한국   대만   중국   일본 
PlayStation 2 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

PlayStation 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo da consola.
Consolas Playstation 2.

A PlayStation 2 ( PS2 ) e a segunda videoconsola producida por Sony , despois da PlayStation 1 e antes da PlayStation 3 (que foi lanzada en novembro 2006 ). Lanzouse primeiro no Xapon no 4 de marzo , 2000 , segundo en America do NorteF no 26 de outubro , 2000 , e en Europa o 24 de novembro , 2000 .

A PS2 e parte da sexta xeracion de videoxogos . E a videoconsola mais rapida vendida, con mais de 100 millons de consolas vendidas.

Caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

O sistema que a consola utiliza como soporte para os xogos son discos en formato CD e DVD ; o formato DVD aumenta o espazo disponible para os datos dos videoxogos, facendo polo tanto xogos de maior calidade grafica e sonora. Ademais, tamen reproduce peliculas en formato DVD.

Especificacions tecnicas [ editar | editar a fonte ]

CPU (Emotion Engine)

  • Arquitectura: MIPS (R5900).
  • Frecuencia de reloxo do Sistema: 294.912 MHz (299 Mhz nas ultimas versions).
  • Memoria Cache: Instrucions 16 KB, Datos 8 KB + 16 KB.
  • Memoria Principal: 32 MB.
  • Ancho de banda do Bus de memoria: 128 bits DMA.
  • Coprocesador: 2 Unidades paralelas de operacions vectoriais.
  • Rendemento do procesador nun punto flotante (FPP): 3.2 GFLOPS.
  • Transformacion Xeometrica 3D CG: 18 millons de poligonos por segundo.
  • Descodificador de compresion de Ficheiro: MPEG2.

GPU

  • Frecuencia do reloxo do Sistema: 147 MHz.
  • Memoria interna: 4MB DRAM.
  • Velocidade do frame buffer: 38,4 Gbytes/s.
  • Velocidade de debuxado: 2,4 Gpixeles/s.

I/O

  • Nucleo da CPU: CPU de PlayStation mellorada (R5900).
  • Frecuencia de reloxo: 37.5 MHz.
  • Memoria IOP: 2 MB.
  • Sub Bus: 32-bit.

Son

  • Numero de Voces: 48 canles con son surround 3D.
  • Memoria da seleccion de son: 2 MB.
  • Frecuencia de Saida: ata 48 kHz.

DVD

  • Tamano maximo: Dobre capa 9 GB.
  • Velocidade do DVD-ROM: 4X.
  • Velocidade do CD-ROM: 24X.

Interface

  • Universal Serial Bus (USB) x 2.
  • Porto de mando x 2, ranura para MEMORY CARD x 2.
  • Saida Optica Dixital.
  • Adaptador de rede.
  • Cable de rede.

Versions [ editar | editar a fonte ]

Desde que a consola apareceu, non deixaron de evolucionar, se as primeiras consolas que chegaron a Espana eran a version 3, ata a data conecense ata a version 14, mais ben chamada PStwo. Unha version, que ao igual que pasou no seu momento con PSone (ou PlayStation ) e a version reducida da consola. Cada version ten as suas particularidades.

Como podemos reconecer a nosa version?

  • Version 3 - 10 parafusos na tapa inferior.
  • Version 4 - 8 parafusos e non ten oco na parte superior da baia do disco duro.
  • Version 5/6 - 8 parafusos, ten oco e a referencia e SCPH-3000X - SCPH-3000XR.
  • Version 7/8 - 8 parafusos, ten oco e a referencia e SCPH-3900X.
  • Version 9 - 8 parafusos, ten oco e a referencia e SCPH-5000X.
  • Version 12/13 - SlimLine ou PSTwo, facil de reconecer polo seu reducido tamano e con referencia SCPH-7000X.
  • Version 14 - Igual en tamano que as v12/13 pero con referencia SCPH-7500X.

Accesorios [ editar | editar a fonte ]

Dispon dun gran numero de accesorios , entre os clasicos mandos , volantes e pistolas , destacan pola sua orixinalidade os seguintes accesorios:

Camara USB

O xogo EyeToy incorpora unha camara de video que permite ao usuario interactuar co xogo usando o seu corpo, o xogo procesa as imaxes que recibe a traves da camara e detecta as colisions para mover, golpear ou pulsa-los elementos do videoxogo.

Microfono

O xogo SingStar incorpora dous microfonos e un adaptador USB , e un xogo ao mais puro estilo Karaoke , que sorprendeu a comunidade dos videoxogos pola sua innovadora tecnoloxia no reconecemento de voz.

Adaptador de Rede e disco duro Co adaptador de rede para PlayStation 2 , poderemos xogar partidas online con outros xogadores e descargarnos actualizacions, imaxes e demais contidos para almacena-los no noso disco duro , xa son moitos os xogos que permiten usar esta tecnoloxia.

A descarga sera aproximadamente en euros uns 3,40 as 24 horas.

Pad DDR

E un tapete de baile utilizado nos xogos de Konami, Dance Dance Revolution, estan compostos polos botons de frechas direccionais e nos vertices do tapete (que e de forma cadrada) encontrase os botons triangulo, circulo, cadrado e "X", estando na parte superior do tapete os botons select e start .

Kit Linux

O Kit Linux esta composto por un disco duro de 40 GB, un adaptador de rede, un rato e un teclado USB, un cable VGA e o sistema operativo Linux para PlayStation 2 , este kit esta pensado para programar, igualmente podese introducir unha distribucion de linux chamada Black Rhino

Prezos [ editar | editar a fonte ]

Norteamerica

  • US$299.99 (26 de outubro de 2000 , prezo de saida).
  • US$199.99 (14 de maio de 2002 ).
  • US$179.99 (13 de maio de 2003 ).
  • US$149.99 (11 de maio de 2004 ).
  • US$129.99 (20 de abril de 2006 ).

Xapon

  • JP¥39,800 (marzo de 2000, prezo de saida).
  • JP¥35,000 (29 de xuno de 2001 ).
  • JP¥29,800 (29 de novembro de 2001 ).
  • JP¥25,000 ( 2002 ).
  • JP¥19,800 (13 de novembro de 2003 ).
  • JP¥17,800 (xuno de 2004 ).

Reino Unido

  • GB£299.99 (24 de novembro de 2000 , Prezo de Saida).
  • GB£199.99 (26 de setembro de 2001 ).
  • GB£169.99 (1 de setembro de 2002 ).
  • GB£139.99 (1 de outubro de 2003 ).
  • GB£104.99 (18 de outubro de 2004 ).

Espana e Portugal

  • EUR €129,99 (actual).

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]