한국   대만   중국   일본 
Patsy O'Connell Sherman - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Patsy O'Connell Sherman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPatsy O'Connell Sherman

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 15 de setembro de 1930 Editar o valor em Wikidata
Minneapolis, Estados Unidos de America Editar o valor em Wikidata
Morte 11 de febreiro de 2008 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Minneapolis, Estados Unidos de America Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Estados Unidos de America Editar o valor em Wikidata
Educacion Gustavus Adolphus College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo Quimica Editar o valor em Wikidata
Ocupacion quimica , inventora Editar o valor em Wikidata
Empregador 3M (1952?1992) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Lingua Lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Patsy O'Connell Sherman , nada en Minneapolis, Minnesota o 15 de setembro de 1930 e finada o 11 de febreiro de 2008 , foi unha quimica e matematica estadounidense inventora da marca de produtos 3M , Scotchgard, dun duradeiro repelente de manchas e auga, considerada unha das quince patentes accidentais mais importantes. [ 1 ] [ 2 ] [ 3 ]

Desenvolveu e obtivo dezaseis patentes, trece delas compartidas con Samuel Smith. Unha das patentes desenvolvidas foi un abrillantador optico para deterxentes para a roupa. [ 4 ]

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Sherman naceu en Minneapolis, Minnesota, Estados Unidos, e graduouse en 1948 na Minneapolis North High School. Interesada en cursar estudos universitarios, presentou a proba de aptitude destinada a realizar o alumnado de bacharelato, o resultado indicaba que non era apta para unha carreira. Ela esixiu facer a version da proba para estudantes masculinos, que suxeriu odontoloxia ou ciencias, que avalian posibles caminos profesionais. O resultado foi enton axeitado para unha carreira como cientifica ou dentista . [ 2 ] [ 4 ]

En 1952, licenciouse en quimica e matematicas no Gustavus Adolphus College de St. Peter, Minnesota, convertendose na primeira muller en graduarse na sua escola. [ 1 ] [ 4 ]

Carreira [ editar | editar a fonte ]

Sherman comezou a sua carreira na empresa 3M en 1952 cun contrato temporal como o resto das mulleres, xa que se consideraba que no momento do casamento debian deixar o seu traballo. [ 4 ]

Inventou o Scotchgard, que se converteu nun dos produtos repelentes de manchas e po mais famosos e amplamente utilizados en America do Norte . A invencion de Scotchgard xurdiu tras un accidente no laboratorio, durante a investigacion para desenvolver un caucho que puidese ser usado para mangueiras de combustible de aviacion. Sobre un zapato de lona verteuse unha mostra de caucho fluorado dun dos asistentes, quedando adherida sen poder ser limpada. Despois de intentos exhaustivos para eliminar a goma, Sherman observou que onde quedaba a goma, quedou mais limpa, mentres que as zonas sen a goma estaban sucias. Concluiu que o material poderia usarse como repelente de aceite, auga e outros disolventes. Desde 1956 desenvolveu, con Samuel Smith, o repelente para tecidos de la que se expandiu para o seu uso en roupa, roupa de fogar e alfombras. No ano 1960 rematou a investigacion coa que se crea o produto para eliminar as manchas, incluidas as que foron arranxadas co ferro. O 13 de abril de 1971 aprobouse a patente 3.574.791 para "invencion de copolimeros de bloque e enxerto que contenan grupos polares solubles en auga e grupos fluoroalifaticos". Para este invento 3M ingresou mais de 300 millons de dolares. Sherman rexistrou dezaseis patentes, trece delas con Smith sobre polimeros fluorados e procesos de polimerizacion . [ 1 ] [ 4 ] [ 5 ] [ 6 ] [ 7 ] [ 8 ]

En 1974, foi a primeira muller en ser incorporada a Carlton Society, o Salon da Fama de 3M "polas suas investigacions en enerxia de superficie que levou ao desenvolvemento de Scotchgard, e polas suas investigacions en polimerizacion fluoroquimica e sintese de polimeros". [ 9 ] Quedou con 3M durante varios anos, mellorando e ampliando a lina de produtos Scotchgard. [ 10 ] Despois pasou a ser director de laboratorio e, a mediados dos anos 80, desenvolveu o departamento de educacion tecnica da empresa. [ 1 ]

