한국   대만   중국   일본 
Partido Comunista de Vietnam - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Partido Comunista de Vietnam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partido Comunista de Vietnam
Mocidades Union de Mozos Comunistas Ho Chi Minh
Historia
Fundacion 3 de febreiro de 1930
Posicions politicas
Ideoloxia Comunismo
Marxismo-leninismo
Pensamento de Ho Chi Minh
Socialismo de mercado
Publicacion Nhan Dan
Na rede
https://dangcongsan.vn

O Partido Comunista de Vietnam e o partido unico de Vietnam . E un partido comunista de tendencia marxista-leninista .

Historia [ editar | editar a fonte ]

O partido foi fundado por Ho Chi Minh e outros exiliados que vivian en China . Adoptouse o nome de Partido Comunista de Vietnam , pero cambiou o seu nome a Partido Comunista Indochines logo da sua conferencia de fundacion que se levou a cabo en Hong Kong en febreiro de 1930 . O primeiro Congreso Nacional do Partido foi levado a cabo en segredo en Macau en 1935 . Ao mesmo tempo, un congreso da Comintern en Moscova adoptou unha politica para formar unha Fronte Popular contra o fascismo e dirixir os movementos comunistas ao redor do mundo a colaborar con este movemento antifascista sen importar a orientacion cara ao socialismo que tenan. Isto requiriu ao Partido Comunista Indochines aglutinar todos os partidos nacionalistas na Indochina como potenciais aliados.

Este Partido foi formalmente disolto en 1945 para agochar a sua afiliacion comunista e as suas actividades levaronse a cabo no Viet Minh , que foi fundado catro anos antes como unha fronte comun de liberacion nacional. O partido foi refundado como o Partido dos Traballadores de Vietnam no Segundo Congreso Nacional do Partido en Tuyen Quang en 1951 . O congreso levouse a cabo en territorio norvietnamita contralado polo Viet Minh durante a Primeira Guerra da Indochina . O Terceiro Congreso Nacional levouse a cabo en Hanoi en 1960 e formalizou as tarefas de implantar o socialismo no que era Vietnam do Norte e encomendouse ao partido para que leve a cabo a union co sur. No Cuarto Congreso Nacional de 1976 , levado a cabo trala vitoria do norte na Guerra de Vietnam , o nome do partido foi cambiado a Partido Comunista de Vietnam.

Organizacion [ editar | editar a fonte ]

O PCV e de orientacion marxista-leninista. En 1976 , como resultado da unificacion de Vietnam do Norte e Vietnam do Sur , o Comite Central foi expandido de 77 a 133 membros e o Politburo creceu de once a dezasete membros, mentres que o Secretariado incrementouse de sete a nove membros.

A membresia no Partido duplicouse de 760.000 en 1966 a 1.553.500 en 1976 , representando o 3.1% da poboacion total do pais e en 1986 estaba xa preto dos dous millons.

No Sexto Congreso Nacional, levado a cabo en 1986 , Nguyen Van Linh foi nomeado secretario xeral mentres que un Politburo de catorce membros foi elixido e o Comite Central se expandiu a 173 membros.

No Noveno Congreso Nacional de 2001 , Nong Duc Manh foi nomeado o novo secretario xeral.

O actual Politburo consta de 15 membros e foi elixido en abril do 2001 . Este organismo determina a politica de goberno e o seu Secretariado de nove persoas, supervisa a politica de dia a dia. En adicion, a Comision Militar Central do Partido, que esta composta por membros selectos do Politburo e lideres militares, determinan a politica militar vietnamita.

Un Congreso Partidario, reuniu 1.168 delegados elixidos no Noveno Congreso Partidario en abril de 2001 , reunese cada 5 anos para fixar a direccion o Partido e do goberno. O Comite Central de 150 membros, que e elixido polo congreso do Partido usualmente, reunese duas veces ao ano. O Politburo reunese mais frecuentemente e o Secretariado e o responsable das actividades diarias baixo a direccion do Secretario Xeral.

Ideoloxia [ editar | editar a fonte ]

Malia que formalmente e un partido marxista-leninista, o Partido Comunista de Vietnam realizou importantes reformas na economia e permitiu o crecemento do sector privado. Pese a sua politica de apertura economica, o partido segue conservando o control total sobre poder politico, seguindo, en certa medida, o modelo do Partido Comunista da China .

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]