한국   대만   중국   일본 
Parlamento de Frankfurt - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Parlamento de Frankfurt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Primeira deliberacion

O Parlamento de Frankfurt foi a Asemblea Nacional alema creada durante as revolucions de 1848 , que tratou de unir Alemana nunha maneira democratica. Constaba de 831 deputados.

Os 831 membros do parlamento de Frankfurt reunironse na igrexa de San Pablo , Frankfurt o 18 de maio de 1848 , cando o rei Frederico Guillerme IV de Prusia deu o seu consentimento a primeira constitucion alema .

As deliberacions [ editar | editar a fonte ]

Os dereitos civis [ editar | editar a fonte ]

As sesions empezaron en xullo cando os dereitos civis discutironse. Alcanzouse un acordo acerca dos dereitos civis en outubro, promulgandose en decembro. Estes dereitos civis formarian a base principal de moitas constitucions democraticas nos estados alemans.

As faccions [ editar | editar a fonte ]

Despois da discusion acerca dos dereitos civis, a asemblea fracciounouse. A dereita apareceron os federalistas conservadores , que propugnaban un estado federal con amplos poderes para os monarcas. Cara ao centro politico, estaban os federalistas constitucionais, que favorecian un estado federal cunha monarquia sometida a constitucion. A esquerda estaban os unitaristas moderados, que desexaban un estado centralizado cunha monarquia responsable ante o parlamento. Mais a esquerda, os unitaristas republicanos, partidarios dunha republica centralizada. Por suposto, as diferenzas entre as faccions dificultaron o traballo.

A obstrucion [ editar | editar a fonte ]

Parte do traballo foi obstruido ademais polas rebelions socialistas dos marxistas , a resistencia conservadora de Austria , Prusia e os paises estranxeiros e por unha disputa acerca de Schleswig-Holstein . Despois de dificiles debates, os deputados elixiron a solucion da pequena Alemana (Alemana baixo a direccion de Prusia , sen Austria ).

Schleswig-Holstein [ editar | editar a fonte ]

Os daneses que vivian en Schleswig querian a union destes territorios con Dinamarca , xa que sentian ameazada a sua forma de vida en Alemana. Cando se propuxo adoptar unha constitucion para Dinamarca, tiveron unha oportunidade excelente para expor os seus desexos. Frederico VII de Dinamarca escoitou as suas peticions e forzou a anexion de Schleswig a Dinamarca. Os alemans rebelaronse e Prusia interveu a favor da Confederacion Xermanica . Asinouse un armisticio en agosto de 1848 e o Parlamento de Frankfurt amosou por primeira vez a sua debilidade: carecia de verdadeiro poder para impor as leis e tivo que aceptar o armisticio.

As rebelions [ editar | editar a fonte ]

En setembro houbo unha rebelion en Frankfurt e o parlamento viuse obrigado a chamar tropas doutros estados alemans para a sua proteccion.

As deliberacions para unha Constitucion [ editar | editar a fonte ]

En outubro de 1848 comezaron as deliberacions para unha constitucion. Os resultados presentaronse en abril de 1849 . A constitucion significou unha sintese da tradicion (o imperio, a monarquia, o estado federal) e o progreso (o dereito ao voto universal, asemblea electa).

O fracaso [ editar | editar a fonte ]

Despois de completar a constitucion, os deputados ofreceron a coroa de Alemana a Frederico Guillerme. El negou unha coroa da canle e provocou que os deputados prusianos e austriacos abandonasen o parlamento, que estaba condenado a ser disolto.

Conclusion [ editar | editar a fonte ]

O Parlamento de Frankfurt foi a primeira tentativa de crear unha Alemana unificada. Deuse o espazo para funcionar, pero o parlamento era feble, xa que non tivo poder legal (que estaba nas mans da Confederacion Xermanica). As revolucions nas cales o parlamento tina a sua base, foron esmagadas. A negativa de Federico Guillerme a coroa de Alemana deu a Prusia e a Austria unha escusa para retirar aos seus deputados, anulando asi a derradeira ameaza revolucionaria. Os grandes ganadores foron os conservadores.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]