한국   대만   중국   일본 
Peseta - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Peseta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peseta †
Peseta en castelan
Codigo : ESP
Ambito : España Espana
Andorra Andorra
Simbolo : Ptas, ?
Fraccion: 100 centimos
Moedas: 1, 5, 10, 25, 50, 100, 200, 500 ?
Billetes: 1000, 2000, 5000 e 10000 ?
Emisor: Banco de Espana
Taxa de troco:
fixa
1 EUR = 166,386 ESP
Oficial ate o 28-02-2002
Billete de peseta (1951)
Billete de peseta (1953)
Moeda de peseta (1993)

A peseta foi unha moeda espanola de curso legal en Espana e Andorra (nesta ultima, xunto ao franco frances ) dende o 19 de outubro de 1868 ate o 31 de decembro de 2001 , cando foi substituida polo euro . A peseta abreviabase pta , sendo incorrecta a abreviacion pts para o plural.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Antes, a peseta era a forma popular coa que se denominaba os catro reais de billon ou os dous reais de prata. E moi posibel que o termo peseta provena da palabra catala peceta (pecina), diminutivo de peca. [ 1 ] Na Idade Media, designaba ao real de a dous e en 1737, no Diccionario de autoridades castelan, aparece a peseta como ≪a peza que vale dous reais de prata de moeda provincial, formada de figura redonda. E voz modernamente introducida≫. [ 2 ]

O 19 de outubro de 1868 , o ministro de Facenda do Goberno provisional do Xeneral Serrano , Laureano Figuerola , asinou o decreto polo cal se implantaba a peseta como unidade monetaria de Espana , ao mesmo tempo que entraba en vigor oficialmente o Sistema metrico . A primeira peseta foi cunada en 1869 e, pouco despois, en 1875, apareceu a primeira peseta emitida en papel que seguiu a ser emitida ate 1953 polo Banco de Espana . [ 3 ]

A peseta foi substituida polo euro no ano 1999 nos mercados de divisas . O 1 de xaneiro de 2002 o euro (€) entrou en circulacion xunto coa peseta convivindo as duas moedas ate o 1 de marzo de 2002 en que peseta deixou de ser unha moeda de curso legal en Espana [ 4 ] e Andorra , ainda que existe o compromiso oficial do Banco de Espana de cambiar o seu importe en euros en non importa cal data, o cambio oficial unico establecido, 1 euro = 166,386 pta, co arredondamento correspondente o terceiro decimal.

Moedas [ editar | editar a fonte ]

Billetes [ editar | editar a fonte ]

Penultima serie (1982-1987)
Imaxe do anverso Imaxe do reverso Denominacion Cor predominante Dimensions Descricion do anverso Descricion do reverso
200 pesetas Laranxa 120 × 65 mm Leopoldo Alas Texto de La Regenta . e imaxe dun carballo asturiano
500 pesetas Azul 129 × 70 mm Rosalia de Castro Texto de Follas Novas e casa da Matanza
1.000 pesetas Verde 138 × 75 mm Benito Perez Galdos Texto dos Episodios nacionales e opaisaxe co Teide
2.000 pesetas [ 5 ] Vermello 147 × 80 mm Juan Ramon Jimenez Fragmento do poema Alegria nocturna e Concello de Moguer ( Huelva )
5.000 pesetas Marron 156 × 85 mm Xoan Carlos I de Espana Manuscrito asinado e Palacio Real de Madrid
10.000 pesetas Gris 165 × 85 mm Xoan Carlos I de Espana e Filipe, principe de Asturias Busto e manuscrito asinado de Filipe como Principe de Asturias
Ultima serie (1992)
Imaxe do anverso Imaxe do reverso Denominacion Cor predominante Dimensions Descricion do anverso Descricion do reverso
1.000 pesetas Verde 130 × 65 mm Hernan Cortes Francisco Pizarro
2.000 pesetas Vermello 138 × 68 mm Jose Celestino Mutis
5.000 pesetas Marron 146 × 71 mm Cristovo Colon
10.000 pesetas Gris 154 × 74 mm Xoan Carlos I de Espana Jorge Juan y Santacilia

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Corbacho (2001), p. 82
  2. Real Academia Espanola (1737). Diccionario de autoridades Tomo V (en castelan ) . Madrid: Herederos de Francisco del Hierro.  
  3. Corbacho (2001), p. 83
  4. Corbacho (2001), p. 84
  5. "El retrato de Juan Ramon Jimenez que se perdio para siempre por Victor Fernandez ? Mirador de les arts," . Mirador de les arts, (en castelan ) . 2020-08-24 . Consultado o 2023-02-16 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Corbacho, Xesus (2001). O Euro e a construccion europea . Vigo: Xerais. ISBN   84-8302-670-8 .  

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]