Partido Social-Revolucionario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partido Social-Revolucionario
Logo
Acronimo PSR
Tipo partido politico
Ideoloxia socialismo agrario, Socialismo democratico e federalismo
Data de fundacion 1900
Data de disolucion 1940
Presidente/a Victor Chernov (pt) Traducir (-) Editar o valor em Wikidata
Sede Moscova
Pais Imperio Ruso
editar datos en Wikidata  ]
Propaganda do Partido Social-Revolucionario.

O Partido Social-Revolucionario (cuxos membros eran denominados SR ou eseres ; en ruso : Партия социалистов-революционеров (ПСР), эсеры ) foi un partido politico activo a primeiros do seculo XX .

O partido fundouse en 1901 baixo o liderado de Viktor Chernov . O seu programa estaba baseado nunha ideoloxia socialdemocrata e conseguiu moitos apoios entre o campesinado que particularmente abrazou a sua proposta de " socializacion da terra", oposta o programa bolxevique de " nacionalizacion da terra" [ Compre referencia ] .

A formacion politica foi afastandose gradualmente da sua orixinal tendencia populista . O producirse a engalaxe economica rusa nos anos 90 do seculo XIX , intentaron xeneralizar as suas reivindicacions sociais desde as suas orixes rurais para atraeren unha agromante clase obreira urbana en rapido crecemento. A intencion era a de ampliar o concepto de pobo para abranguer deste xeito todos os elementos da sociedade que tinan razons para desexar a destrucion do sistema tsarista.

A Revolucion Rusa de Febreiro , en 1917 , elevou os SR a un papel politico relevante, cun dos seus membros, Aleksandr Fedorovich Kerenskii , formando parte do goberno liberal , chegando co tempo a ser o seu presidente.

Tamen constituia unha fraccion do partido a ≪Organizacion de Combate SR≫ (OCSR), un grupo terrorista dirixido por Gregori Gershuni que actuaba independentemente do partido para non desacreditalo. A OCSR foi imprescindible para a obra do partido, sendo responsable do asasinato do ministro de Interior, D. S. Spyagin, e mais tarde de N. M. Bodganovich, gobernador de Ufa . Gershuni foi traizoado polo seu lugartenente Yevno Azef , que resultou ser un axente da Okhranka , e detido e xulgado por terrorismo. Azef converteuse no novo lider da OCSR, ainda continuando como axente dobre de total confianza para a Okhranka [ Compre referencia ] .

O SR continuaria desenvolvendo un papel central en politica boicoteando eleccions, infiltrandose na policia secreta e perpetrando atentados co seu brazo armado.

En 1917, os SR dividironse entre os que apoiaban o goberno provisional , establecido tras a Revolucion de Febreiro, e os que apoiaban os bolxeviques , proclives a unha revolucion comunista . Estes ultimos eran denominados Social-Revolucionarios de esquerda (SR de esquerda) e constituian unha escision de facto da a principal do partido, conecida desde enton como ≪SR de dereita≫.

Os eseres caeron despois de que a Revolucion de Outubro levara os bolxeviques o poder, ainda que nas eleccions a Asemblea Constituinte resultaran ser o partido mais apoiado en todo o pais, obtendo un 40 % do voto fronte o 2 5% dos bolxeviques. Poren, estes disolveron a camara e a partir de enton os social-revolucionarios perderon significancia politica. O partido SR de esquerda formou unha coalicion cos bolxeviques no goberno sovietico, ainda que abandonaron esta posicion tras a sinatura do Tratado de Brest Litovsk . Con todo, uns poucos SR de esquerda, como Mikhail Kalinin , acabaron unindose o Partido Comunista .

O SR e outros grupos antibolxeviques foron prohibidos en 1918 e a maioria de membros do partido derivaron o terrorismo. Unha antiga SR, Fanya Kaplan , tratou de asasinar a Lenin como represalia pola ilegalizacion o 30 de agosto de 1918.

Moitos SR combateron os comunistas unindose o Exercito Branco e o Exercito Verde durante a guerra civil rusa xunto os menxeviques e outras formacions socialistas moderadas. A maior revolta contra os bolxeviques, a Rebelion de Tambov , foi dirixida por un SR, Alexander Stepanovich Antonov .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]