Retirouse en 1992. [ 2 ] Continuou a sua vida profesional como conferenciante demostrando aos mozos a sua propia e allea experiencia coa invencion, animando aos aspirantes a inventores a pensar de forma creativa e a non descontar o inesperado: "Calquera persoa pode converterse en inventor, sempre que tena unha mente aberta e inquisitiva. e nunca pasar por alto o posible significado dun accidente ou fallo aparente". [ 11 ] En outubro de 2002, xunto con outros oradores notables como Steve Wozniak (o inventor do ordenador Apple ), falou na celebracion do 200 aniversario da Oficina de Patentes e Marcas dos Estados Unidos. Foi unha das trinta e sete inventoras que falou sobre o proceso de invencion. [ 12 ]

Legado [ editar | editar a fonte ]

Como investigadora, rompeu coas normas establecidas ao incorporarse ao mundo laboral, sendo unha das poucas mulleres quimicas en facelo. Foi promotora e defensora da participacion da muller na ciencia. [ 1 ] [ 4 ] [ 13 ]

Durante o desenvolvemento do produto Scotchgard na decada de 1950, viuse obrigada a esperar os resultados fora da fabrica textil durante as probas debido a normativa que enton prohibia a entrada das mulleres a fabrica. [ 10 ] [ 13 ]

Nas suas palabras: "As nenas deben seguir os seus sonos". "Poden facer calquera cousa que calquera outro poida facer. Hoxe tenen moitos mais modelos a seguir, e non menos son as suas nais". [ 1 ]

A investigacion en perfluoroquimicos (PFC), un componente de Scotchgard, continuou despois da sua morte, concretamente o traballo centrouse en buscar solucions no contexto do medio ambiente e da saude. A formula Scotchgard inicial foi modificada para adaptala a estas demandas. [ 1 ]

Premios e reconecementos [ editar | editar a fonte ]

  • 1974: primeira muller incorporada a Carlton Society, 3M Hall of Fame. [ 9 ]
  • 1975: Premio Maior Gustavus entregado aos estudantes do Gustavus Adolphus College, mais distinguidos pola sua carreira profesional e logros. [ 14 ]
  • 1989: Minnesota Inventors Hall of Fame. [ 4 ]
  • 1991: Premio ao Servizo Distinguido Joseph M. Biedenbach da American Society for Engineering Education. [ 15 ]
  • 2001: Membro do National Inventors Hall of Fame. [ 8 ]
  • Membro da American Chemical Society durante cincuenta anos. [ 2 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Patsy Sherman co-invented Scotchgard" . 13 de febreiro de 2008 . Consultado o 16 de marzo de 2019 . Patsy Sherman of Bloomington, a retired 3M chemist who co-invented Scotchgard when she was in her 20s, died Monday in Minneapolis. Sherman, who suffered a stroke in December, was 77. In 1953, Sherman and Samuel Smith focused on an accident in a 3M lab, after an experimental compound dripped on someone's canvas tennis shoes and couldn't be cleaned off  
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Patsy O'Connell Sherman" .  
  3. "Patsy O’Connell Sherman, quimica" . Mujeres con ciencia (en castelan ) . 2016-09-15 . Consultado o 2022-06-25 .  
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Hall, Sharon (29 de setembro de 2014). "Mothers of Invention: Patsy O’Connell Sherman" (en ingles ) . Consultado o 8 de setembro de 2020 .  
  5. "Patsy O. Sherman The National Inventors Hall of Fame" .  
  6. "Espacenet - Bibliographic data" . Consultado o 16 de marzo de 2019 .  
  7. "USPTO Kids" . Arquivado dende o orixinal o 8 de febreiro de 2007 . Consultado o 16 de marzo de 2019 .  
  8. 8,0 8,1 "National Inventors Hall of Fame" . Arquivado dende o orixinal o 6 de xullo de 2007 . Consultado o 16 de marzo de 2019 .  
  9. 9,0 9,1 "3M Carlton Society 3M United States" (en ingles ) .  
  10. 10,0 10,1 "Mothers of Invention of the Month" . JAD Communications International . Consultado o 16 de marzo de 2019 .   [ Ligazon morta ]
  11. Lemelson-MIT Program. "Patsy Sherman" (en ingles ) . Consultado o 8 de setembro de 2020 .  
  12. Callahan, Renee Hopkins (12 de novembro de 2002). "Invention: TheArt of Observation, Curiosity and Serendipity" . Corante. Arquivado dende o orixinal o 8 de xullo de 2011 . Consultado o 16 de marzo de 2019 .  
  13. 13,0 13,1 "Da Vinci Institute" (en ingles ) . Arquivado dende o orixinal o 3 de febreiro de 2007 . Consultado o 16 de marzo de 2018 .  
  14. "Alummni Association Awards" . Arquivado dende o orixinal o 5 de setembro de 2006 . Consultado o 16 de marzo de 2019 .  
  15. "ASEE.org" . Consultado o 16 de marzo de 2019 .