, a frota Otoma baixo o mando de Turgut Reis (conecido como Dragut no Oeste) derrotou a frota espanola de Carlos I baixo o mando do famoso almirante xenoves Andrea Doria preto de Ponza.

Dende o seculo XVIII [ editar | editar a fonte ]

Durante o seculo XVIII, o Reino de Napoles recolonizou a illa. Converteuse en parte do Reino de Italia no seculo XIX e agora e parte da Republica de Italia. Debido ao seu illamento, foi destinada a servir como colonia penal por diversos reximes. Durante as duas decadas de fascismo , Ponza e a proxima Ventotene , serviron como prision para os opositores politicos do rexime de Benito Mussolini . O lider de Etiopia Ras Immiru , quen foi capturado polo exercito italiano en 1936, foi encarcerado nunha casa en Santa Maria. Mussolini mesmo foi encarcerado na illa durante varias semanas logo de ser derrocado e detido en 1943.

A illa e conecida pola traxica historia de Lucia Rosa , quen no seculo XIX se botou ao mar Tirreno, ao verse obrigada a casar cun home contra a sua vontade. Ela e considerada por moitas mulleres de todo o mundo como unha martir dos dereitos da muller e o simbolo dos dereitos humanos.

A praia mais popular de Ponza, Chiaia di Luna.

Hai uns anos, [ cando? ] enxeneiros que traballaban nun tunel romano que conectaba a parte do porto de Ponza co barrio de Santa Maria , utilizaron explosivos para cavar unha canle proxima en lugar das ferramentas manuais que debian empregar e a explosion destruiu esta galeria romana de 2.100 anos de idade.

A finais do veran e principios do outono de 2007, seis "aquanautas" pasaron duas semanas de vida baixo a auga da costa de Ponza, rompendo todos os outros rexistros. [ Compre referencia ]

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

Ponza e a maior das Illas Ponziane, xunto a Gavi son os restos do bordo da caldeira dun volcans extinto, cunha superficie de 7´3 quilometros cadrados. Ponza ten aproximadamente 7´3 quilometros de longo por 2,3 km na sua parte mais ancha. E unha illa con forma de media lua cunha gran praia chamada Spiaggia di Chiaia di Lua (Praia de Media Lua) e algunhas praias pequenas; ten unha costa rochosa na sua maioria de caolin e rocha de toba . Ten moitas formacions rochosas naturais estranas: unha semella un monxe , outra parecese a un par de pantalons de traballo xigantes ( Spaccapurpo ou Arco Naturale O Spaccapolpi), unha horta de flores, fungos e outra parece un cabaleiro. Tamen hai farallons , columnas xigantes no mar feitas de rocha solida. Conta con varias localidades pequena, entre elas Commune di Ponza, Santa Maria e Le Forna. Ponza a miudo confundese coas illas proximas como Ischia e Capri , agas que Ponza non ten actividade volcanica.

Clima [ editar | editar a fonte ]

Datos climaticos para Ponza (1971?2000, extremos 1946?presente)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xun Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura maxima en °C 17,4 20,0 22,0 22,4 28,2 31,8 37,2 35,6 32,6 27,3 23,4 19,6 37,2
Media maxima en °C 12,1 12,1 13,5 15,7 20,3 24,5 27,4 28,0 24,6 20,3 16,0 13,2 19,0
Media diaria en °C 10,4 10,3 11,4 13,3 17,5 21,4 24,2 25,0 22,0 18,3 14,2 11,7 16,6
Media minima en °C 8,8 8,4 9,3 11,0 14,8 18,4 21,1 21,9 19,4 16,2 12,5 10,0 14,3
Temperatura minima en °C ?2,0 ?0,5 ?2,6 2,8 7,8 10,2 13,4 15,0 11,5 7,0 2,2 0,6 ?2,6
Precipitacion media mm 64,2 63,2 40,5 40,4 20,3 17,2 13,3 18,1 65,4 109,2 111,3 76,2 639,3
Media de dias con precipitacions (≥ 1.0 mm) 7,9 7,2 6,2 6,6 3,5 2,0 0,9 2,1 5,1 8,0 9,0 8,7 67,2
Humidade relativa media (%) 75 74 75 77 77 74 73 75 76 77 73 74 75
Fonte: Servizio Meteorologico (humidade 1961?1990) [ 1 ] [ 2 ] [ 3 ]


Administracion e vilas [ editar | editar a fonte ]

A illa de Ponza forma con Zannone (deshabitada), Palmarola (habitada so no veran) e Gavi (habitada por unhas poucas persoas no veran) a Comuna de Ponza (9´87 km², con 3107 habitantes).

A vila principal e o concello atopanse na cidade de Ponza, situada na parte central sur, na costa leste. Cerca do centro de Ponza atopanse Guarini, Giancos, I Conti e Santa Maria, mentres que ao norte atopanse as vilas de Campo Inglese e de Le Forna.

Cala Feola.

Economia [ editar | editar a fonte ]

A cidade de Ponza e un porto pesqueiro e mercante con grandes peiraos que poden acoller buques de gran tamano. A sua maior industria e o turismo seguido da construcion e a reparacion de barcos e a pesca. E accesible en coche por transbordador e os peons poden viaxar ao continente en hidroplanos de alta velocidade.

As catro minas que se atopan no extremo norte, a zona mais bela da illa, pecharonse en 1975 pola Axencia de Proteccion Ambiental italiana, debido a que extraccion mineira destruia a fauna e a flora, que incluen especies ameazadas . Eran minas de caolin e bentonita . Ponza ten unha estrada que vai do norte ao sur, pero e valida soamente para coches pequenos. A pista de aterraxe prevista no norte da illa foi cancelada, debido a problemas ambientais.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Ponza/Isola Di (LT)" (PDF) . Atlante climatico . Servizio Meteorologico . Consultado o 19 May 2015 .  
  2. "STAZIONE 280 Ponza: medie mensili periodo 61 - 90" . Servizio Meteorologico . Consultado o 19 May 2015 .  
  3. "Ponza: Record mensili dal 1946" (en Italian) . Servizio Meteorologico dell’Aeronautica Militare . Consultado o 19 de maio de 2015 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]