한국   대만   중국   일본 
Pokemon Go - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Pokemon Go

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pokemon Go
Desenvolvedor(es) Niantic
Distribuidora(s) The Pokemon Company
Produtor(es) The Pokemon Company
Artista(s) Dennis Hwang
Compositor(es) Junichi Masuda
Motor Unity
Lanzamento 6 de xullo de 2016
Xenero Realidade aumentada
Modos de xogo Un xogador
Multixogador
Clasificacion USK
Plataforma(s) iOS , Android
Serie Pokemon
Na rede
pokemongo.com
IMDB: tt5024026 Facebook: PokemonGO Twitter: PokemonGoApp Instagram: pokemongoapp Youtube: UCA698bls2pjQyiqP9N-iaeg BNE: XX5647948 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata  ]

Pokemon Go e un videoxogo de realidade aumentada para mobil desenvolvido por Niantic e distribuido por The Pokemon Company . Foi lanzado en xullo de 2016 para dispositivos iOS e Android .

O xogo permite o xogador capturar, combater e adestrar criaturas virtuais, chamadas Pokemon , que aparecen nas pantallas dos dispositivos como se estivesen no mundo real. Para isto emprega a tecnoloxia GPS e a camara do mobil. O xogo e free-to-play, malia que tamen conta co modelo de compras pola aplicacion de contidos adicionais do xogo. Un sistema opcional con bluetooth e tecnoloxia ponible , o Pokemon Go Plus, esta pensada nun lanzamento futuro e alertara os xogadores cando os pokemon se atopen preto.

O xogo converteuse axina nunha das aplicacions de dispositivo mais exitosas apos o seu lanzamento, superando o record anterior ostentado por Candy Crush Saga nos Estados Unidos, convertendose nun gran pulo das accions de Nintendo . O xogo foi acreditado por popularizar a realidade aumentada , e foi loado polos profesionais medicos por potenciar a mellora da saude fisica e mental dos xogadores. Poren, tamen xerou certa controversia por casos de accidentes e perturbacion da orde publica nalguns lugares.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]